Posts Tagged libro dixital

“E” de experimento

Tati Mancebo: «Guy LeCharles Gonzalez afirma que 2010 será o ano "e" mais o "e" non é de ebook senón de experimento: experimentos cos contratos, cos dereitos, cos formatos, coa distribución. A experimentación incluirá necesariamente os ebooks mais non estará centrada neles.

Se o libro é efectivamente un obxecto tan perfecto e o negocio, tal e como o coñeciamos até onte, está a atravesas momentos difíciles, a experimentación será o camiño, di este home.

Moi interesante o artigo, a ultima sección titúlase: os grandes experimentos traen os grandes fracasos.»

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , ,

Manifesto dixital dos libreiros franceses

A Asociación Francesa de Libreiros e a recente Asociación de distribuidores de produtos culturais lanzan o manifesto o 13 de xaneiro de 2010 en representación de todos os libreiros coa finalidade de evitar que a distribución de libros siga o mesmo camiño que a de música.

Piden prezo fixo para o ebook, así como que se rebaixe o IVE do 19.6% ao 5.5 e a creación dunha centro común de editoras e librarías durante 2010. Os referentes para este centro deberán ser o estadounidense International Digital Publishing Forum ou o Libreka alemán.

Hai quen di que é demasiado cedo para establecer prezos fixos para os ebooks, pero outros din que, sen prezo fixo, os dous peixes grandes devorarán todos os cativos

Os distribuidores reclaman dixitalización masiva, prezos inferiores ás edicións en papel, sistemas de lectura compatíbeis e paquetes diversificados de produtos para iren por diante das edicións non oficiais. (Tati Mancebo)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags:

O novo proxecto de lei contra a pirataría dixital

«O novo proxecto de lei contra a pirataría dixital, pensada segundo o Goberno para limpar da Rede 100 webs (200 segundo as empresas do audiovisual) que ofrecen contidos audiovisuais sen permiso dos seus propietarios, continúa adiante cos remendos necesarios. Trátase dunha norma con eivas xurídicas evidentes, pois permitiría a unha Comisión da Administración fiscalizar as comunicacións electrónicas dos usuarios e dicir o que é legal e o que non, para logo un xuíz executar a resolución administrativa sen tempo para poder discutir o fondo da cuestión, e chegando moito probabelmente a executar nos termos iniciais da Comisión. Semella unha estrataxema para non obviar a participación xudicial, mais utilizando esta nunha versión tan reducida que pasa case por testimonial.

Hai quen ve nesta proposta a utilización dunha autoridade administrativa, a supracitada Comisión, para a defensa non de intereses xerais senón de dereitos individuais de contido económico (cfr. Paloma Llaneza en El País); hai quen estima que unha regulación que afecta á espionaxe de comunicacións electrónicas ou á clausura dunha web debía facerse polo menos mediante unha lei orgánica (cfr. Víctor Domingo en Xornal de Galicia); hai quen opina que obrigar a Audiencia Nacional que vise en catro días aquilo que ordena unha comisión ministerial é un despropósito, como tamén o é exixirlle este traballo a un tribunal exepcional que se ocupa do terrorismo, o narcotráfico e a corrupción (cfr. Ignacio Escolar en Público). [...]» (Ler máis en blogaliza.org)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags:

“Libros baixo demanda”

Xavier Alcalá: «Decembro. Cinco e media da noite. Neva. Entre flocos brancos aparece un letreiro amable, Filigranes. Ábrese a porta e, tras dela, un mundo cálido de literatura con dereito a cafetería. A xente procura coa vista e o tacto, colle, senta, follea, toma algo, comenta, devolve aos andeis ou leva á caixa e paga. Tamén, se non dá atopado o que procuraba, deixa feito o encargo e pérdese na nevarada coa esperanza do libro que desexa. Hai libros de luxo e de peto: os clásicos, baratísimos (en Filigranes o naturalismo de Émile Zola véndese a 5 euros a peza). O texto en soporte convencional non vai desaparecer: iso é o que pensan dous escritores galegos na capital da Unión Europea. Logo do Nadal (e dos Reis en España) hase saber cantos libros electrónicos se compran; mais no café desde onde ven nevar, os escritores imaxinan algo entre o tomo clásico e o e-book .

-Ao meu editor en castelán ?-informa un dos colegas- o seu distribuidor nos Estados Unidos xa só lle compra os arquivos electrónicos dos textos. Está a montar unha cadea de impresión baixo demanda. [...]»

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: ,

Juan Varela sobre o e-book

Artigo de Juan Varela, autor do blogue Periodistas 21.
Recomendamos tamén:
-ACCESS crea app de lectura de ePubs.
-Google Books e DRM.

(Tati Mancebo)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , , ,

Poñer portas ao campo

«Nos pasados días o Ministerio de Cultura tentou incluír no Anteproxecto da Lei de Economía Sustentábel unha disposición final de última hora, que abrise a porta para que unha comisión independente, designada polo propio Ministerio de Cultura, puidese ordenar o peche de páxinas web sen a autorización dun xuíz. A resposta foi rápida na rede: redacción colaborativa do “Manifesto en defensa dos dereitos fundamentais en Internet”, unha reunión de González Sinde con notábeis da rede, chamados persoalmente polo Ministerio de Cultura, que foi retransmitida a través de Twitter, e onde ningún dos presentes quixo aceptar o soborno de intervir na redacción da disposición unha vez pasado o anteproxecto de lei polo primeiro filtro. A mañá seguinte Zapatero madrugou para prometer que non se pecharía ningunha web mais o proceso continúa.

A continuación da historia vai ter moito a ver coas medidas que tomen os gobernos dos nosos países veciños, en particular os do Reino Unido, Francia e Alemania, onde as industrias están tamén a exercer fortes presións sobre os gobernantes para que adapten as leis ao que consideran novos delictos. Para isto non dubidan en criminalizar a poboación toda, como xa fixeron co canon sobre os aparellos electrónicos, sen se decataren de que -e esta é unha das frases máis repetidas nos medios nas últimas semanas e por algo será- non se poden poñer portas ao campo.

Que por que non vou poder prestar un ebook a alguén, que cos libros de papel nunca se cuestionou a cantos amigos se pode prestar un libro sen ser considerado pirata, que se en realidade non merco un ebook, só merco o dereito a lelo eu pero queren cobrarme a mesma cantidade de diñeiro que por un feixe de follas, cando eu sei que custa moito menos. Pero podemos prestar os libros ou non? Se a resposta é que si, como eu creo, entón vai haber que ir pensando en darlle unhas voltiñas ao negocio porque, por moitas leis que se muden o problema non se vai resolver. [...]» (Ler completo o artigo de Tati Mancebo en Tempos Dixital)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags:

FICOD: obradoiro de autoedición

«Estou en FICOD en Madrid, a feira dos contidos dixitais que alberga a Feira do libro dixital edición cero. O primeiro evento ao que asisto é un obradoiro de autoedición impartido por Marta Bernal de Bubok. Somos arredor de 50 asistentes, dos cales hai 2 que teñen libro publicado en Bubok, servizo de publicación e impresión baixo demanda. Creo que só dous temos o portátil aberto.

A miña impresión cando lles botei unha ollada foi que era moderadamente simple subir e compoñer o libro, que as opcións de impresión eran suficientemente variadas pero o prezo parecérame excesivamente caro, sobre todo para tiraxes moi pequenas.

"O libro máis vendido de Bubok leva 600 exemplares"

Marta comeza destacando a usabilidade do servizo e a variedade de opcións para o produto final.

O perfil de autor pode asociarse a redes sociais. Os libros poden ser votados polos lectores. [...]»

(Ler máis en Tati Mancebo)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , ,

Os lectores nunca pagaron polos contidos

«Así de categórico, Paul Graham estráñase de que os editores estean doídos porque os lectores non pagan actualmente polos contidos, cando eles nunca llos venderon. Se realmente lles vendían contidos, por que o prezo sempre viña marcado polo soporte e non pola súa calidade, de modo que os mellores contidos custasen máis que os maluchos? A única razón de que gañen menos cartos agora é porque a xente precisa menos papel. [...]» (Ler máis en Tati Mancebo)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , ,

Interliteral: Google Books… agora, á medida

Libros libres de dereitos, aproximadamente de 2.000.000 dispón Google actualmente. A máquina anda sobre os 100.000 $, que baixarán en canto se popularice. 4 minutos é o tempo que tarda en imprimir un libro en tinta negra con capa a cores (levarán o logo de Google e un deseño moi simple de portada, aventuro eu, así Google terá publicidade no mundo real cun custo moi reducido). O custo de impresión está nos 3 $, outros 3 $ irán para Google e aconsellan á libraría que non cobren o libro por riba dos 8 $, o que lles deixa 2 $ nun libro de 300 páxinas. Unha soa máquina pode imprimir 60.000 libros ao ano, 120.000 $.

Onte falamos con Luis Collado, director de Google Books España en Interliteral. Preguntoámoslle cando unha editora podería asinar un contrato con Google Books para ofrecer o seu catálogo en liña aos lectores, para ler desde calquera dispositivo conectado á rede, partillar as nosas notas con outros lectores ou socios do clube, etc. A súa resposta foi que non era preciso agardar ningún prazo, que era cuestión de falalo e chegar a un acordo.

Evidentemente non temos unha editora, así que non faremos tratos con Google neste sentido polo menos mais se eu tivese unha editora pensaríao seriamente.

Tamén falamos con Luis Collado sobre Google Books e os libros escritos en galego e sobre a tradución dos Google Gadgets para o galego mais iso vai ficar para unha próxima anotación porque debo prestar atención agora ao relatorio en curso para seguir contándovos o que se coce por aquí.

Google Books... ahora, a medida · ELPAÍS.com

Tati Mancebo (escribindo desde Interliteral, Xaén)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , , , , ,

Interliteral 09: Juan Gutiérrez, “A función social da literatura electrónica”

«É imposíbel desenvolver unha actividade que requira coordinación ollo/man e manter unha conversa coherente ao mesmo tempo, é dicir, videoxogos deste tipo e conversa coherente son incompatíbeis nun mesmo momento. Algo similar ocorreo coa televisión.

Entre 1982 e 2002 caen os niveis de lectura literaria. A taxa máis alta de caída está no grupo máis novo (18-24 28%)

Incremento dun 30% de persoas no mundo nas persoas a faceren escrita creativa.

En 10 anos as grandes editoras deixarán de editar en papel por completo e este sector ficará relegado a pequenas editoras que lle engadan algún tipo de valor. [...]» (Ler máis en Tati Mancebo)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , , , ,