Posts Tagged galego

Estou contigo, Folerpa!

Moi recomendábel a lúcida intervención publicada no Alfaias:  «[...] Temos que ser como formigas, non calar, actuar alí onde está o debate, incluso xeralo nós, con múltiples e pequenas accións a nivel local, dende a base, aí e onde está o noso poder. Non chega con xuntármonos na Quintana. Téñennos que escoitar, saber que estamos aí, nas escolas, nos bares, nos comercios, nos hospitais, empregando a nosa lingua e esixindo os nosos dereitos de galegofalantes.
Unha dura invernía achégase. Temos que ser formigas e non carricantas. Do contrario, as folerpas cubriran para sempre esas mil primaveras que todos nós desexamos.»

Creo que estamos a sufrir unha MAREA NEGRA DA CULTURA. Estou de acordo en que hai que moverse, e mesmo facer algo que implique os da TERRA DE FÓRA, como se dicía hai 1000 anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , ,

O portugués avanza na Extremadura… ou Extremadura avanza co portugués?

Cada vez que atopo, sen as procurar, noticias sobre o recoñecemento do portugués na Extremadura levo as mans á cabeza e bato con ela doentiamente contra a primeira parede que vexo. Por que na Galiza é tan difícil todo? Será porque a mesma esencia da galeguidade é algo irrecoñecíbel para os galegos? Debe ser iso o que non lles pesa aos extremeños españois: os que son portugueses gustan de o portugués ser recoñecido, e os españois achan interesantes hipóteses de negocio no alleo. No noso país alienado, ao contrario todo: o español, que é alleo, deséxase propio; o portugués, que é propio, trátase de alleo. E os portugueses que veñan han de imitarnos aos alienados, que como conversos á máis pura españolidade deben mudar as roupas do corpo e do espírito.

Os resultados son os que poden ver na páxina do Centro Integral de Cultura Portuguesa Rainha Dona Amélia, entre outros. Por que non é posíbel na Galiza que as distribuidoras encontren o modo de ofrecernos libro portugués de forma fluída? Temos que conformarnos coas mínimas edicións actuais de literatura internacional en galego, a unha ducia por ano, encanto nos bañan con millóns de edicións en castellano, esa lingua universal que falaron Xesús Cristo,  Madame Curie, Kirt Douglas,  Nefertiti, Copérnico, Xoana de Arco, Aristóteles, Lao Tse, Safo, Gandhi, Artur, Cleopatra, Moctezuma, os pigmeus, as tuaregues e os esquimós? E non esquezamos, embora recoñecendo grandes limitacións,  Tarzán.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , , ,

Un testemuño flamengo

Xavier Alcalá: «[...] O centro de transferencia tecnolóxica ao que pertence o flamengo estase especializando en recuperar materiais preciosos dos inmensos depósitos de todo o que foi tirando o mundo iluminado de noite…

A conversa dá un quebro cando o anfitrión se interesa polo idioma galego, segundo el, un caso semellante ao do seu. E sofre un choque que lle fai esquecer a nova minería ao saber que en Galicia a xente se pregunta se cómpre ensinar galego ou inglés na escola. Non entende nada, vai afinando as preguntas e conclúe a pedir desculpas para atreverse a sentenciar: nada se pode esperar dun pobo que trata a fala propia «like garbage», coma lixo. Tan afectado parece que, se cadra, vai rexeitar o proxecto de cooperación técnica galego-flamenga que orixinara o encontro; e os galegos tentan unha saída pola vía do humor mais, neste caso, non a dan atopado.» (Ler artigo completo)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , ,

Xente contra a imposición, salvo da mentira!

Agustín Fernández Mallo: «[...] Escribo en castellano porque es mi lengua materna; apenas sé gallego; aunque lo entiendo, no lo hablo bien. El ecosistema literario gallego es cerrado, sí, como todos los ecosistemas de las lenguas cuyo número de hablantes es pequeño, es una consecuencia lógica. Sobre la imposición de lenguas, sólo puedo decir que mi sentido común (y la historia) dicen que ninguna lengua impuesta ha terminado por cuajar. Todo tendría que ser más natural. Pero esa obviedad no a todo el mundo le entra en la cabeza. Que estemos aún con este tipo de debates, que se dan en todas las regiones españolas con dos lenguas, no sólo en Galicia, denota un atraso importante.»

Vaia, as opinións deste escritor ían bastante ben até que falou da imposición das linguas. Como se o galego non se falase na Lusitania por imposición histórica, así como o catalán no Levante, o castelán no sul da península e a América, o portugués no Brasil, o inglés e o francés na América, o latín na Europa... e así sempre na Historia, como todos os que falan do que saben recoñecen. Ai, que mundos estes, en que predicar de filoloxía é cousa a que calquera pode atreverse, como de futebol no barbeiro. E o rapaz foi finalista cun ensaio en que defende a poesía operar desde parámetros socio-semióticos desfasados! A ver vamos se ten razón ou é que non chegou a saber o que era a poesía antes de escribila. Eu teño para ler desde hai meses o seu Nocilla Dream, cousa que farei en canto poida, mais non tiven présa e creo que é por certo intuito nefasto...

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , , ,