Alfredo Ferreiro

Alfredo Ferreiro naceu na Coruña en 1969. Estudou Filoloxía Hispánica e iniciouse na Teoría da literatura. É membro da AELG e da Sección de Crítica literaria da mesma.

Ten participado desde os anos 90 en innúmeros recitais de poesía e colaborado en revistas galegas e portuguesas. Na actualidade é membro do Grupo Surrealista Galego.

Como crítico, ten colaborado en publicacións periódicas impresas como A Nosa Terra, Protexta (Tempos Novos), Dorna e Grial (na que continúa a día de hoxe), para alén de en diversos proxectos dixitais. Desde 2008 dirixe, xunto con Tati Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza.

Nos últimos tempos é asiduo dos medios electrónicos, onde se dedica á divulgación da literatura e o pensamento crítico. Actualmente é colaborador do xornal Praza Pública.

Obra poética:

“Visão do médium (Textos egoístas)”, en Sete Poetas (A Coruña, 1995). Lea a versión electrónica en Çopyright 11
A areia que transforma punhos e conversas, Cadernos de Azertyuiop, nº 1 (A Coruña, 1995). En colaboración con François Davó.
A cidade engrinaldada, Cadernos de Azertyuiop, nº 7 (A Coruña, 1997).
Metal central (A Coruña, Espiral Maior, 2009). Máis información n’ O levantador de minas.

Un vídeo de Maribel Úbeda para o poemario Metal central

Versos fatídicos (Edicións Positivas, 2011). A Revista das Letras de Galicia Hoxe ofreceu un adianto deste libro. Máis información n’ O levantador de minas.

Un vídeo de Tono Galán.

Obra colectiva:

Vivir un soño prometido (descargar epub): Libro de homenaxe da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega a Lois Pereiro [Ler máis en ‘Vivir un soño repetido’, libro electrónico de homenaxe da AELG a Lois Pereiro]
Pel con pel: “Cando neno —miña nai contoumo moitas de veces— eu era mal comedor. Mesmo cando me daban os biberóns tiñan que abrirme a boca e apertar o teto de goma para verter alimento dentro. O leite artificial tiña chegado á miña vida para salvarme da inanición a que as mamas da miña nai me condenaban. Mais como pode ter sido isto así? […]” [Ler máis en O sabor do amor]
Feijóo, o galego e nós: “Recóllese neste libro un total de sesenta e oito artigos publicados na prensa galega -máis algúns procedentes de blogues e xornais dixitais- entre xaneiro de 2009 e mediados de marzo de 2010, até hoxe mesmo e desde que o candidato Núñez Feijóo decidiu asumir e amplificar o alcance das demandas galegófobas dun colectivo de falsaria denominación […]. O xeito pronominal que pecha o título Feijóo, o galego e nós non esgota o seu referente no colectivo de autores que dan corpo a este volume. Nós somos multitude. […]” [Ler máis en Feijóo, o galego e nós]
Dorna – Expresión poética galega, nº 33: “«O escritor Samuel Solleiro traduce ao galego unha pequena escolma da poesía do catalán Enric Casasses (Barcelona, 1951) no último número da revista Dorna, que editan a Universidade de Santiago e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. O número 33 da publicación que dirixe Ramón Lourenzo complétase con dous traballos críticos –Notas obre a nova poesía galega en voz feminina, de Henrique Marques Samyn, e Conflito persoal e vampirismo social: a ‘Velada de Londres’ de Manuel Lourenzo, de Rocío Dourado– e un amplo apartado de creación con pezas, entre outros, de Arturo Casas, Chus Pato, Iria Sobrino, Emma Pedreira, Marcos Calveiro, Alfredo Ferreiro ou Antón Dobao. […] [Ler máis en Xornal.com]
Proxecto Identidade é un libro surxido da colaboración de 54 persoas que integran, dun xeito ou outro, a rede galega de blogues: o chamado blogomillo. Autores: Besbe, J., X, dorfun, Cesare, neno congoxa, a Doutora Seymour, Rosa Enríquez, Torreira, lourixe, Alberte Couto, Marcos Valcárcel, arume dos piñeiros, aultre narai, oko, zerovacas, el duende, Spav, as lauridinhas, Anxo López, Xurxo Sierra Veloso, Débora Campos, An, Marcos S. Calveiro, Tedhead, Ramón Trigo, zimmer103, Beluka, Iago Urgorri, Wicho, ifrit, emereci, ictioscopio, ghanito, Jan, acedre, O´Fartura, Calidonia, Estíbaliz Espinosa, Lorena Souto, W. Sobchak, Gustavo Harvey, Mario Regueira, o pastor eléctrico, o moucho branco, Gustavo Sequeiro, Alfredo Ferreiro, Manuel Rivas, Tati Mancebo, arrais, elianinha, Parzival e opaco. Podes mercar unha copia física deste libro aqui.
ARTNATURA. Pola defensa da Rede Natura Galega. Pola defensa do medio natural galego, organizada por ADEGA. Os escritores que participan son: Marilar Aleixandre, Glauco Antonio Amigo, Rosa Aneiros, Xurxo Borrazás, Darío Xohán Cabana, Fernando Cabeza, Francisco Castro, Olalla Cociña, Marta Dacosta, Lois Diéguez, Xoán Carlos Domínguez, Rosa Enríquez, Lobato, Yolanda López, Xulio Valcárcel, Ramón Loureiro, Xosé Miranda, Teresa Moure, Xesús Pereiras, Vicente Piñeiro, Xesús Rábade, Henrique Rabuñal, Daniel Salgado, Xavier Seoane, Xosé Vázquez Pintor, Miro Villar, Helena Villar e que isto escribe. Só o maravilloso catálogo da exposición merece unha ollada demorada, pola inmenso pracer que produce a interdisciplinariedade artística en favor dun único e tan xusto obxectivo.
Edición conmemorativa -en colaboración co Concello da Coruña e a Asociación de Escritores en Lingua Galega– do 800º aniversario da fundación da cidade, A Coruña reflíctese na escrita dos nosos autores e autoras: Cesáreo Sánchez, Felipe-Senén, Francisco X. Fernández Naval, Lois Diéguez, Margarita Ledo Andión, Mª do Carme Kruckenberg, Nacho Taibo, Salvador García-Bodaño, X. H. Rivadulla Corcón, Xavier Alcalá, Xavier Seoane, Xosé Vázquez Pintor, Xulio L. Valcárcel e Yolanda Castaño, entre moitos outros.Recomendamos os vídeos que fixemos sobre a presentación.

Críticas:

“Na Praza de María, unha praza incógnita dedicada a unha señora que ben podería pasear calquera rúa do mundo con zapatos apresados e brillantes, soa un badalo que só nós escoitamos desde a casa. Nós, é dicir, o eu deste poemario e os seus mundos interiores, desde a súa propia atalaia a esculcar un terreo ermo, agreste, reflexo irónico dun baleiro psíquico (hai baleiros da alma / escondidos / nas pregas escuras / das nubes) que se alimenta do estatismo dunha vida fundamentalmente caseira. Unha sorte de furado negro que se engole a si mesmo, ou unha eterna ouróboros que, reconcentrada en si mesma, impide a conquista do espazo exterior así como o éxito que a exploración comporta. […]” [Ler máis en nós escoitando o badalo de marienplatz, de Eli Ríos]
“Moitos aspectos me agradaron nesta obra de Marcos Calveiro, mais sobre todo comprobar que os mundos literarios que crea mostran en cada entrega máis definición de aromas vitais, sen caer nunha complicación psicolóxica que algúns chaman moderna e a miúdo se revela como confusa. Si, a confusión é un dos estilos da actualidade, mais para mostrala con arte hai que saber ofrecer unha transparencia no obscuro mundo, unha luz emotiva en que o complexo por un momento -ou no tempo de ler unha novela- se torne clarificado e por tanto asimilábel. O creador entón cumpre a súa función, e mediante un arduo traballo de destilación -iso é o proceso creativo- atopamos unha luz e participamos na interpretación do mundo. […]” [Ler máis en Settecento, de Marcos Calveiro]
“A citación de Beckett con que Seoane enceta o poemario dirixe a percepción do lector ao certo centro da ideoloxía textual: “Inclinado a confesar un tempo que agoniza”. É dicir, o propósito de mostrar poeticamente unha valorización da etapa histórico-social que nos toca vivir e que o poeta, sensíbel ao novo imaxinario cultural que nos cega (“Non queda / eternidade / por camiñar / onde as fontes do soño / foron cegadas”, p. 121), detecta e canta con amargura desde o desexo de xustiza e harmonía. Expresa isto mediante a vinculación de símbolos telúricos e espirituais tradicionais como se así pretendese mitoloxizar o presente, lembrándonos a aura protectora do inmutábel sacroprofano, nun ton bárdico ou druídico que lle serve para representar a nación deitada na decadencia. […]” [Ler máis en Do ventre da cóbrega, de Xavier Seoane]
“Escribir sobre a poesía de Herberto Helder remíteme aos anos noventa, cando me atrevía a reclamar publicamente para a poesía galega poéticas surrealistas como as que representaban en Portugal Herberto Helder, Natália Correia, Mário Cesariny e António Maria Lisboa, entre outros. Nada me convencían os argumentos de Henrique Monteagudo e Claudio Rodríguez Fer sobre a nítida presenza de estilos surrealistizantes e a imitación excesiva de Helder entre os poetas galegos, pois semellaban tentativas de atribuír experiencias vangardistas infrutuosas a unha poesía galega asombrosamente pagada de si. […]” [Ler máis en Ofício cantante, de Herberto Helder]
“O amante japonês é un poemario dedicado a un automóbil: “Estes versos são escritos com a gasolina dos deuses / Que te dão alento”. A ironía de quen, lonxe de pretender unha louvanza futurista propia de hai cen anos, fala poeticamente dun obxecto que moitos consideran unha marca de personalidade, mesmo unha cualidade do carácter. Somos o que comemos, díxose metabolicamente un día, e di na actualidade o “home de éxito” que el é aquilo que conduce. Conducir, gobernar unha máquina de precisión ultramoderna, é un privilexio reservado para os auténticos comandantes da sociedade. Conducen o futuro nas estradas do presente, mentres as necesidades do pasado, demoradas, permanecen nas marxes da vía rápida.. […]” [Ler máis en O amante japonês, de Armando Silva Carvalho]
“Música de cinza semella ofrecernos o libreto da ópera da vida, aquela que interpretamos como substancia principal do destino. A música que consome a carne até a consecución da cinza, que representa o vivido, e na que dalgún modo repousan aquelas melodías da festa que chegou a termo, para só a lembranza ficar no arquivo de pulsións do corazón. Na liña da sensibilidade decadentista, no poemario de Forcadela vibran notas cargadas de nostalxia e pesimismo (“autocares […] cargados coa agonía da esperanza”, páx. 58) que, no contexto do monumento á “música da vida” (páx. 92) en que o libro se erixe, alberga impactantes reflexións a modo de preámbulos poéticos sobre temas como o erotismo, o tempo e mesmo unha esparexida microteorización sobre a ficción, o simbólico, a acción, a descrición, o proceso de escrita… […]” [Ler máis en As cinzas sonoras de Manuel Forcadela]
“[…] Este libro é sen dúbida unha das obras que máis me teñen impresionado nos últimos anos. Son tantas as emocións que me produciu a súa lectura que debo recoñecer que non sei moi ben como renderlle a homenaxe que merece. Non me facía facía falta, estimo eu, terme aproximado durante anos ás artes marciais chinesas e a algúns textos taoístas para desfrutar dunha obra que contén tanta sensibilidade, tanta humanidade e tanta poesía, no sentido máis amplo do termo. Mais por ese lado tamén deu no alvo.. […]” [Ler máis en Camiños baixo a auga, de Catherine François]
“Porque “somos o que recordamos” (p. 34) vivimos para ser. As experiencias rememoradas defínennos no inquérito permanente de perguntármonos quen somos. A nosa fórmula persoal é a cartografía do camiño andado, que através do filtro da memoria recuperamos e facemos presente imperfectamente. Si, os arquivos gardados son recuperados, inevitabelmente, de modo incompleto. Porén, os corpos son o único vestido con que nos proveron para viaxar e nel cada marca, cada cicatriz, cada ruga é testemuño daquilo que foi abandonado. Porque a vida é un percurso en que unha vida se deixa atrás.. […]” [Ler máis en A melancolía dos corpos, de Xulio L. Valcárcel]
“O poeta traballa coas sombras. Apaña as substancias que a memoria arquivou e con elas elabora unha visión do pasado. É, pois, avant la lettre, un artista plástico. As pedras da lembranza, aquelas que foron submetidas a decantanción polo transcurso do tempo, son os materiais con que a sensibilidade do poeta constrúe o texto. Deste modo os poemas deveñen sombras que o lóstrego da memoria proxecta no papel, pantalla oportuna, para o noso desfrute de espectadores: “Nunca / esquezamos a luz, a luz rarísima / que entraba polas fendas do faiado, / o que fica en min aínda lóstrego.” En Vento de sal referénciase así a recuperación poética do pasado, do que en rigor só se alcanza a ver no seu perfil sombrío, imposíbel de revivir para alén de nun sentimento perenne. […]” [Ler máis en Pepe Cáccamo contra as industrias criminais do tempo]
“A finais dos 90 don Manuel Molares Porto, ancián da igrexa de Ares, contactaba con Xavier Alcalá para comunicarlle o interese da comunidade evanxélica en publicar a heroica xesta que viña de protagonizar no século XX. Procuraban un rapsoda inspirado que elevase o seu pasado recente a rango de arte, para facilitar deste modo a lembranza e a reflexión sobre os esforzos tamaños que só pola fe inquebrantábel no Amor tiña logrado realizar a comunidade. Os acontecementos do pasado, convertidos en literatura, pasarían de ser reais a seren verdadeiros. Porque a Verdade, inapreensíbel racionalmente dos infinitos puntos de vista que a completan, só pode ser mostrada integralmente da perspectiva artística.. […]” [Ler máis en A noite acesa de Xavier Alcalá]
“Dicionario no aspecto externo, pois os poemas son titulados tan só con isoladas palabras a modo de listaxe lexicográfica (“Confusión”, “Nai”, “Poetas”, “Paciencia”, “Río”, “Pel”, “Civilización”…), no seu interior un rico imaxinario respira nunha reflexión humanista de grande fólego. As contradicións da experiencia vital que perturban o ser humano maniféstanse largamente no poemario como caos universal: a luz face á sombra, o lume face á auga, o silencio face á voz… Un eterno designio: “Estamos condenados / ao doloroso labirinto / de vivir.”. […]” [Ler máis en Dicionario do estremecemento, de Miguel Anxo Fernán Vello]
“Titulo esta breve presentación da obra de Amadeu Baptista tal como fixen a primeira vez que escribín sobre ela. Pasaron oito anos e viñeron máis dez novas obras, e a perspectiva que defendín na altura como específica da súa poética debe manterse; porque na súa obra o ser humano, puro e portanto divino de partida, continúa a ser descrito na súa polución permanente polo demoníaco através da experiencia da vida. Así, unha infancia saturnal continúa a ser unha das pedras basilares. A infancia de quen recoñece nas treboadas familiares un destino inmerecido, sobretodo para quen pola súa idade non debe cumprir penitencias.. […]” [Ler máis en Amadeu Baptista, o anxo delincuente]
“Así, con estes versos, Martín Veiga culmina a mensaxe que no libro debulla sen abandonar nunca o carozo principal: a dor polo tempo perdido da infancia, aquela época dourada en que a vida ofrecía froitos de sabor intenso, aromas e texturas imposíbeis de emular. A memoria dos tempos idos é o tema principal da obra, a lembranza daquelas vivencias en que a persoa se funda, o tempo en que o eu, aínda permeábel e poroso, se empapa coa densa realidade dunha chuvia e dunha terra mitificadas na madurez. Estes grandes impactos emocionais, como imperecedoiros cráteres dun astro en movemento inerte, son o as pedras preciosas de Fundaxes. […]” [Ler máis en O retorno do corazón de Martín Veiga]
“A lectura destes versos deseguida delata unha preferencia pola temática amorosa, declaradamente erótica en moitos casos (“… o seme é a escuma / das ondas que baten / na costa do teu corpo / onde afogan as angurias”, p. 77). Despois da ambientación telúrica, por veces de sensibilidade case machadiana (“Melancolía pouco orixinal / entre as follas tenues / dourados solpores”, p. 44) d’ O cerne das labaredas, en Flor do deserto preséntanos unha especie de road movie cunha emotividade que depara en ocasións no exceso e no amor dun só uso. Un erotismo de blue jeans suados no contexto dun deserto sen norte mergúllanos nun soño en que facemos nosos o vodú, o candomblé e os salaios can’t stand it (p. 94).. […]” [Ler máis en As máscaras de Cronos, de Ramón Caride Ogando]
“Con Rinocerontes e quimeras, de Marcos Calveiro, asistimos entusiasmados á aparición da novidade literaria, unha vez que a recoñecíbel cualidade da obra permite apreciar esta virtude. Non é só por ter escollido como protagonistas un grupo monstros que viven de mostrar a súa deformidade en público, nin pola ambientación ben representada da norteamérica de fins do dezanove, senón pola riqueza en xeral de motivos de época de elevada suxestión, como a introdución de escritores famosos no contexto das orixes do mundo editorial dos EUA, ao parecer tan suburbial e arrabaldesco como o secuestro e prostitución de obras literarias.. […]” [Ler máis en Rinocerontes e quimeras, de Marcos Calveiro]
“Amadeu Baptista envíame o seu último libro, Negrume, un poemario sumamente duro e descarnado. Ou mellor aínda –contradígome– nin descarnado é: os ósos limpos foron partidos cruelmente e dispostos nunha pira reflexiva que non deixa do pasado máis que as cinzas dun incendio incomprensíbel, que todo asolou. O poeta asume a tarefa dun cronista da desventura. Non é por tanto un ser triste, nin este un poemario triste ao modo do Só de António Nobre, pois na mesa de disección do pasado só hai sitio para a descrición poética dos desastres vitais e a asunción das consecuencias, e ningún espazo para a lamentación ou a simple queixa. […]” [Ler máis en Negrume, de Amadeu Baptista]
A cova da vacas mortas é un libro ousado, que pretende saír dos temas máis convencionais e radicar no rural unha historia trascendente. Parte da desventura presente do seu protagonista e remóntase a un pasado próximo e a outro anterior a este, desenvolvendo trechos de vida de tres xeracións da familia. Remata cunha alegación pola liberdade de forxarse o propio destino, e iso é meritorio. Sobre todo como mensaxe final, e non só para adolescentes. O tema principal recae no sentido común que demostra un rapaz que sabe o que quere, que se compromete cos retos que a súa vida lle pon no camiño, por duros que sexan. […]” [Ler máis en A cova das vacas mortas, de Jaureguizar]
“A primeira impresión que tiven ao ler Os libros arden mal foi que era un libro moi intencionado. Non pretende adherirnos a nunha nova ideoloxía, mais a homenaxe que rende ao pasado ten o propósito de asombrarnos cos nosos propios logros doutra altura. Sempre percibín nos vellos que o pasado debía ser esquecido, por doloroso, turbo e sucio. Porén, o pasado que nesta novela se trata, ao menos no primeiro tercio, é digno de lembranza e modelo a seguir. Non por tratarse en particular do anarquismo, senón por nel, tan estendido na Coruña na época, atoparse ideas válidas para hoxe que infelizmente aínda non atinxiron o lugar que merecen nunha sociedade progresista: o acceso xeral á cultura, a igualdade sexual, a democracia do consenso, o ecoloxismo…. […]” [Ler máis en Os libros arden mal, de Manuel Rivas]
“Desde o texto inicial, de grande fôlego e em prosa poética, reconhecemos a expressão de uma voz enjaulada no mesmo corpo que a suporta. Como se o próprio corpo fosse moldado como jaula para ocultar a sua verdadeira função aos olhos do indivíduo, por arte de um lendário encantamento. Criaram para ele o engano de que a casca do fruto é cárcere e não o fruto mesmo, a couraça que protege o que de valioso possui no interior. Aquilo que deve ser libertado no justo momento em que está pronto a germinar. Perdem-se assim, inevitavelmente os referentes ao positivo, o luminoso, e o bom recebe inexoravelmente a mácula do demoníaco: “cruzando o inferno, que é um jardim, que é um gesto autoritário, que é o esquecimento, que é a poesia”. […]” [Ler máis en A vida extrema, de Mário Herrero]