Tag Archives: Música

Presentación do libro A Coruña á luz das letras II

A presentación do libro A Coruña á luz das letras ofreceunos tamén unha actuación musical memorábel. Trátase do dúo composto por Moncho do Orzán (Ramón Rodríguez) ao acordeón e Ricardo Morente ao violino. Non podemos menos que recoñecer o pracer que nos supuxo escoitalos publicando aquí o maravilloso Pasodobre da Fraga, unha peza que nos transportou á vez por territorios do tradicional e do moderno. Unha alfaia que fai danzar as pedras, como comprobarán.

Chuzame! chúzame -
Posted in Alfredo Ferreiro, Música, Vídeos | Tagged | 2 Comments

Presentación do libro A Coruña á luz das letras

O pasado martes 26 de agosto de 2008 asistimos á presentación do libro colectivo A Coruña á luz das letras (Trifolium), patrocinado pola Concellaría da Coruña con motivo do DCCC aniversario da cidade herculina. O libro, que apresenta o mesmo deseño da Torre de Hércules que ilustrou un meu caderno de 1997, contén as colaboracións literarias de máis de sesenta socios escritores. O acto foi non só emotivo, senón asombrosamente dotado de mesura e equilibrio.

Chuzame! chúzame -

Posted in Alfredo Ferreiro, Creación, Música, Vídeos | Also tagged | Leave a comment