Avatar, outro guion esquecido?

Segundo o noso antropólogo accidental, o filme máis agardado do Nadal é unha mostra máis de deseño gráfico sen profundidade de pensamento. Con moitas emocións, no entanto das máis básicas: a supervivencia en tempos de guerra. Outro exemplo narrativo dunha época baseada na tecnoloxía e no esquecemento das humanidades. Pensar para que? É [...]

Lois Balado escribe sobre a Blogaliza

«Blogaliza.org é dende o seu nacemento no ano 2003 o enderezo web de referencia para os “blogueiros” galegos. A iniciativa naceu da man de Pedro Silva coa intención de aglutinar nun mesmo enderezo virtual todos os blogues da Rede escritos en galego. Eran aínda os primeiros síntomas da explosión da web 2.0 a [...]

Nova unidade de medida: 1 quintana=25.000 persoas

Propoño unha nova unidade de medida para o cómputo da xente nas manifas: 1 quintana=25.000 persoas . Fomos 2 quintanas de xente no Día das Letras en Compostela.

E se chove, colorimos a Quintana…

[...]

A Coruña Son 09, parabéns!

Compositores, cantantes, músicos, presentadora, técnicos de son, dirección artística, dirección técnica… Parabéns!

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/7pJjbHch1Dg" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Pedro Silva: grazas

O levantador nunca tiña atopado tantas minas até que se instalou no teu ecosistema. Se fosen outros tempos, falaría do teu espírito vangardista. Hoxe teño que soportar a frialdade do adxectivo “tecnolóxico”. De calquera modo, representas para min un deses exemplos de galegos que conviven positivamente con todo o que socialmente aínda non puidemos limpar [...]