Tag Archives: Narrativa

Xosé Luís Martínez Pereiro recibiu o Premio Repsol

Xosé Lu�s Mart�nez Pereiro a recibir o Premio Repsol
Onte acudín á entrega a Xosé Luís Martínez Pereiro do III Premio de narrativa breve Repsol por A verdade como mal menor. Ás 7:15 xa estaba eu na Praza do libro, onde puiden aínda pasarme pola libraría Couceiro e apañar o último libro de Manuel Forcadela antes de sentarme a conversar no italiano próximo con Heidi Kühn-Bode, esa poetisa galega de cabeleira xermánica , ollar  creativo e sorriso universal. Chegada a hora fomos recoller a Maite, unha súa agradábel amiga, e os tres entramos no Palacio da Ópera, onde me atopei, como calculaba, co Xavier Alcalá. Representaban esta noite unha obra que ben se podería chamar —antes que "entrega de premio"— algo así como "Príapo laureado", e nada puido ser máis divertido do que isto! O Palacio da Ópera rezumaba rigor e compostura, a seriedade era por toda a parte, e un batallón de azafatos e azafatas movían mesas e repoñían atrís coa axilidade dos recursos humanos de Roland Garros en pista. Todos nós serios e traxados, perfumadas e entrapadas movíamonos polos corredores e asentos co ton de voz e o xesto de quen sabe presenciará unha función de calidade. E a verdade é que non me defraudou.
Adubados polas palabras dunha presentadora que falaba galego coa prosodia do esperanto, interviu en primeiro D. Ángel Crespo, director da refinaría, coa lectura dun texto en galego que excedía moito as súas competencias lingüísticas aínda que respondía á súa mellor intención; despois o editor D. Victor Freixanes que, como cabía esperar en quen o coñece, ergueulle a omoplata ao evento, mesmo provocando risos e abertas simpatías; a continuación falou Dna. María Sol López, secretaria xeral de política lingüística, quen se manifestou moi satisfeita porque viña de defender en Madrid un evento de máxima proxección cultural galega en que ela mesma e outro galego se manifestaron en castelán encanto o seu homólogo madrileno dedicira facelo en galego. Sen dúbida unha conquista. Todos, iso si, moi sastifeitos polo universal interese de Repsol en preservar a riqueza cultural alí onde fai negocio.
Pois ben, neste contexto palacego e solemne, ao calor das altas finanzas petrolíferas (as que gobernan sobre todas os designios planetarios), Xosé Luís Martínez Pereiro saíu humildemente para recoller un premio por unha obra que presentaron como desenfadada mais que na realidade nos fai gozar cun insospeitado espírito irreverente, escatolóxico, anticlerical, sodomita e, agora sospeito, capaz da cropofaxia ou a zoofilia.

Chuzame! chúzame -
Posted in Alfredo Ferreiro | Tagged | 16 Comments

Parabéns para Agustín Fernández Paz!

Vimos de celebrar a noticia que o amigo Martin Pawley nos comunica, e que xa consta en nota de prensa do Ministerio de Cultura: "Agustín Fernández Paz, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil - La obra galardonada es O único que queda é o amor".

Referenciamos aquí os posts dedicados a este autor e á obra galardoada n' O levantador de minas:Agustín Fernández Paz: entrevista e avance editorial; I Xornadas Virtuais de Literatura da AELG; O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz; Presentación d’ O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz.

E lembramos o vaticinio que a visionaria Tati Mancebo formulou sobre este libro: "Augurámoslle un grandísimo éxito a este libro, tanto de crítica como de vendas, o que significa, que haberá moitas, moitas persoas que gostarán das historias, que se sentirán identificadas, que compartirán sentimentos sen se coñeceren porque ao final, “na vida o único que queda é o amor”.

Os vídeos que realizamos na altura para este blogue foron os seguintes:

Lectura polo autor de Amor de agosto, do libro O único que queda é o amor:

Entrevista realizada por Tati Mancebo:

Entrevista realizada por Óscar Sánchez, con presentación por Laura González Garcés (directora da Biblioteca Nodal d' A Coruña Miguel González Garcés) e Manuel Bragado (director de Edicións Xerais):

Recomendamos tamén a visualización dos vídeo-relatorios ofrecidos nas I Xornadas Virtuais de Literatura, organizadas pola AELG: Agustín Fernández Paz fala sobre os xérmolos das súas novelas; Ramón Nicolás fala sobre a obra de Agustín Fernández Paz.

Chuzame! chúzame -
Posted in Por defecto | Tagged | 2 Comments

J. M. G. Le Clézio (1/3) : «L’écriture à la recherche de l’écriture»

"Il faut parler, avec sa bouche, avec ses mains, ses pieds et son ventre, pour devenir libres. Si on parle seulement avec les mots, on n'est pas libres.(...)

Parler : mais de l'autre côté du langage aussi, du côté de ceux qui le fabriquent. Chaque mot devra être retourné comme un gant, et vidé de sa substance.(...)On vous a donné les mots pour obéir, les mots pour asservir, les mots pour écrire des poèmes et des philosophies d'esclave. Il est temps d'armer les mots. Armez-les et lancez-les contre les murs. Peut-être qu'ils pourront aller jusque de l'autre côté. »

(Les Géants, Gallimard, 1973).

J. M. G. Le Clézio

Como talvez outros lectores da miña xeración, o meu primeiro encontro coa escrita de J. M. G. Le Clézio (Niza, 1940) remonta á miña adolescencia, concretamente por un prefacio seu nunha edición de Les Chants de Maldoror de Lautréamont (Poésie/Gallimard, editado en 1973, se ben o estudo data de 1967). Le Clézio escribe: "Esta obra é única. Non hai nada comparábel na literatura. As semellanzas habería que buscalas moi lonxe, no caos da literatura oral (...). Na salmodia, no insulto, ou na oración." E de seguido cita o fragmento dun canto Yoruba invocando o porco bravo. "O símbolo do grito conta a linguaxe-cárcere" insiste Le Clézio. Ainda está por vir un texto sobre Antonin Arthaud, pero ronda xa cerca. Xuntar, na mesma frase dun estudo crítico, salmo, insulto, e oración; acudir a mitoloxías ou tradicións orais extraeuropeas: aquí está o esbozo dunha obra inesperada. Máis adiante Le Clézio continúa nestes termos: "A historia da literatura debería ser a da vida humana. Os Chants de Maldoror serían, xa que logo, o primeiro texto, a cicatriz visíbel dese paso do universo mudo ao universo dotado da palabra."

Chuzame! chúzame -
Posted in Crítica, François Davó, Narrativa, Premios literarios | Tagged | 5 Comments

III Encontro de novos escritores AELG (4/5)

Chuzame! chúzame -
Posted in Alfredo Ferreiro, Coloquios, Narrativa, Poetas, Sistema literario, Vídeos | Also tagged , | Leave a comment

III Encontro de novos escritores AELG (3/5)

Chuzame! chúzame -
Posted in Alfredo Ferreiro, Coloquios, Narrativa, Poetas, Sistema literario, Vídeos | Also tagged , | Leave a comment

III Encontro de novos escritores AELG (2/5)

Chuzame! chúzame -
Posted in Alfredo Ferreiro, Coloquios, Narrativa, Poetas, Sistema literario, Vídeos | Also tagged , , | Leave a comment

III Encontro de novos escritores AELG (1/5)

O III Encontro de novos escritores da AELG, co epígrafe "Entre dous séculos", comezou no Pazo de Mariñán coa mesa "Cartografías literarias do novo século", coordinada por Mª Xesús Nogueira. Sobre o dito por Oriana Méndez, Mario Regueira e Rubén Ruibal tomamos nota do seguinte:
- Oriana Méndez: "Estou cansa da idea do compromiso do escritor novo, pois non só os novos se comprometen". Máis que xeracións ve inevitábel a formación de "redes de posicionamento común" ante as mesmas circunstancias históricas. Fundamentalmente o que existe como elemento aglutinador é un posicionamento político. "Desde unha parte da crítica valóranse moito as obras formalmente arriscadas".
- Mario Regueira: "Estamos afectados pola crítica excelente". Critica o excesivo interese en etiquetar: moitas veces a etiqueta nace antes de que haxa tempo real e prudente para valorar as obras literarias. "Creo que as cousas verdadeiramente interesantes que se levan facendo neste país non as fixeron as chamadas xeracións literarias, senón grupos de persoas que decidiron intervir no sistema en momentos concretos, con independencia da súa idade, o seu estilo literario e tamén da norma ortográfica do galego que escolleron. Dalgunha forma isto representa un ponto intermedio entre o individualismo literario e o compromiso común, un ponto que non sempre está no mesmo lugar, senón que flúe e procura o seu espazo a cada momento". Advoga pola independencia e máis pola responsabilidade ante a mala situación do sistema. "Temos moito en común con outras literaturas subalternas", porque a nosa non pode desenvolverse con liberdade. "Estou canso da idea do compromiso do escritor". Intervén Francisco Castro: Non cre que teñamos unha literatura subalterna senón que posuímos un sistema literario subalterno. "Temos un problema co país": a xente non ten interese en ler en galego, e non importa que calidade se lle ofreza.
- Rubén Ruibal: Non observa xeracións literarias difiníbeis. Ao tempo, si experiencias comúns, no caso dos seus coetáneos: a escola dos 70, a droga, o paro... Afirma que no teatro moitos críticos non se atreven a facer críticas negativas. E Paco Souto intervén: "A crítica non ten a trascendencia que debería a nivel social. Eu deixei de facer crítica de teatro por enfrontamentos coa xente do teatro."

Alfredo Ferreiro / Tati Mancebo

Chuzame! chúzame -
Posted in Alfredo Ferreiro, Coloquios, Narrativa, Poetas, Sistema literario, Tati Mancebo, Teatro, Vídeos | Also tagged , , | 1 Comment

Parabéns para Marcos Calveiro!

Acabamos de saber por Martin Pawley que Marcos Sánchez Calveiro (Vilagarcía de Arousa, 1968) venceu a edición XXIV do Premio O Barco de Vapor, dotado con 10.000€, coa novela O canto dos peixes. Trátase dun premio convocado pola Fundación SM desde 1984, que procura favorecer a creación da literatura infantil e xuvenil en galego.

Parece que o anunciado despegue como autor non se reduce xa ás espectativas creadas pola súa obra, senón que xa paira con autoridade polos ceus literarios. Por todo isto, Marcos, parabéns!

Chuzame! chúzame -
Posted in Alfredo Ferreiro, Narrativa, Premios literarios | Also tagged | 9 Comments