‘Abro a xanela e respiro o aire fresco da fin do mundo’, de Álvaro Negro

O libro que nos ocupa é resultado de ter gañado o autor a edición 2007 das Becas de Creación Artística no Estranxeiro Gas Natural – Unión Fenosa. “Estas bolsas, concedidas con periodicidade bienal desde 1991, diríxense a artistas nacidos ou residentes en Galicia e menores de 35 anos ao publicarse a convocatoria. […]

Cultivos transxénicos, de Carlos Negro

Úlcera textual

As análises constatan a evidencia dos feitos: escribo desde os restos dunha cosmovisión agraria.

Por iso o texto me contaxia de materia orgánica, levanta acta de palabras encistadas nas entrañas.

Mais o poema non quere ser arqueoloxía saudosa, tampouco pretende unha semántica da melancolía.

Trátase, máis ben, de acotar os perímetros da ausencia, […]