Posts Tagged Alfredo Ferreiro

Hoxe recitamos no Rosalía de Castro na Mostra de Ciencia e Cinema

Dentro da Mostra de Ciencia e Cinema hoxe mércores ás 20:30 terá lugar no Teatro Rosalía de Castro un recital poético co título POESÍA + CIENCIA no que participarán Marica Campo, Emma Couceiro, Estibaliz Espinosa, Alfredo Ferreiro, Manuel Rivas e Xavier Seoane. O acto estará presentado por Lucía Aldao e contará coa actuación musical de Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xabier Díaz. A entrada é de balde.



Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , , , , , , , , , ,

A partir do Galeusca 2009

Se teño que falar da experiencia como membro da delegación da Asociación de Escritores en Lingua Galega debo dicir que foi insatisfactoria e satisfactoria a un tempo. O primeiro, porque non logrei conectar cos colegas éuscaros e cataláns nos temas que particularmente máis me interesaban. O segundo, porque a sintonía cos compañeiros galegos de expedición foi asombrosa.
Segundo contaron os vascos da Euskal Idazleen Elkartea (Asociación de Escritores en Éuscaro), ben certo é que a súas circunstancias culturais son distintas: a) a escolarización é maioritaria nun modelo de inmersión lingüística que mantén o éuscaro en franco privilexio fronte ao castelán; b) nos últimos anos aumentou un 10% o número de falantes de éuscaro; c) existe unha preocupación pola calidade dos usos: moitos falantes usan a lingua vasca de modo "administrativo", como para simplemente aprobar as materias académicas, e como a empregan sen grande emotividade isto produce que os vocábulos casteláns penetren con fluidez nos usos diarios dos máis novos. Algo, como poden imaxinar, bastante afastado da realidade galega actual.
Os cataláns da Associació d'Escriptors en Llengua Catalana dedícanse fundamentalmente a resolver conflitos para os autores e chegar a acordos cos editores. Case sempre ocupados con cuestións máis ou menos sindicais, pouco saen do ámbito legal nin das últimas estratexias de proxección internacional. A súa literatura está apoiada por unha nación. No relativo ás comunidades balear e valenciana, estas si teñen problemas semellantes aos nosos debido á invisibilidade que lles procuran os desarraigados amigos da Meseta. Porén, todos teñen como modelo unha Cataluña en que os escritores só se ocupan de escribir: son as institucións pertinentes as que se encargan da dinamización cultural.

Na Galiza, polo contrario, precisamos permanentemente da creación de eventos culturais que estimulen o interese social pola literatura e a cultura do país. De aí que a AELG teña que ser moito máis que unha asociación para a defensa dos intereses dos escritores no mercado e presente características propias dunha eficiente asociación cultural, o que non podemos menos que agradecer así como colaborar con ela sempre que temos oportunidade. De aí tamén que os escritores con tanta frecuencia deixen a pluma e se poñan en marcha na defensa do patrimonio cultural, do natural ou dos dereitos cívicos. Temos por iso menos tempo para escribir, mais cada quen debe atender ao seu modo modo as responsabilidades que asume como persoa mesmo para alén do seu oficio.
O segundo sentimento deste Galeusca, moito máis poderoso que o anterior, foi dunha inmensa satisfacción. Mentres as realidades de vascos e cataláns me levaban cara a estratexias diversas que gustei de coñecer, os membros da delegación galega traballaban dun xeito firme e perspicaz nunha reflexión moderna ─permítanme utilizar o termo desde unha perspectiva tradicional─ sobre a divulgación das nosas letras. Neste sentido, era unánime o interese pola xestión dos contidos no ámbito das tecnoloxías da información e polo novo panorama que o e-book impón no mercado literario. A importancia da realidade dixital, non tan virtual e moito menos futura, na creación e intelixente divulgación de novos referentes culturais era para min o principal dos debates, e foi precisamente cos membros da delegación galega que tiven ocasión de reflexionar sobre o tema. Podendo, ademais, constatar o interese de todo o grupo pola posibilidade de que estes recursos fagan dunha "literatura minorizada" unha literatura ben divulgada.

En contraste con isto, nestes días puiden escoitar na radio a opinión dun escritor galego que falaba desde a Feira do libro de Francoforte, e que dos formatos dixitais se atrevía a dicir: "É un problema terríbel", no sentido da previsíbel destrución da industria caduca e a caída dos prezos dos principais produtos literarios. Por que esta actitude defensiva? Porque a maioría dos editores están a chorar por un negocio que se esfarela perante os seus ollos se saber ben o que facer? Porque os editores tradicionais van desaparecer os autores despois de tantos anos non van saber onde se arrimar? Porque ninguén os vai convidar a cear? Porque ninguén organizará encontros persoais en lindos hoteis rente lagos limpos ou praias de postal? É todo un misterio, si señor, como funcionará o mercado a partir de agora, mais poden estar certos de que os máis novos, os máis atrevidos, os máis intelixentes xa se están a fregar as mans pola caída dun sistema caduco que non deixaba espazo para os novos e necesarios modos de comunicación cultural. Porque nos toca comezar unha nova época, poden estar certos, e xa os novos tempos deixaron de se ocultar: a economía e a información, agora tan unidas, están en crise. Algo cheira a novo no reino de Dinamarca, e por iso os minorizados comezamos a soñar.

Ilustracións: 1) Díptico do Galeusca 2009: os apóstolos de Oteiza; 2) Delegación da AELG no Galeusca 2009; 3) O profeta de Oñati.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , , ,

O levantador de minas entrevistado pol’ A Nosa Terra

“Hai máis de cen blogues en galego que falan de literatura. Moita xente na internet que fala de literatura e iso quere dicir que existe unha alta participación de persoas interesadas na creatividade na rede”.

“O Blogomillo está a crecer moi rápido e quen pensa que está de capa caída engánase: está en alza, ten novas funcionalidades e xera espazos máis especializados”.

“O Facebook permite unha comunicación máis rápida e instantánea que os blogues. O blogue tal como o entendo hoxe serve mellor para albergar contidos de peso e que manteñen o seu interese mellor co paso do tempo. O blogue permite unha maior especialización e máis facilidades para o arquivo e a consulta”. (Ler máis n' A Nosa Terra)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , ,

Metal central: unha crítica de Xulio L. Valcárcel

metalporxvalc3 «Non é sinxelo concebir e elaborar un libro de poemas unitario en si mesmo. Unitario non como suma conexa de textos que responden a un marco temporal, a unha situación persoal concreta ou a ideas ou pensamentos recurrentes; senón unitario desde a orixe, integrado o libro como un todo. Esa impresión domina ao rematar a lectura de Metal central (Espiral Maior 2009), de Alfredo Ferreiro, que recibiu a Mención de Honra do premio de poesía Xosé María Pérez Parallé.

Falamos de impresión porque é posíbel que o autor non se prantexase ab initio ese desenvolvemento e que fose a propia dinámica interna da creación a que propiciase esa unidade, tanto temática como estilística. O certo é que Alfredo Ferreiro aproveitou unha coxuntura biográfica, en principio irrelevante, para escribir un texto singular, tanto no enfoque como nos contidos.

Comenta Álvarez Cáccamo no prólogo a coincidencia entre título, liña argumental e apelido do autor. Quizais se remonte, inconsciente arriba, a un devanceiro esquecido que aflora de novo nas palabras e nos labios de Alfredo para, nunha alquimia máxica, fundir o metal e convertilo en poema. Outro Ferreiro ilustre, de nome Celso Emilio, dicía que na antiguedade os ferreiros eran venerados como posuidores do lume sagrado e transformador.

Certamente, abondosa é achega que o mineral fundido deixou na arte. Velaí a Fragua de Vulcano, de Velázquez: a incandescencia fustiga a quen a contempla, mestura de drama e beleza. O ferreiro é un deus semiespido que moldea ao seu antollo o metal que sen a súa intervención ficaría indomábel.

Se na mitoloxía romana o chamaron Vulcano, fillo de Xúpiter e de Xuno, home de Venus, na mitoloxía grega chámase Hefesto. Home de Venus, dicimos, porque á deusa do amor, a beleza e a fertilidade, acáelle ese contraste de forza e de virilidade necesarias.

Luminoso no escuro > Onde estaba a famosa fragua, na que traballaban cíclopes e xigantes? Disque en Sicilia, baixo o Monte Etna, ou baixo a illa Eólea, no mar Tirreno. Quen sabe. Cíclopes e ferreiros tiñan o sol, o circo solar, como atributo. Se o cíclope se representa cun só ollo no centro da fronte, os ferreiros protexíanse cunha especie de parche.

Alfredo Ferreiro remítenos en Metal central a un mundo inquedante, luminoso no escuro, hermético, no que loitan a frialdade e o lume en tensión extrema. A dificultade do empeño, felizmente superada, radicaba en atopar poesía onde habitualmente non se ve, aínda que a haxa, como Ferreiro demostra co seu brillante e ben contruído poemario. Parece que ninguén se decatara até agora que a rutina, os martelos, o tic-tac constante, o formigón, agochan un ramalazo estraño, son sensíbeis, teñen vida.

Como o tritón que agoniza entre a grisalla, ou o estertor —humanizado— de máquinas e bielas, o metal late, vive e desaparece. Podémolo recoñecer pola vibración, pola queixa, pola respiración. "As máquinas que por fin / un día paran / parecen voltar ao paraíso / pesado e puro / da vida mineral". Porque nós mesmos somos metal, "do metal central do mundo".

xulio@xulio.e.telefonica.es»

Publicado en El Ideal Gallego, en 13/09/2009

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , , ,

Metal central na Feira do libro da Coruña

portada-metal-central-copiaDía 3. Luns
18.00 A feira dos nenos. Contacontos musical: Historias da fraga encantada, con Fátima e Servando Barreiro.
19.00 Presentación do libro O trasmundo de Antioquia, de Rafael Laso, publicado por Edicións Do Cumio. Xunto co autor, participará no acto o representante da editorial Cándido Meixide.
19.30 A escritora Elisa Vázquez de Gey asinará exemplares do seu libro La princesa de Kapurthala, puiblicado pola Editorial Planeta.
19.30 Os escritores Xulio Valcárcel (Lúa de xemas frías. Antoloxía de poesía mapuche), Alfredo Ferreiro (Metal central) e Luís G. Soto (O espíritu da letra. Nove achegas filosóficas a textos literarios), asinarán exemplares dos seus libros, publicados por Edicións Espiral Maior.
20.00 Conferencia do profesor Xesús Alonso Montero arredor dos seus libros máis recentes: Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), publicado por Edicións Xerais de Galicia e Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega, publicado pola Editorial Galaxia.
21.00 O escritor Xavier Alcalá, presenta o seu libro Habana flash, publicado pola Editorial Nowtilus. Acompañarán ao autor os prologuistas das edicións en castelán e galego do libro, Marcelino Fernández Mayo e Francisco Fernández Naval.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , , , , ,

Xosé Manuel Eiré fala de Metal central

Metal central, de Alfredo Ferreiro, por Xosé Manuel Eiré

En A Nosa Terra, 02/07/2009.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , , ,

Ramón Nicolás fala de Metal central

metal_rnicolas2

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , ,

Nova crítica de Metal central

Xosé Manuel Eiré adianta a crítica que publicará n' A Nosa Terra: «[...] Porque por riba da variedade de ecos que resoan na lectura dos versos de Alfredo Ferreiro, o que mellor grabado me ficou na memoria foi a figura do máxico alquimista. Alfredo Ferreiro exerce diso, de máxico e de alquimista. Como os magos, procura as esencias esprirituais do material. Como alquimista, do material afánase en extraer as esencias espirituais. De xeito que o poeta, porque este máxico e alquimista escribe as fórmulas na arquitectura nouménica da palabra feita poesía libre, se constitúe en punto de encontro. De xeito que o poema se constitúe nun xeito de filosofía humana elaborada desde os adentros do frío material visto desde a perspectiva inquisidora de quen non só traballou con el senón que quixo achegarse a el en trascendencia comunicativa e explicativa. [...]»(Ler adianto completo en Ferradura en tránsito)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , ,

Segunda crítica de Metal central

«[...] Obra forjada com férreo labor – nascida, aliás, de uma árdua experiência pessoal do poeta, que durante quatro anos conheceu de perto a “grande caldeira / de ruído e de sombras” – , Metal central consolida Alfredo Ferreiro como um autor capaz de desenvolver um projeto ambicioso de forma consistente, algo notável sobretudo pela solidez que atravessa a obra: os diversos poemas do livro articulam-se e operam juntos, como azeitadas engrenagens de um livro-máquina. Recusando o fragmentário, o poeta fabrica versos que, ásperos e agudos, traspassam e cortam a fundo a nossa metálica – porque humana – carne.» (Ler artigo completo de Henrique Marques-Samyn)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , , , ,

Primeira crítica de Metal central

2009-07-04_arequeixo_farocultura
Esta foi a primeira crítica sobre Metal central, publicada por Armando Requeixo no Faro da Cultura do 4 de xuño.

Outras referencias son:

-«Poesía metálica», de Marcelino Fernández Mallo.

-«Visita á república das letras», por Ghanito.

-«Os textos están inspirados na miña experiencia nunha siderurxia», entrevista de Juan Torreiro para La Voz de Galicia o 5 de xuño.

-«O confinamento espiritual dos humanos», por Montse Dopico no Galicia-Hoxe do 6 de xuño.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , , , ,