Fisterra, a derradeira perla de occidente

No pasado día da Revolução dos cravos o escritor Modesto Fraga ofreceunos a agardada presentación en Arteixo do seu primoroso libro sobre Fisterra. Xa sabíamos que era unha obra que trascende amplamente o concepto de guía turística local, mais puidemos comprobar até onde son capaces de chegar a súa paixón pola vila e […]

Cando o metal encontrou o seu señor

O pasado venres tiven a oportunidade de ofrecer o meu Metal central, xa de 2009, aos excompañeiros da fábrica a quen foi dedicado. Foi moi agradábel poder mostrarlle a laminadores e persoal de mantemento a existencia de poemas que só persoas coa súa exacta experiencia poden comprender en todas as súas dimensións, o […]

A noite branca, de Francisco Fernández Naval

No pasado decembro acudimos á presentación n’ Á lus do candil do último romance de Chisco Fernández Naval, unha obra de base histórica que se converteu en poucas semanas nun éxito editorial. Estas imaxes mostran parte do evento así como as palabras que o autor conceceu a OLM sobre certos […]

A colección Caldeirón de poesía erótica

No pasado mes de decembro tivemos a sorte de acudir á presentación da colección Caldeirón en Arteixo, cun interesante elenco de autoras e autores consagrados polo Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. Non viñeron recitar todas, mais contamos cun nutrido grupo de plumas: Paco Souto, Alberte Momán, Enma Pedreira, María […]

Nelson Quinteiro presenta Gharbo

O pasado sábado asistimos en Á lus do candil á presentación do novo disco de Nelson Quinteiro, Gharbo, que nesta ocasión decide financialo mediante unha páxina de crowdfunding. O concerto foi alucinante, e non podo concebir ninguén que non queira facerse cun disco así: vibrante, evocador, tradicional e moderno, e de tal […]