Posts Tagged libro electronico

O prezo dos ebooks again

Tati Mancebo: «Leo hoxe en varios sitios que o tradutor de Google mellorou moito nos último meses e que suma xa máis de 50 linguas entre as que ofrece tradución automática. Ao mesmo tempo lembro que hai unhas semanas probei por fin o Google Translator Toolkit, que é unha ferramenta para tradutores humanos que permite editar na mesma vista o texto orixinal e a súa tradución, facer anotacións á marxe sobre parágrafos e consultar outras ferramentas de axuda á tradución e que me pareceu francamente útil. Pero esta non era unha anotación sobre o prezo dos ebooks? Efectivamente. Quero facer referencia a un artigo ben interesante que analiza a reflexión saída hai días en The New York Times e que provocou moreas de comentarios desde todos os sectores do negocio do libro.

[Ler máis]

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: ,

Cultura, intermediarios e liberdade

«[...] Paréceme escandaloso ter que pagar por separado as tarifas de internet da casa e do móbil. Paréceme escandaloso que as telefónicas poidan inutilizar servizos concretos como o Skype nos seus terminais. Paréceme todo o anterior e mesmo insensato que Movistar me inclúa á forza un botón para e-mocion, un servizo que eu non contratei e que acabo premendo invluntariamente algúnha vez cada mes, e cada vez que toco o botón sen querer me cargan 1 €. E por que non me rebelo contra iso? Porque non podo, simplemente. Do mesmo modo pareceume unha tomadura de pelo que cando se comezaron a vender cancións por internet, me obrigasen a mercar o disco enteiro, e cando comezaron a venderse soltas as cancións, me quixesen cobrar por cada unha máis que a parte proporcional que lle correspondería en función do número de cancións do disco. Paréceme mal que teña que aboar o importe do DVD feito en fábrica dos filmes que me interesan. Non comprendo que custe o mesmo un ebook que a mesma obra en versión de papel. Non o comprendo e non o acepto.

O problema tamén radica en que hai un modelo de negocio que se esgota, pero que aínda está a dar moitos cartos e os seus propietarios teñen o suficiente poder como para "influír" sobre os gobernos até un punto que lles permita aproveitar mellor o tempo de desconto. Cando esta etapa pase, algúns desaparecerán substituídos por outros novos e outros reconverteranse convenientemente. Ninguén quere ficar fóra de xogo.

E mentres que? Disque Amazon está a perder 2 $ por cada ebook que vende, ante a negativa das editoras de venderlle os dereitos das novidades por menos de 12 $, como fan cos distribuidores de libro físico. Disque é preciso o esforzo de Amazon para conseguir que o ebook baixe de prezo e todos poidan tirar un beneficio a base de vender un número maior de unidades a un prezo máis baixo que o actual. Mais Amazon teno claro, quere estar aí cando as vendas de ebooks superen as do papel, por iso tanto esforzo en crear usuarios e en limitar os prezos.

Que poden facer as editoras galegas? Ante todo cultivar a comunidade lectora, e non estou a falar simplemente de abrir un blogue coas novidades editoriais e exportalas a Facebook. Estou a falar de identificar o público e comunicarse con el. Copiar o mellor das mellores multinacionais adaptando as estratexias á realidade galega e dedicar os recursos suficientes para ir preparando o terreo para o momento en que calquera editora ofreza todos os seus contidos en formato dixital e publique mesmo pensando nese formato, tendo en mente o libro como un concepto máis aberto e rico que o actual.

Como xa teño dito, o público lector galego é militante, por iso, como unha das pezas básicas que manteñen ese milagre que é a literatura galega, debe ser tido en conta e mimado. Co seu interese e a súa fidelidade, pode contribuír poderosamente a difundir a literatura galega fóra das nosas fronteiras políticas e lingüísticas. O galego pode chegar a ser un modelo de referencia para a promoción dun sistema literario pequeno en todo o mundo.

Falemos, negociemos, construamos entre todos un modelo de negocio para a literatura galega. Podemos facelo.» (Ler completo en Tati Mancebo)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags:

VI Simposio «O libro e a lectura»

Pedro Silva: «[...] Os que funcionan como recolectores de novas tecnolóxicas dixeron o que xa sabian todos os que len os mesmos RSS. Os que viñan a vender productos e servizos loubaron as bondades do sistema de protección dos DRM (sexa alugado a un terceiro -Adobe-, como publidisa ou numilog, ou pola ofuscación, como google editions). Ata houbo algún espontaneo que tamén viña a “falar do seu libro”. E das preguntas que puiden facer aqui e acolá, conclusións e afirmacións que amosan as contradiccións dunha perspectiva que non vexo como sustentar: é de entender que os editores queren, precisan, seguridade para trasladar o seu modelo de negocio, a sua cadea de valor, do papel ao dixital. Pero ese non é o camiño. Por esa via só avanzamos na perda de liberdade. [...]»

Manuel Bragado: «[...] As utilidades dixitais da lectura sobre pantallas triunfarán tamén no mundo da comunicación cultural. A razón do seu éxito residirá nas formidables potencialidades atesouradas pola prosa electrónica, que permite por medio dun clic enriquecer o contido dun texto enlazándoo con outros externos (o fenómeno coñecido como “intertextualidade”) ou con imaxes e sons interactúando con el (a chamada “multimodalidade” tan característica da internet 2.0, onde xunto aos textos aparecen fotos, vídeos ou arquivos musicais). Noutras palabras, esta nova forma de ler e escribir sobre pantallas (o que chamamos “literacidade electrónica”) permitirá novas e mellores posibilidades de creación e de acceso ao coñecemento e á información. [...]»

Tati Mancebo: «[...] Eu creo que esa é a única razón pola que a comunidada aínda non deu en dixitalizar o corpus pola súa conta. Somos un país pequeno, coñecémonos todos; os escritores, único elo sen o cal non pode haber literatura, non viven dela. Non sería boa cousa chegar a un acordo entre todos? Por que non adiantármonos por unha vez e procurar un acordo social no ámbito do libro? A tecnoloxía está esta vez da nosa parte, só faltaría dicidir o que queremos e como estariamos dispostos a facelo.»

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags:

Interliteral: Google Books… agora, á medida

Libros libres de dereitos, aproximadamente de 2.000.000 dispón Google actualmente. A máquina anda sobre os 100.000 $, que baixarán en canto se popularice. 4 minutos é o tempo que tarda en imprimir un libro en tinta negra con capa a cores (levarán o logo de Google e un deseño moi simple de portada, aventuro eu, así Google terá publicidade no mundo real cun custo moi reducido). O custo de impresión está nos 3 $, outros 3 $ irán para Google e aconsellan á libraría que non cobren o libro por riba dos 8 $, o que lles deixa 2 $ nun libro de 300 páxinas. Unha soa máquina pode imprimir 60.000 libros ao ano, 120.000 $.

Onte falamos con Luis Collado, director de Google Books España en Interliteral. Preguntoámoslle cando unha editora podería asinar un contrato con Google Books para ofrecer o seu catálogo en liña aos lectores, para ler desde calquera dispositivo conectado á rede, partillar as nosas notas con outros lectores ou socios do clube, etc. A súa resposta foi que non era preciso agardar ningún prazo, que era cuestión de falalo e chegar a un acordo.

Evidentemente non temos unha editora, así que non faremos tratos con Google neste sentido polo menos mais se eu tivese unha editora pensaríao seriamente.

Tamén falamos con Luis Collado sobre Google Books e os libros escritos en galego e sobre a tradución dos Google Gadgets para o galego mais iso vai ficar para unha próxima anotación porque debo prestar atención agora ao relatorio en curso para seguir contándovos o que se coce por aquí.

Google Books... ahora, a medida · ELPAÍS.com

Tati Mancebo (escribindo desde Interliteral, Xaén)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , , , , ,

Interliteral 09: Juan Gutiérrez, “A función social da literatura electrónica”

«É imposíbel desenvolver unha actividade que requira coordinación ollo/man e manter unha conversa coherente ao mesmo tempo, é dicir, videoxogos deste tipo e conversa coherente son incompatíbeis nun mesmo momento. Algo similar ocorreo coa televisión.

Entre 1982 e 2002 caen os niveis de lectura literaria. A taxa máis alta de caída está no grupo máis novo (18-24 28%)

Incremento dun 30% de persoas no mundo nas persoas a faceren escrita creativa.

En 10 anos as grandes editoras deixarán de editar en papel por completo e este sector ficará relegado a pequenas editoras que lle engadan algún tipo de valor. [...]» (Ler máis en Tati Mancebo)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , , , ,

Interliteral 09: Rafael Alcoholado, “Xeración colectiva do coñecemento”

«A xeración de ente 11 e 16 xa está a construír os seus propios contidos a medida porque a oferta existente non os satisfai.

Estamos a presenciar a morte do 80/20 (con ter o 20% dos produtos que a xente procura é suficiente. Non é preciso ter o que demanda a minoría) e o renacer dalonga cola (Chris Anderson pensa que internet posibilita o gran mercado das minorías).

A CNN deu a noticia da morte de Michael Jackson sen confirmala primeiro porque saiu nun blogue e sabía que o consumidor chegaría a ela mesmo sen a tele e antes dela.

O mercado non acapara a rexión dos contidos e cando queira facelo chegará tarde, así que probabelmente o modelo económico non está preparado para esta nova realidade.

A realidade aumentada ou ibicuidade como outra forma de xerar contidos: chegará un momento en que paseando por calquera lugar poderemos ter información doutras persoas cando procuramos algo como un restaurante, e podemos percibir a través dun dispositivo as valoracións doutros clientes, mesmo a de alguén que pase por ese lugar no mesmo momento e con quen poida eu falar directamente. [...]» (ler máis en Tati Mancebo)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , , , ,

Interliteral 09: mesa redonda

«Participan na mesa Laura Borrás, Dolores Romero, Doménico Chiappe e Luis Collado. Modera Fernando Ortega.

Pregunta do público: desaparece o editor dixital? Responde Laura Borrás para falar dos catalizadores de valor, que é parte do traballo dos editores en papel. O labor da edición da literatura dixital, non dos libros dixitalizados, está a desenvolvelo un grupo de revistas que non implica negocio porque internet é o espazo da gratuidade.

Luis Collado renega de tal afirmación berrando "En absoluto!!" [...]» (Ler máis en Tati Mancebo)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , , , ,

Interliteral 09: Luis Collado, Google Books

«Falemos de libros. Esta conversa sería impensábel hai 15 anos.

5.000 exemplares en papel dun libro chegarán a 5.000 lectores. A lectura en internet (que non a literatura dixital) ofrece potencialmente moitos máis lectores para cada libro.

Podemos chegar a prescindir de editores, de impresores, pero nunca de autores nin de lectores. Desaparecerán entón?

Con internet todos actores do proceso editorial están a mudar.

(Agora ou moito me equivoco ou se dispón a defender o modelo de acceso aos libros fronte á descarga de contidos.)

Tanto no mundo real como en internet, procuramos, descubrimos e accedemos a un libro. Para iso Google Books dixitaliza os libros, isto é, colle o libro en papel, transfórmao en formato de imaxes, pásalle un tratamento de OCR, o cal implica indexar todas as palabras que aparecen no libro.

A tecnoloxía nunca debe ser un problema para os autores, nin para os lectores.

(Aproveito para facer unha pregunta e dígolle que preciso saber en canto tempo podo pechar un trato con Google para vender os títulos da miña editora, -se a tiver- a través de Google mediante un serviso de subscrición a todo o fondo que permita a lestura en liña, compartida, anotada etc. E cítame para falar ao remate, que é o que eu quería. Así que non me responde pero espero falar con el doutras cousas.)

Cando falamos de libro temos que pasar a falar só de contido unha vez que temos distintos formatos e soportes. Yesterday de The Beatles é sempre a mesma peza independentemente de onde a escoite.

Di que o que espera Google é aumentar beneficios de publicidade a través da ampliación de prestacións que supón ofrecer resultados sobre temas que inclúen libros completos aos que se pode acceder ou que se poden mercar a golpe dun clic.

Ataca os dispositivos de lectura, que vaticina que pasarán á historia como o comediscos.

O papel non vai desaparecer, (Pero isto quen llo cre? Se desapareceu o comediscos por que non vai desaparecer tamén o papel?) só vai haber outra forma de ler libros, que é ler en internet.

NOTAS E CURIOSIDADES:

Polo momento é o único que fala de pé e cun mando a distancia para pasar as diapositivas. As súas diapositivas están cheas de imaxes familiares e agradábeis, de pinturas por exemplo, para que as usemos para traer á memoria as súas ideas cando tentemos lembrar o que dixo. As diapositivas dos expertos anteriores estaban cheas de ligazóns ás que non podían acceder pola lentitude da rede e que nós non podiamos copiar porque non eran precisamente fáciles e certo que non coñecían os acortadores de urls.

Un asistente interrompe o relator e este responde de modo que o que fai é voltar directamente á súa presentación. Moi hábil. [...]» (Ler máis en Tati Mancebo)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , , , ,

Auto-entrevista [e coloquio] sobre o libro electrónico

1.-Constituirá o libro electrónico unha parte importante do mercado editorial de aquí a dous anos?

Tati Mancebo: Si, aínda que só fose pola tendencia ascendente da súa presenza no mercado, as estratexias en marcha dos grandes grupos editoriais e a crise tan forte que está a experimentar a industria papeleira (a maior papeleira dos Estados Unidos declarábase en quebra hai aproximadamente dez días), parece que en dous anos o panorama editorial pode mudar substancialmente en favor do libro electrónico.

Calidonia: Si, quen pode negalo?

Mario Regueira: Depende do que entendamos como “mercado”. É indubidábel que medrará cada vez máis, o que está por ver se alguén consegue compatibilizalo de forma intelixente cun modo de negocio rendíbel.

Goretoxo: Que remedio. Se como parece que para a campaña deste nadal o trebello de lectura vai ser o gadget de moda, e como parece tamén, o obxecto literario de evasion (chámalle bestseller, ou fantasia histórica) é unha forma de entretemento obviamente máis sinxela, mais traballada e máis aceptada que o videoxogo (quen falou de contornas de inmersión e non pensou nunha novela que te engancha?), todo parece chamar polo 2010, o Ano da Crise que Non Remata, como o ano da lectura…

2.-Triunfarán os lectores de libros electrónicos como dispositívos habituais entre os lectores?

(Ler completo en Tati Mancebo)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: ,

De libro, libérrimo

Tati Mancebo: «Leo a diario sobre o tema e estou certa de que as editoras de contidos culturais en papel teñen os días contados se non mudan o seu modelo de negocio. Xa non é falar do futuro incerto senón da certeza de que dentro de 2 anos ir á libraría coa esperanza de que teñan en stock físico o libro que queremos mercar será imposíbel e que nos parecerá que xa o era hai máis de cinco, e só terán pasado dous, no mellor dos casos [...]» (Ler artigo completo)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , , ,