Category Archives: Tati Mancebo

I Encontro de escritores “Cidade da Coruña”: Narrativa con memoria

Chuzame! chúzame -
Also posted in Coloquios, Vídeos | Tagged | 2 Comments

O xiro postal, de Ousmane Sembène

O vindeiro mércores 12 de marzo ás 20 horas na sala de prensa da Fundación Caixa Galicia da Coruña (no edificio dos Cantóns) preséntase o libro O xiro postal, de Ousmane Sembène.

Acabo de rematar de ler O xiro postal, por recomendación de Martin Pawley, bo amigo e epiloguista da novela. Gostei inmenso, porque é a primeira historia sobre negros, si, é unha novela sobre negros, que leo escrita por un negro que, ademais non ten interese ningún por ser branco porque iso non fai sentido que marque ningunha direfenza, o asume con perfecta naturalidade.

Chuzame! chúzame -
Also posted in Crítica, Narrativa | 5 Comments

NósQuen, de Tati Mancebo

Chuzame! chúzame -
Also posted in Alfredo Ferreiro, Poetas, Vídeos | 2 Comments

Tati Mancebo na Sargadelos

«Despois da breve pausa provocada polas datas vacacionais do nadal, a Galería Sargadelos da Coruña retoma o seu ciclo “Martes Literarios”, que tanto interese e fidelidade suscitou durante o pasado ano. O 2008 iniciaráse mañá martes 8 de xaneiro, ás 20:00 horas. Esta iniciativa continuada forma parte da programación cultural estable que ofrece este centro cerámico e cultural, nunha proposta que se ven repetindo -dende a súa inauguración o pasado 2007- en martes alternos, contando cunha periodicidade, pois, quincenal.

Nesta ocasión, contará coa presenza da coruñesa Tati Mancebo, unha licenciada en Filoloxía Inglesa que traballa na súa propia empresa de xestión cultural e novas tecnoloxías da información. Á vez, Tati mantén O blog dos pelachos sobre infancia e cultura na Rede e colabora asiduamente con críticas e traducións de poemas no blog literario O levantador de minas. Tamén é tradutora do inglés en multitude de guións de cine, poesía irlandesa, inglesa e estadounidense para revistas e medios electrónicos.

Como poeta ten publicado o libro individual Na hora redonda (1995) e participado en numerosas publicacións colectivas en Galiza e Portugal (“7 Poetas”, “Gaveta”, “Saudade”, “Çopirrait”) así como en recitais poéticos. Foi membro do consello de redacción da revista universitaria “Gaveta” e co-editora dos Cadernos de Azertyuiop, que na actualidade están a ser pasados á Rede. Tamén na Internet verá a luz, proximamente, o seu novo e esperado poemario: NósQuen. [...]» (A dirección da Galería Sargadelos da Coruña)

A. F.

Chuzame! chúzame -
Also posted in Alfredo Ferreiro, Poetas | 3 Comments

Brumario, de Ramón Pernas

"Pues claro que fui feliz. Fue un anhelo constante buscar y encontrar la felicidad a la que nunca puse paréntesis ni puntos finales, por mucho que el dolor o el sufrimiento quisieran detenerse en mi vida. En el balance de todos los días vividos, en el recuerdo de los días imaginados a los que me obliga ahora el mecanismo desajustado de mi cabeza, encuentro los más bellos recuerdos, nítidos, con la intensidad de la luz, de los días luminosos. La memoria se despereza como el día cuando nace, encendiendo todos los colores del paisaje, colocándolos en su lugar. Los verdes en los campos, el azul cobalto en la mar, los grises dorados en el cielo, así uno por uno se van asentando y componiendo el cuadro, el mosaico, la fotografía feliz de los tiempos de la dicha."

Ramón Pernas, Brumario.

Así é Timón, un home que se dedicou á procura e que nela atopou o verdadeiro e duro sentido da vida. Agora, xa vello e finalmente asentado e cercado pola desaparición de todo o que coñeceu e amou, esquece os acontecementos máis recentes e continúa unha incesante procura de respostas nas súas lembranzas máis remotas. Son as súas lembranzas, pois, as pezas que compoñen a persoa que foi e que se achega ao lector como un puzle sonoro que desaparecerá cando el o faga, cando o libro remate, cando xa ninguén o lembre, do mesmo modo que, de forma involuntaria, o propio Timón levará consigo a todos aqueles que xa só habitan no seu pensamento.

Brillante e polido relato de tres xeracións truncadas por distintos motivos, retratadas desde múltiple punto de vista da senectude. Os diferentes graos de obxectividade sobre un mesmo asunto, desenvolvidos a través de tres personaxes en The Sound and the Fury, de W. Falukner, conflúen na novela de Pernas nun único protagonista omnisciente que, á maneira dos narradores de Poe, se atribúe por veces problemas de memoria e noutras ocasións se impón o deber de non ofrecer máis que a referencia exacta que o poder da súa obxectividade lle outorga. Cal debemos crer? Ambos e ningún: a esencia da vida está na propia vida, o propio camiñar encerra o sentido do camiño, no acto de contar unha historia, sempre e cada unha das veces irrepetíbel, atópase o significado da propia historia.

T. M.

Chuzame! chúzame -
Also posted in Autores, Narrativa | Leave a comment

Xabier Docampo e a nova revista BLOC


BLOC. Revista internacional de arte y literatura infantil. Dirección: Xabier P. Docampo. Madrid. Outono 2007.

Chuzame! chúzame -
Also posted in Alfredo Ferreiro, Arte, Creación, Ilustración, Infantil e xuvenil, Poetas, Vídeos | Leave a comment

Presentación d’ O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz

O mércores pasado, unha vez demos por finalizada a última sesión ao vivo das I Xornadas Virtuais de Literatura da AELG, tamén realizadas desde a Biblioteca Nodal d' A Coruña Miguel González Garcés, fíxose a presentación pública do novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz O único que queda é o amor. Despois das palabras iniciais da directora da biblioteca, Laura González-Garcés, e do director de Edicións Xerais, Manuel Bragado, o acto ofreceu a eficiente e agradábel configuración dun diálogo lúcido co autor. Neste contexto, Óscar Sánchez, como agudo entrevistador inquiriu un solícito Agustín Fernández que saciou plenamente a nosa curiosidade sobre o que el pensa da obra en cuestión e do oficio de escritor, describindo mesmo abondosas anécdotas persoais. Un verdadeiro luxo para os que gustamos de reflectir sobre as fórmulas que fan dunha obra un referente inexcusábel do sistema literario.

Chuzame! chúzame -
Also posted in Alfredo Ferreiro, Narrativa | Leave a comment

Estíbaliz Espinosa na Sargadelos d’ A Coruña

O pasado "martes literario" da Galería Sargadelos d' A Coruña asistimos ao recital de Estíbaliz Espinosa, unha artista multifacética como poucas. Falou estensamente do sentido que ela outorga á escrita poética e entregouse nun recital moi persoal, imprimindo a carga de orixinalidade que habitualmente consegue nas súas intervencións: teorizou, recitou, requiriu a colaboración do público e fíxonos un regalo final que só unha artista de tan amplos recursos como ela pode ofrecer.

T. M.

Chuzame! chúzame -
Also posted in Poetas, Vídeos | 4 Comments