Tag Archives: Lusofonía

Lusofonía XVII

Na actual moda de facerlle propostas de homenaxe para o Día das Letras a unha RAG que se contradí internamente ao tempo que perpetra valoracións xurídico-lingüísticas, en Ferrol reclaman a consideración maior para o defunto Carvalho Calero. Señores e señoras, canto nos falta para a asumir a obra teórica e literaria de don Ricardo se aínda estamos a discutir se ao noso país hai que "afalarlle" en galego ou en castelán?

Chuzame! chúzame -
Posted in Alfredo Ferreiro, Breves, Lusofonía | Tagged | 5 Comments

Galeguia. Encontro con Cabo Verde

No dia 19 presentámonos coa cámara ás costas na primeira edición do Galeguía, xornadas que neste ano foron dedicadas a unha sentida fraternidade coa cultura de Cabo Verde. O evento, con responsabilidade da Fundación Via Galego, o venres ofreceu n' A Coruña unha mesa redonda sobre literatura e lusofonía e un recital de poemas caboverdianos e galegos, con presenza de Felisa Rodrigues (profesora de literaturas africanas en lingua portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela), Xavier Alcalá (escritor), Carlos Quiroga (escritor), Germano Almeida (escritor cabo-verdiano) e José Vicente Lopes (escritor e xornalista cabo-verdiano); no recital participaron Yolanda Castaño, María Lado, Lucía Aldao, Enma Couceiro e Xavier Vásquez Freire.

Chuzame! chúzame -
Posted in Alfredo Ferreiro, Lusofonía, Narrativa, Poetas, Sistema literario, Vídeos | Tagged | Leave a comment

A Galiza de Saramago en 1990

saramago_desenho-do-rui.jpeg

Recentes intervencións nos blogues Aspirina B, Coroas de pinho, Opaco e As uvas da solaina así como no PGL a causa dunha entrevista a José Saramago me lembraron unha outra realizada en Compostela en galego e/ou portugués ao escritor por uns xovens universitarios que xa demostraban perspicacia e talento infrecuentes. Era 1990 e viña á luz na Folhas de Cibrão. Revista Universitária de Investigação Científica, I, 2, con responsabilidade de Antom Fernández Malde e Pedro Casteleiro.

Rescatamos aquí un excerto sobre algunhas das cuestións tratadas nestes días:

«[...] Tem você algum contacto com a literatura feita na Galiza?

Não, quer dizer, a literatura feita na Galiza é para nós uma grande desconhecida. Se tiramos os nomes conhecidíssimos —mas mesmo assim com altas e baixas a respeito da divulgação deles—, se tiramos um Castelão, uma Rosalia, um Cunqueiro, um Blanco-Amor e alguns poetas como Manuel-Maria... A regra é o grande desconhecimento. E é um desconhecimento que não sei como é que se pode resolver.

Chuzame! chúzame -
Posted in Alfredo Ferreiro, Historia da literatura, Lusofonía | Tagged | 1 Comment