Tag Archives: Poesía

poesia para Ver / poesia para Ler, de Igor Lugris

Mongólia, de Igor LugrisO poeta Igor Lugris vén de crear unha galeria en Flickr coas súas imaxes da exposición "poesia para Ver / poesia para Ler". Toda a galería pode verse aquí.

Chuzame! chúzame -
Posted in Alfredo Ferreiro, Ilustración, Poetas | Tagged | Leave a comment

Xa descansa en papel o paseado poemario de Eduardo Estévez

Construcións, de Eduardo EstévezE, finalmente, Eduardo púxolle o ramo ás súas Construcións.

Chuzame! chúzame -
Posted in Alfredo Ferreiro, Poetas | Tagged | Leave a comment

Mais um prémio de poesia para Amadeu Baptista

Amadeu Baptista

O nosso querido amigo Amadeu Baptista, que vinha e de lançar em setembro três novos livros (O Bosque Cintilante, Sobre as Imagens e Poemas de Caravaggio), e que recentemente fora galardoado com o Prémio Literário Edmundo Bettencourt - Cidade do Funchal, pelo original Os Selos da Lituânia e o Prémio Espiral Maior (Galiza/Espanha), pelo original Açougue, venceu agora o Prémio Literário Oliva Guerra– Sintra 2008 com Doze Cantos do Mundo. A distinção mereceu a unanimidade do júri, que analisou 83 originais concorrentes. O júri integrou os escritores Liberto Cruz, em representação da Associação Portuguesa de Críticos Literários, José Correia Tavares, em representação da Associação Portuguesa de Escritores e Ricardo António Alves, em representação da Câmara Municipal de Sintra.
O Prémio Literário Oliva Guerra é anualmente patrocinado pela Câmara Municipal de Sintra e consiste, além da publicação em livro da obra vencedora, no montante de 5.000 euros. A entrega do prémio ocorrerá em data a anunciar pela autarquia de Sintra.

PAINEL PARA ROSALÍA DE CASTRO

É um frio tremendo.
A água gela nas torneiras, a solidão
cresce com uma unha, uma sombra
atrai todas as camisas de silêncio, arde, é uma noite
encerrando os perigos da perdição, os ferros agudíssimos
do silêncio.

É um frio tremendo.
Perde-se o caminho de casa, a luz extingue-se,
pergunta-se pelo sangue e o sangue não responde, o sangue
perde-se aos borbotões na vida, não há caminho, não há
regresso, a sereia canta
no denso nevoeiro, mas não há esperança, a tempestade
é o único lugar, o único lençol, a voz velocíssima
entregando-nos sem rendição, entregando-nos.

Como uma agulha fecha-nos os lábios, ata-nos
as mãos, como uma agulha de silêncio, feroz, terrível,
cose-nos
contra as paredes e os olhos saltam, saltam, é um frio tremendo
onde tudo arde,
arde antiquíssimo, flecha no coração, solidão
descendo o braço, descendo devagar, espraiando-se
na terrível superfície do silêncio.

Amadeu Baptista

De Rosalírica - Homenaxe de 27 Poetas Portugueses a Rosalía de Castro (1985)

Chuzame! chúzame -
Posted in Alfredo Ferreiro, Poetas | Tagged | 1 Comment

“Sentes a mutação do corpo…”, um poema de Ramiro Torres

Ao Pedro Casteleiro, no início da Vida.

Sentes a mutação do corpo
Em estrela munidora, anterior
Ao nome que te cai por fora,
Incapaz de conter a irrupção
Do teu habitar na realidade
Desbordada, acostumando
Ainda os olhos ao que deixam
De não ver. Aqui, longe.

Ramiro Torres (outubro de 2008)

Chuzame! chúzame -
Posted in Creación, Poetas, Ramiro Torres | Also tagged | Leave a comment

III Encontro de novos escritores AELG (3/5)

Chuzame! chúzame -
Posted in Alfredo Ferreiro, Coloquios, Narrativa, Poetas, Sistema literario, Vídeos | Also tagged , | Leave a comment

III Encontro de novos escritores AELG (2/5)

Chuzame! chúzame -
Posted in Alfredo Ferreiro, Coloquios, Narrativa, Poetas, Sistema literario, Vídeos | Also tagged , , | Leave a comment

III Encontro de novos escritores AELG (1/5)

O III Encontro de novos escritores da AELG, co epígrafe "Entre dous séculos", comezou no Pazo de Mariñán coa mesa "Cartografías literarias do novo século", coordinada por Mª Xesús Nogueira. Sobre o dito por Oriana Méndez, Mario Regueira e Rubén Ruibal tomamos nota do seguinte:
- Oriana Méndez: "Estou cansa da idea do compromiso do escritor novo, pois non só os novos se comprometen". Máis que xeracións ve inevitábel a formación de "redes de posicionamento común" ante as mesmas circunstancias históricas. Fundamentalmente o que existe como elemento aglutinador é un posicionamento político. "Desde unha parte da crítica valóranse moito as obras formalmente arriscadas".
- Mario Regueira: "Estamos afectados pola crítica excelente". Critica o excesivo interese en etiquetar: moitas veces a etiqueta nace antes de que haxa tempo real e prudente para valorar as obras literarias. "Creo que as cousas verdadeiramente interesantes que se levan facendo neste país non as fixeron as chamadas xeracións literarias, senón grupos de persoas que decidiron intervir no sistema en momentos concretos, con independencia da súa idade, o seu estilo literario e tamén da norma ortográfica do galego que escolleron. Dalgunha forma isto representa un ponto intermedio entre o individualismo literario e o compromiso común, un ponto que non sempre está no mesmo lugar, senón que flúe e procura o seu espazo a cada momento". Advoga pola independencia e máis pola responsabilidade ante a mala situación do sistema. "Temos moito en común con outras literaturas subalternas", porque a nosa non pode desenvolverse con liberdade. "Estou canso da idea do compromiso do escritor". Intervén Francisco Castro: Non cre que teñamos unha literatura subalterna senón que posuímos un sistema literario subalterno. "Temos un problema co país": a xente non ten interese en ler en galego, e non importa que calidade se lle ofreza.
- Rubén Ruibal: Non observa xeracións literarias difiníbeis. Ao tempo, si experiencias comúns, no caso dos seus coetáneos: a escola dos 70, a droga, o paro... Afirma que no teatro moitos críticos non se atreven a facer críticas negativas. E Paco Souto intervén: "A crítica non ten a trascendencia que debería a nivel social. Eu deixei de facer crítica de teatro por enfrontamentos coa xente do teatro."

Alfredo Ferreiro / Tati Mancebo

Chuzame! chúzame -
Posted in Alfredo Ferreiro, Coloquios, Narrativa, Poetas, Sistema literario, Tati Mancebo, Teatro, Vídeos | Also tagged , , | 1 Comment

Comunicado de Eduardo Estévez sobre o Premio González Garcés

O día de hoxe veño a ser informado de que a Deputación Provincial da Coruña decidiu aceptar unha impugnación recibida hai uns meses e que solicitaba que se descalificase o meu libro construcións e se lle retirase o premio de poesía Miguel González Garcés que lle fora concedido.
O argumento da impugnación, presentada polo señor Xabier Lama, é que o libro incumpría as bases da convocatoria por estar previamente publicado no blog “en construcion”.
Como expliquei no seu momento perante a propia Deputación que mo solicitou, esta impugnación carece de toda base legal segundo os seguintes argumentos:

1. O premio, tal e como está descrito nas súas bases e é de público coñecemento, premia unha “obra”. Quer dicir, considera unha “obra” a totalidade do material presentado baixo un título e lema. A “obra” presentada a concurso é rigorosamente inédita.

2. Existe, efectivamente, un blog, titulado “en construción”. e co seguinte subtítulo: “bitácora da construción dun libro de poemas”. A existencia deste blog era pública antes da convocatoria do premio e, como pode comprobarse, non a ocultei en ningún momento. En todo caso, o que se publicou neste blog é unha descrición do proceso de produción da obra. Non é un libro, senón unha bitácora, un diario. Acompañando esta bitácora é posíbel consultar borradores de algúns dos textos que compoñen a obra pero non todos os textos nin as súas versións finais. O poeta e investigador Miro Villar explica claramente, nun informe técnico que emitiu nesta oportunidade, que “é axioma ou principio filolóxico fundamental que as versións anteriores á edición definitiva ou testamentaria por parte do autor teñen a consideración de material de traballo para a crítica textual, mais en ningún caso se chegan a considerar como textos definitivos do autor”. O concepto de “obra”, por tanto, distínguese claramente do seu proceso de produción e nas bases do premio non se indica que o proceso de produción da obra deba ser inédito.

3. Como se pode ver no mesmo blog, a publicación do proceso de produción abandonouse o 1 de maio de 2006. Un mes despois (o 13 de xuño) déixase constancia dun período de reflexión sobre os textos e, posteriormente (o 25 de agosto), infórmase de que a obra sufríu moitas correccións. Dende aquela, como resulta habitual habida conta do tempo transcorrido até a convocatoria do premio, aínda houbo outros procesos de revisión profunda do libro nos que se descartaron poemas e se incluíron outros, ademais de modificarse seriamente a totalidade dos textos. Ningunha destas modificacións (nin a descrición das mesmas nin os textos) foron difundidas no blog ou na miña páxina persoal.

4. Na mesma cláusula SEGUNDA das bases do Premio dise que a Deputación “publicará” a obra premiada. Non se explicita (aínda que queda amplamente sobreentendido) que se trata dunha publicación en papel. Pódese sobreentender, por tanto, que a expresión “inédito” na cláusula primeira se refire tamén a este modo habitual de publicación.

5. Por outra banda, o mesmo informe técnico antes mencionado determina sen que caiba lugar a dúbidas que, “só recibe consideración de obra édita aquela que posúe o seu correspondente rexistro, quer no ISBN quer no Rexistro da Propiedade Intelectual, e calquera outra obra sen o devandito trámite sempre adoita considerarse como inédita”.

6. Existen hoxe en día diversos métodos de edición de libros dixitais. Como se explica na Wikipedia  http://es.wikipedia.org/wiki/Libro-e#For...), os formatos comunmente utilizados para este soporte son DOC, PDF y LIT. Nin o blog nin os textos incluídos na páxina web utilizan calquera destes métodos. En todo caso, pódese consultar os arquivos do ISBN para ter constancia de que non existe rexistro da edición de ningunha obra ao meu nome en formato papel ou dixital que poida significar un incumprimento das bases do premio. Outro informe técnico, neste caso do poeta e editor Fran Alonso, explicita: “En ningún caso pode entenderse o blog «En construción» como un libro dixital. En primeiro lugar, un blog non responde ao que desde o punto de vista profesional os editores entendemos por «edición dixital» (formatos de texto dixitalizado, sometido a un proceso de edición e preparado para a súa descarga nun ordenador, pda, teléfono móbil ou libro dixital, como adoitan ser os pdf ou os .doc). Por outra banda, as propias normas de estilo da ortografía técnica na edición indican que se debe empregar a cursiva para os títulos de obras literarias (tanto en formato papel como en formato dixital) pero que se deben empregar a redonda para os nomes dos blogs.”

7. En calquera caso, e tal como deixa entrever Fran Alonso no seu argumento, o concepto “edición” inclúe unha serie de procesos adicionais (e necesariamente posteriores) á escrita do libro que, como resulta obvio, non puideron ter lugar neste caso, xa que a escrita dos textos do libro non estaba rematada no momento en que se interrumpiu a difusión da bitácora.

8. Canto á alegación presentada á cláusula TERCEIRA das bases (que dice, literalmente: “As obras presentaranse baixo un título e un lema, achegados de plica na que conste o título e o lema no seu exterior e contendo no interior o nome e apelidos do autor, o seu enderezo, nacionalidade e número de teléfono”), a Deputación pode dar fe de que o libro foi presentado baixo plica, cun título e un lema, polo que non se entende a que violación desta cláusula se refire a alegación.

9. Con todo, atendendo ao espírito desta cláusula que procura o anonimato dos textos para non viciar a resolución do premio, o xurado está no seu dereito (aínda que non o respalde unha lectura estrita das bases) de, antes de emitir o fallo, desbotar un libro porque pode recoñecer a súa autoría por haberse difundido algún dos textos que o compoñen en publicacións colectivas ou mesmo en recitais poéticos. Porén, unha vez que o xurado falla de boa fe e en exercicio da súa indiscutíbel profesionalidade, non parece pertinente que este mesmo dereito de veto se lle conceda a calquera persoa por que tivese coñecemento previo da obra.

10. Máis alá doutras consideracións, tanto o acto de presentar o libro ao premio canto a actuación do xurado desenvolvéronse baixo o principio de boa fe que rexe, segundo a lexislación vixente, todos os contratos de palabra (como o é o caso de presentar un libro a un premio literario). Como se explicita no artigo 1.288 do Código Civil: “A interpretación das cláusulas oscuras dun contrato non deberán favorecer á parte que tivese ocasionado esa oscuridade”.

11. En todo caso, a actuación do señor Xavier Lama só pretende obter nos despachos o que en boa lide literaria non lle fora concedido.

Teño na miña man presentar recurso contencioso administrativo contra a resolución da Deputación pero non o farei. Acepto esta nova decisión do xurado tal e como a aceptei da primeira vez e non pretendo obter nos despachos aquilo do que de boa fe o xurado e a Deputación agora me privan.
A importancia dun premio radica en que un xurado considere que o traballo de un merece ser premiado, o que xa ocorreu co meu construcións. Quédome con iso.

Eduardo Estévez
A Coruña, 23 de setembro de 2008.

Chuzame! chúzame -
Posted in Poetas, Premios literarios | Also tagged | 4 Comments