Posts Tagged achegarte

A Coruña lamenta de novo a desatención ao Cultur.gal

María Xosé Bravo: «[...] A celebración do “CULTURGAL” durante os anos 2007 e 2008 tivo unha acollida moi favorable entre as industrias culturais e foi un importante apoio para as asociacións do sector pero “no ano 2009 a actual Consellaría de Cultura e Turismo decidiu suspendelo alegando falta de recursos para a súa organización”. No pasado período de sesións o BNG presentou unha iniciativa na que se instaba á Xunta de Galicia a que no ano 2009 se celebrara o CULTURGAL, baseándose nos anos 2007 e 2008 como “fito importante” na política de promoción, proxección das industrias culturais e elemento dinamizador da cultura galega. Con este evento celebrado no ano 2007 co Goberno bipartito, “a Xunta apostaba por visibilizar as industrias culturais galegas dándolle pulo no ano 2008 cunha gran afluencia de público”.

A Concelleira de Cultura María Xosé Bravo lembrou que foi en decembro de 2008 cando a anterior Conselleira de Cultura, Anxela Bugallo, fixara A Coruña como sede permanente de Cultur.gal despois de avaliar a moi boa presenza de público na feira celebrada ese mesmo ano na cidade herculina que superou as 37.000 persoas, o que significou cuadriplicar a asistencia á primeira edición (nova que continúa a ser a última entrada da web oficial do Cultur.gal).

A Concelleira de Cultura da Coruña considera que a Consellería dirixida por Roberto Varela cometeu un importante “un erro” no ano 2009 por non seguir apostando por esta iniciativa sendo a cidade da Coruña en solitario a que impulsou a celebración da Feira o pasado ano. O Partido Popular argumentou no ano 2009 non contar con recursos nin tempo para organizalo, mais a concellaría de Cultura de A Coruña que dirixe a nacionalista María Xosé Bravo foi quen de poñer en marcha unha iniciativa semellante baixo o lema Achegarte que foi outro “rotundo éxito” con máis de 40.000 visitantes. [...]»

Se o ano pasado a Xunta negaba o apoio por falta de tempo e diñeiro, a organización institucional e o esforzo dos voluntarios demostraron que se podía facer con pouco diñeiro e montalo nun mes. Nesa altura, ao tempo que botaban a culpa demagoxicamente aos editores por non tela organizada,  prometeron que para 2010 apoiarían a Feira. Por min que fagan o Cultur.gal onde sexa, mais, por favor, que as cifras de visitantes e participantes conseguidas até agora non baixen: as do ano caro ou as do barato, tanto me ten se o país non perde.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , ,

Blogaliza: o vídeo de AchegArte

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: ,

Os mellores de 2009 segundo Fervenzas Literarias

A páxina Fervenzas literarias continúa a súa louvábel actividade de divulgar a literatura cun novo recoñecemento aos mellores traballos do ano anterior. Nesta ocasión, o noso Metal central recibiu o terceiro premio "Mellor libro de poesía para adultos", e AchegArte, a feira que cubriu tan honorabelmente a ausencia do Culturgal 2009 e na que tantas horas horas investimos en mancomún cultural, o premio "Mellor iniciativa literaria".

Agradecemos a Fervenzas literarias o seu esforzo e aos lectores a súa atención.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , , , ,

AchegArte, unha vacina contra o pesimismo

AchegArte, a feira que en pouco máis dun mes entre moitos improvisamos na Coruña para salvarlle a vida simbolicamente ao Culturgal que a Xunta da Galiza pretendía afogar, foi un éxito rotundo. E non o foi simplemente polo aspecto cuantitativo, que nos permite concluír que tivo na fin de semana tantas visitas canto o Culturgal de 2008 en catro días, senón tamén no cualitativo.

Blogaliza e amigos en AchegArte 2009

Que o Culturgal de 2007 fose responsabilidade da Asociación Galega de Editores e que cunhas axudas modestas encetase o camiño da creación dunha grande feira da industria cultural nacional semella meritorio. Que o número de visitas daquel ano fose humilde, paréceme natural para unha primeira convocatoria e non por iso falto de mérito.

Que o Culturgal de 2008 fose responsabilidade da Consellaría de Cultura non me estrañou en absoluto, e mesmo na altura louvei o apoio decidido dos políticos que a promovían, os cales por suposto pretendían demostrar que o apoio á cultura que sempre os caracterizou se tiña materializado nun acto de grande proxección. A verdade é que as críticas ao seu goberno caían con certa frecuencia mesmo desde sectores intelectuais supostamente afíns, e isto puido ter a ver cunha demostración de forza económica que chegou perto dos 600.000 euros. Mais a cobertura económica non foi satisfactoria para algúns polo que puido implicar de dirixismo institucional.

Este ano non tivo lugar o Culturgal 2009 por falta de apoio da Consellaría de Cultura da Xunta da Galiza, segundo estimaron os editores en primeiro lugar. Moito apoio semella non ser apropiado, como xa se dixo acima, e a falta del resulta ser un obstáculo imposíbel de salvar. No punto medio, estou de acordo con eles, está o lugar ideal.

PedroBlogaliza2

Porque do que se trata é de construír unha rede industrial en que cada cordame salve os outros de caer no abismo das continxencias económicas, sexan estas bancarias, políticas ou tecnolóxicas. Porque do que se trataba era de axudar a industria a crecer, apoiándoa mais deixándoa traballar e investigar  naquilo que precisaba, non de emprestarlle un traxe para unha festa de presentación na sociedade internacional. Porén, haberá que recoñecer que durante o goberno cultural nacionalista moitas parcelas creativas foron amorosamente alimentadas, e isto favoreceu o florecemento que sen dúbida estamos a desfrutar.

Se ben o terreo galego é tan fértil e húmido que en calquera lugar nacen herbas, arbustos, flores e árbores desde que deixes que traballen polo seu, no ámbito das artes acontece o mesmo. Iso foi o que se pasou os días 28 e 29 na Coruña coa xeración espontánea da feira cultural AchegArte. Mais para que a flor da creatividade nacese varios factores influíron, a modo de matrimonio futurista entre moitos máis que dous:

a) A creatividade galega silenciada durante ducias de anos e que despois de que varias xeracións foron escolarizadas en galego e tiveron por fin a oportunidade de medrar en paz rente a escritoras e artistas que desde os anos 80 viñan ampliando despois un legado cultural que desexaba abrirse ao mundo. A partir desta situación creo que unha nova fase creativa ten lugar, e da cal o mellor está por chegar.

AlfredoBlogaliza2

b) Un público amante da cultura que estaba disposto a contribuír co seu esforzo particular ao nacemento dun evento do que non se sentía suxeito pasivo. A cultura reclama a interacción continua, e o público galego é agradecido, valora o esforzo artístico e séntese habitualmente moi próximo del. Despois algúns critican que calquera publica un libro, desde logo, mais iso poderiamos velo como un luxo e non como un defecto. Se acordásemos por fin do noso sono diriámoslle ao mundo que todos somos poetas, actores e gaiteiros, como mínimo.

c) A iniciativa cidadá que motivou as primeiras adhesións comeza xa a ser unha constante durante este ano de despropósitos Xunteiros. Plataformas, manifestos e protestas públicas agroman porque non é menos importante o patrimonio cultural que o forestal e o mariño, e a defensa dun evento como o Culturgal é totalmente xustificado aínda que for a Asociación Galega de Editores a titular da marca. Por que? Porque moitos vivimos o Culturgal pasado como unha das palestras realmente modernas que a cultura actual precisa, e este sentimento levounos moito alén do que a industria do libro e algunhas máis son capaces elas soas de significar. Acreditamos nun país con futuro, e confiamos na colleita que haberá de chegar.

d) O apoio dunhas institucións (Concellaría de Cultura da Coruña e Deputación da Coruña) que souberon cumprir co seu cometido como poucas veces antes se vira en ningunha institución. Porque os políticos culturais só cumpren co seu mandato se serven as necesidades culturais reais da sociedade. Dubidaron de partida, como é lóxico, antes de embarcarse nun apoio a unha iniciativa popular que a priori podía ter riscos, económicos e políticos, mais lanzáronse finalmente cos recursos disponíbeis conscientes de que as oportunidades hai que aproveitalas aceptando o reto. Conscientes quixeron, e cumpriron, e xuntos remendamos o pantalón con que a Xunta pretendía que mostrásemos o cu.

Ante todo isto, declaro que me sinto orgulloso de pertencer a unha sociedade que é capaz de crear un universo de arte, xogo, amizade e cultura nunha fin de semana. E creo que un feito deste calibre merece un lugar máis destacado na miña memoria que calquera desas sanguinarias batallas celebradas cunha estatua no interior dun xardín.

Revisión 5/12/2009: Cultura en rexeneración permanente, por Marcelino Fernández Mallo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , ,

A suculenta programación de AchegArte

Vémonos na AchegArte!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags:

AchegArte: a alternativa ao Culturgal que Xunta abortou

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tags: , , , ,