Feb
6
Galiza bilingüe e bisexual
Febreiro 6, 2008 | 4 Comments
Nestes días (ou mellor, meses ou anos) o debate sobre o bilingüísmo reconquista periodicamente o espazo dalgúns xornais. E o noso veciño (de bairro e de ideas) Xavier Alcalá é neste caso convertido en baluarte dun galeguismo básico, sensato, que non debería incomodar ninguén nunha sociedade democrática, máxime co que xa levamos andado politicamente desde que as unllas do autoritarismo nos permiten expresarnos sen mácula.
Todos defendemos xa conceptos como "sistema democrático" ou "tolerancia", mais o propio sistema (e ben que sexa así) permite que cada quen os interprete ao seu xeito. A organización chamada Galicia bilingüe, por exemplo, entende que o bilingüísmo da Galiza é un ben antigo que, caracterizado por contribuír á harmonía da sociedade galega, debe ser conservado. Desta perspectiva, novas normas como as que recentemente se aproban para a introdución cuantitativa do galego no ensino poñen en perigo a liberdade dos cidadáns, amparada por un Estatuto que trata galego e castelán en termos de oficialidade. É esta unha postura completamente democrática? Non o creo, só defende o inmovilismo, defende unha distribución de usos lingüísticos que non quere ver alterada, é dicir, reacciona contra un movemento regaleguizador que desfruta agora dun poder político sorprendente.
chuzame - Set
11
Unha perspectiva necesaria
Setembro 11, 2007 | Leave a Comment
Paréceme que dá no albo Miguel Anxo Fernán Vello no seu artigo do Galicia-Hoxe: "Sobre o falsamente universal". Unha perspectiva necesaria que nos indica por onde comezar á hora da creación literaria. Mais hai quen cre que falar do seu embigo é suficiente para facer literatura, e na realidade algo máis é preciso: coñecer moitos máis nós estomacais que o propio e saber como falar deles de modo que o motivo inicial se trascenda e atinxa sentidos máis profundos que as peculiares enrugas que só serven xa para dar que falar nun blogue calquera do Blogomillo.
chuzame - Xull
26
Pax iberica
Xullo 26, 2007 | 11 Comments

“Jesus disse:
Sem dúvida, os homens pensam
que vim lançar a paz sobre o mundo,
e não sabem
que vim lançar divisões sobre a terra,
fogo, espada, guerra.
Porque haverá cinco numa casa
e três estarão contra dous,
e dous contra três,
o pai contra o filho,
o filho contra o pai,
e manter-se-ão de pé, enquanto são unificados.”
Evangelho Gnóstico de São Tomé,
utilizado polos priscilianistas galegos.
Com duplo sentido titulo este texto, ao meio da presente polémica, aliás recorrente na história de Espanha e Portugal (ou seja da Hespanha, nome geográfico sinónimo da Ibéria até à idade moderna). Porque agora, como dantes, a guerra volta a ser entre as gentes deste urdume singular que os romanos chamaram assim, creio que por querer dizer Terra de Coelhos, ou qualquer cousa semelhante, que até isso parece muito discutido.
Ponha paz então, se algum poder tiver, minha mão, entre os insignes professores e escritores de quem eu tanto aprendi e o não menos ilustre José Saramago, que foste a Canárias por paz e saramagos te deram. Ponha paz, se alguém valorar o sentido da paz ainda, se alguém depois e ao meio de tantas guerras lembrar ainda que tão-só na paz se faz a cultura. E uma vez que o silêncio de canhões tão dignamente indignados reinar, por um momento talvez possamos escuitar que aqui ninguém, ao meu juízo, está a dizer qualquer barbaridade; mas todos, acho humildemente, estão parcialmente desinformados e, ouso julgar, polo menos parcialmente, bem-intencionados.
chuzame - Xull
23
A evidencia dos novos tempos
Xullo 23, 2007 | Leave a Comment
Hai tempo que percibimos novas necesidades culturais no país. É algo capaz de ter a ver con exixencias de máis amplo espectro, e que teñen tamén unha manifestación no ámbito artístico e literario. Até agora vivimos entre o que sempre funcionou, o que nos negaban e "resistía heroicamente" e os sólidos poderes que impedían un novo florecemento. Mais o novo florecemento ten que darse, apesar dos lastros de antaño que caen xa para o fundo e os "heroicos resistentes" que permanecen en activo con esquemas en ocasións desfasados. Desfasados aínda que meritorios, e aos cais debemos respecto e recoñecemento, mais que non podemos agardar que nos acompañen en paralelo ao ritmo que exixen as novas sinerxias.
chuzame - Xun
24
O San Xoán por François Augiéras
Xuño 24, 2007 | 4 Comments
Propomos para este día, resaca de lumes internos e externos, o lavado ritual da face con este texto que nos envía François Davó, grande poeta, crítico perspicaz e temperado intelectual que temos a honra de contar entre os amigos. Desde hoxe, máis un valioso colaborador d' O levantador de minas.
[Dende un bosque preto de Domme, ao pé de covas habitadas na prehistoria, na beira do río Dordogne, François Augiéras observa os preparativos da noite de San Xoán.]
O crepúsculo loita e sae victorioso contra a feble noite. (…) O mundo é máis fermoso que de costume. Os Humanos non o ven, tan ocupados en edificar nunha praza unha fogueira, coa alegría dos verdugos preparando autos de xustiza. E como van estar ledos, tan covardes como son? Dende os bairros chega un rumor como de 14 de xullo; axiña un sacerdote virá abenzoar, santificar, tolerar… unha discreta festa en honor ao apoxeo das Forzas do mundo.
chuzame - Xun
12
Aos 16 sorprende o mundo editorial?
Xuño 12, 2007 | 3 Comments
La Voz de Galicia (disculpen se poden a pésima versión galega que ofrece este xornal): "Un xaponés de 16 anos sorprende ao mundo editorial cunha novela sobre acoso escolar (Firma: Tomás García Yebra | Lugar: madrid)
Ten 16 anos. Chámase Isamu Fukui. Vive en EE. UU. Os grandullones do instituto Stuyvesant de Nova York fixéronlle a vida imposible e xurou vingarse. «é máis intelixente escribir un libro que coller unha metralleta», argumenta. Cando comentou a súa intención de relatar as súas vivencias, os grandullones ríronse del e déronlle algún que outro mamporro. Os seus pais, antes de que escribise War Boys lle regañaban porque non estudaba. Agora, coa aparición do seu libro en España e a súa próxima publicación en EE. UU., Alemaña e Italia, ponlle ojitos. Xa non é un vago. é un xenio.«Nunca fun un estudante modélico», confesou Fukui. «Para min os estudos son unha parcela máis da vida, pero non a principal», argumenta. Ler, o que se di ler, só leu a Tolkien, pero non O señor dos aneis, senón un volume de notas. «Neses comentarios aprendín como se constrúe unha novela», confesa. As súas fontes de inspiración foron as súas vivencias. Para relatar as escenas de acción botou man dos videoxogos. War Boys desenvólvese nunha cidade imaxinaria que se identifica con Nova York. O protagonista é Zyid, o líder da banda, que nunha pasaxe di: «Todos os días condúcennos como gañado ás aulas para obedecer e finxir respecto. Pero esta noite os war boys cambiarán o programa. Esta noite, amigos meus, mostrámoslles o seu gran fracaso, o fracaso de someter á nosa xeración»."

Esta noticia suscita un feixe de preguntas: Un rapaz de 16 anos sen lecturas pode suplir con talento (?) toda a pericia (!) que se precisa para escribir unha novela? Ter imaxinación é suficiente para escribir unha novela? É suficiente a sabedoría que fornecen os traumas da vida cotidiana para atopar contidos eficaces para un texto artístico? É suficiente ter "algo que contar" para construír unha obra literaria?
A cuestión de se hai unha idade mínima para facer literatura ten unha resposta fácil: nin máxima. Rimbaud aos 18 xa tiña escrito aquilo que pretendía dicir en poesía, así que puido dedicarse a partir dese momento a unha profesión de risco como o contrabando: a inmortalidade estaba asegurada. Ora, percibo a existencia de escritores sen lecturas (?!) como un tema que comeza a ser recorrente. Segundo parece a experiencia cotidiana de calquera individuo minimamente traumado, se contada directamente polo protagonista, non precisa de ningún coñecemento da tradición ou antitradición literarias. O que teñan escrito outros non interesa, os mestres non existen, as obras anteriores non inflúen a quen ninguén recoñece de facto como predecesor.
Mais... repasemos a noticia cando di: "Para relatar as escenas de acción botou man dos videoxogos". Agora comprendo onde o rapaz aprendeu a estruturar un relato, para alén dun único libriño de Tolkien, por explícito que sexa; onde coñeceu modelos sobre o desenvolvemento das narracións de aventuras; como interiorizou a descrición psicolóxica das personaxes en contextos bélicos; como puido, en definitiva, familiarizarse co "abecé" da narrativa. Como aproveitou toda a "literatura" que tiña aprendido até o punto de sorprender os editores, sexa isto o que for.
É evidente que moitos dos mellores especialistas en Teoría literaria están a traballar onde realmente se gaña diñeiro: a industria do audiovisual. Ese espazo de comunicación artística en que o experimentalismo "fluflú" e de valor autoalimentado non dá un céntimo porque non se apoia en nada semellante ao que os vellos teóricos chamarían universais emotivos ou algo semellante. Que barata vai a vangarda nestes tempos en que a tradición é ignorada!
PS: O autor presentou a novela este 8 de xuño ás 13:00 horas nas FNAC de Barcelona e Madrid ao mesmo tempo, mediante o don da ubicuidade que posibilita unha videoconferencia desde Nova Iorque.
chuzame - Xun
10
Premios Xerais 2007 - Illa San Simón
Xuño 10, 2007 | 2 Comments
Partimos todos do porto de Cesantes para a Illa de San Simón con vento e nubes escuras. Tres viaxes farían falta para o transporte de todos os convidados, por volta de trescentas persoas. Despois dun agradábel paseo polos camiños empedrados da illa, xa con sol e boa temperatura, a organización dos Xerais convócanos nunha sala para o anuncio dos ditames dos premios.
Celia Torres, coordinadora dos premios, abre a sesión. Xavier Blanco, gaiteiro de recursos innúmeros e sensibilidade sobresaínte, cun espectáculo de vangarda tradicionalista ameniza con interludios o acto. A seguir, Teresa Moure, mantedora literaria nesta ocasión, ofrece un discurso titulado "O carácter revolucionario da escrita e da palabra", que a editora nos ofrece en papel (aquí en .pdf) xunto co disco de Xavier Blanco Instrumentos pobres. Os fallos foron os seguintes:
XXIIº Premio Merlín de literatura infantil
Baixo o lema "Carboeiro", o gañador é Minimaladas de Carlos López Gómez. Desta obra o xurado valorou especialmente as creacións literaria e plástica. O autor, ao recibir o premio, dixo: "Só hai unha cousa mellor que gañar o Merlín: gañalo e que cho entreguen na Illa de San Simón". O xurado recomendou tamén a publicación de Mácara Nácara.
IIº Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil
Para ser albergada na colección "Fóra de xogo" de Xerais, venceu a obra co lema "Capitán Alberto". O seu título verdadeiro é Illa soidade, e a súa autora resultou ser An Alfaya. Trátase, segundo o xurado dunha novela de carácter iniciático en que se reflicte especialmente o valor da autonomía persoal. A autora, despois de indicar que a súa "é unha novela sobre vagabundos e xente marxinal", quixo recoñecer o esforzo de todos os outros concursantes pendíndolles disculpas "por deixalos fóra, porque ela xa sabe o que é".
XXIVº Premio Xerais de novela
Co lema "Fanto Fantini", a gañadora foi Rexina Rodríguez Vega pola obra Cardume. O xurado quixo recoñeceu co premio unha historia familiar e persoal que parte da época do final da Segunda República, no contexto do Vigo industrial atlántico, proletario e cosmopolita, sobre o que se presentan varias xeracións. Foi valorada especialmente nesta obra a capacidade expresiva de clara vontade estilística, que atinxe até o nivel do poético. Cando recibiu o premio, a autora afirmou: "É a miña primeira novela, pois até agora só me tiña dedicado ao ensaio e á crítica literaria. Non esperaba este premio. [...] Esta obra reivindica a memoria como un instrumento de relación interxeracional. E tamén a memoria histórica: a miña novela é outra maldita novela sobre a Guerra Civil, como diría Reigosa. Mais penso que aínda resulta necesaria".
No final da presentación dos ditames dos xurados Manuel Bragado, director xeral da editora que promove os premios, dedicou unhas palabras de agradecemento a todas as persoas e institucións intervenientes. Logo de valorar os Premios Xerais deste ano, anunciou algunhas das liñas de traballo que pretende encetar a editorial: "Creo que este foi un dos mellores Xerais. Os xurados víronse obrigados a facer un esforzo meritorio: ler perto de cen obras en pouco tempo. [...] A música de Xavier Blanco, por outro lado, está a ser engaiolante. Atreveríame a dicir que se algún día alguén me quere facer unha homenaxe non estaría de máis que soase a peza "Pasarrúa", a segunda do seu disco
Instrumentos pobres, que temos a honra hoxe de ofrecervos como regalo. [...] Nestes tempos non todo son boas noticias, mais non quero agora tratar o tema dos problemas da edición do libro galego, provocados en grande medida polas últimas decisións sobre a gratuidade dos libros de texto. [...]
Vivimos uns tempos con retos até agora inéditos, e un deles é o da "nova literacidade". A nosa editorial non desexa eludir as esixencias dos novos tempos para poder continuar a traballar no proxecto de normalización cultural que alimenta desde o inicio os seus esforzos. Neste sentido, quero anunciar para o próximo ano, ademais da ampliación do catálogo, a pretensión de renovar o debate cultural coa produción de proxectos de edición electrónica. Estimo que o debate cultural no está á altura das necesidades nin do que os recursos actuais favorecen. Reclamo unha ambición maior neste sentido. [...] Tamén no próximo ano presentaremos outras novidades que farán sen dúbida que os Premios Xerais non podan pasar desapercibidos."
Canto ao texto de Teresa Moure, este ano mantedora literaria do acto insular, foi rotundo: "O texto de Teresa Moure é o noso proxecto". Este discurso, que a editorial ofreceu nunha delicada edición tipo plaquette (xunto co disco Instrumentos pobres de Xavier Blanco), foi un alegato rotundo, fresco e libertario sobre o lugar que a literatura debería ocupar no aseo mental do cidadán. Un lugar tan irrenunciábel, por exemplo, que afectase a arquitectura das casas coa concesión para os libros de espazos propios tan habituais como os dos servizos sanitarios.
Logo do acto literario veu a Romaría, e tres horas máis tarde o embarque para Cesantes. Durante esta tarde meiga tiramos fotos, gravamos intervencións (O blog dos pelachos) e fixemos entrevistas (Días estranhos).
Na columna da dereita do blogue ofrecemos unha pequena reportaxe fotográfica do evento.
chuzame - Mai
30
Unha carta desde o inferno
Maio 30, 2007 | 6 Comments
Se ben n'O levantador de minas evitamos habitualmente tratar temas que non referencien directa ou indirectamente cuestións literarias, neste caso a nosa sensibilidade nos obriga a participar da denuncia dos feitos que a seguir se divulgan. Advertimos que a súa leitura pode alterar emocionalmente o leitor, como puidemos comprobar nós mesmos. Transcribimos unha carta tal como foi recibida das fontes que, aínda que da nosa confianza, non nos vemos en disposición de citar.
“(Conhecer para ajudar. Os autores deste massacre estão ligados ao regime do rei de Marrocos, que é mesmo o principal aliado na zona do governo dos Estados Unidos. Espanha é por omissão -por ter abandonado o Saara sem garantir minimamente a integridade dos seus antigos cidadãos- responsável polo genocídio que diariamente é cometido neste território, com desprezo às admonições e decisões das Nações Unidas.)
Hola a todos: A pesar de la dureza que puede mostrar la carta que sigue más abajo, os ruego que lo reenviaseis a cuanta gente sea posible. Es importante que se sepa lo que está pasando en la Zona Ocupada, máxime cuando el proceso está pasando por un momento tan crucial como el actual. Gracias a todos, Bachir.
Estudiantes saharauis denuncian la brutal represión de la policía marroquí, por Jesús de Manuel Jerez. Última modificación: 16/05/2007, 14:01. Texto traducido de la carta de Rbab Amidan, estudiante saharaui brutalmente torturada junto a algunos de sus compañeros por la policía marroquí. Seltana Khayya.
Carta-testimonio de Rbab Amidan, estudiante saharaui en la universidad de Marrakech (traducción)
Querido Erik, te escribo esto a pesar del dolor. Están ocurriendo multitud de acontecimientos sangrientos en las universidades marroquíes. Cientos de víctimas y muchos arrestados, se nos ataca siempre en época de exámenes, especialmente en los exámenes finales.
En Agadir:
Desde el miércoles 2 de mayo hasta ahora han ocurrido cosas horrorosas. Los estudiantes saharauis fueron furiosamente atacados por estudiantes marroquíes llamados los "Amazigh", que estaban jaleados por el gobierno marroquí; iban armados con porras de hierro y dejaron malheridos a cientos de Saharauis. Algunos de ellos fueron llevados al hospital. Además las fuerzas marroquíes entraron en el distrito de la universidad donde viven los estudiantes saharauis dos veces durante las noches del 2 y el 3 de mayo, torturando salvajemente y arrestando a más de 30 saharauis. Se llevaron a 5 saharauis a prisión. Los nombres de los torturados son Erradi Mohamed, Errabeh Otman, Mohamed Salem Elmehdi, Mohemed salem, Chrif, Chtouki Abdslam, Moss aErradi, LwafiRrahel, Brika Haboub, Saed Ba Haddi, Mansour Lefkir, Lbachir Lismaiili, Khaled Rgaibi, Lebloud lhusain, Saiid Laabidi, Ali Laaguig, Hadad Lmehdi, Mrisli Lhusain, Chouiaar Mohamed, Chain Ahmed, Lfilali Mahmoud, Lemberki Salek, Lfilali Sidahmed, Mulay Zain, Maatalla Lefnain, AbdAllah Ddarouich. Los 5 arrestados son Mraisli Lhusain, Chain Ahmed, Chouiaar Mohamed, Lfilali Mahmoud, El Geddari. Dos en situación extrema: Lakhal Mohamed Fadel y Mulud Lembarki.
En Marrakech:
Comenzamos una huelga de hambre en respuesta a lo ocurrido en Agadir. Hicimos manifestaciones en protesta contra el gobierno marroquí, que fueron respondidas con salvajes y violentos ataques. El 9 de mayo fuerzas marroquíes irrumpieron en el distrito de la universidad durante una manifestación. Algunos escaparon pero los que se enfrentaron a los marroquíes fueron salvajemente torturados hasta el punto de que la estudiante Seltana Khayya perdió su ojo y otra estudiante, Sumaya Abdeddayem sufrió corte de arma blanca en el vientre. A otro chico, Abdati, le rompieron las piernas. A mí me golpearon con una porra en zonas sensibles y con una piedra en la cabeza. La policía nos torturó también en la ambulancia camino del hospital. Abdati fue llevado directamente a la comisaría, donde fue de nuevo torturado y arrojado a una celda sin ninguna atención médica. No nos medicaron, simplemente nos torturaron. Cuando Seltana pidió a su verdugo que parase, que no podía soportar el inmenso dolor en su ojo arrancado, él la golpeó en el otro ojo y nos amenazó con quemarnos vivas.
Llegamos al hospital en un terrible estado, rodeado de fuerzas policiales, nos tiraban del pelo, nos escupieron, nos insultaron y nos abofetearon. El doctor se limitó a auscultarnos por encima para comprobar si teníamos algo roto y vendó el ojo de Sultana. Entonces la policía nos metió a las tres un coche, donde abusaron sexualmente de nosotras y nos torturaron psicológicamente.
Llegamos a la comisaría en Jamea Lefna, donde nos interrogaron, a pesar de nuestra horrible situación, en especial la de Seltana, cuyo ojo no dejaba de sangrar. Yo les supliqué que llevaran a Seltana al hospital, ella sangraba entre mis manos y gemía de dolor. Ellos ni se inmutaron. Entonces, después de horas de sufrimiento, vinieron para llevársela al hospital, pero en realidad la raptaron. La policía nos llamó de una en una para interrogarnos, pero se limitaron a humillarnos. No nos preguntaron nada relevante, nos insultaron y escupieron. Finalmente nos pusieron un número y nos hicieron fotos, diciendo "jódete".
Apenas nos podíamos mover. Nos liberaron el 10 de mayo. La policía nos siguió para saber dónde vivíamos. Nuestras casas se convirtieron en barracones militares. Seltana fue torturada de Nuevo en la ambulancia por el mismo verdugo y después la arrojaron en una habitación vacía de un desolado hospital. La obligaron a firmar cientos de papeles bajo presión. Tuvo una pésima intervención quirúrgica. perdió su ojo para siempre. La policía la vigila continuamente.
Las fuerzas marroquíes torturaron a cientos de estudiantes saharauis cuando irrumpieron en el distrito de la universidad, abusaron sexualmente de algunas estudiantes y arrestaron a muchos saharauis. La mayoría de ellos fueron liberados después de ser torturados y 6 de ellos fueron arrestados. Los nombres son Rachid Bennou, Dah Mbairik, Aziz Ayt Yousef, Fattah Aydasyya, Mahmoud Lenkitni y un estudiante marroquí cuyo nombre desconozco.
El 11 de mayo estudiantes Saharauis se manifestaron y protestaron por lo que nos habían hecho. Eran apenas 20 estudiantes contra miles de fuerzas marroquíes que les rodeaban.
En Casablanca:
Sucesos parecidos por las mismas razones. El 11 de mayo se manifestaron estudiantes saharauis en apoyo a nosotras. Por la tarde, las fuerzas marroquíes rodearon el distrito de la Universidad, mientras estudiantes racistas marroquíes armados irrumpieron en los cuartos de los estudiantes saharauis y les golpearon, destruyéndolo y robándolo todo. Dispersaron a los estudiantes Saharauis y 7 de ellos están malheridos en el hospital. El nombre de 3 de ellos es Swelam Lerzal, que fue quemado vivo, Cherkawi Yusef, que fue duramente gopeado en cabeza, brazos y piernas, y Baiban MohamedAli. Omar Sayeh fue herido con un cuchillo, la policía le torturó durante el trayecto en ambulancia y fue arrojado a una celda sin tratamiento médico.
En Rabat:
Continúan las protestas de estudiantes saharauis.
Hemos perdido nuestros estudios, han pasado los exámenes y la mayoría de nosotros hemos perdido nuestra documentación, no tenemos por tanto posibilidad de marcharnos. Y Seltana ha perdido su ojo.
Esta es la política continua de Marruecos con los estudiantes Saharauis en época de exámenes, para que no estudiemos, no nos formemos, ignorando sus derechos y responsabilidades.
Por favor, ayúdennos. las cosas cada vez están peor.
Rbab Amidan"
chuzame - Mai
28
Estado crítico do libro, e do que o sostén
Maio 28, 2007 | 4 Comments
Hoxe Miguel Anxo Fernán Vello falaba do estado crítico en que se acha o libro galego. Afirmaba a situación de auténtica desesperación en que viven algunhas editoras, heroicas promotoras dos xéneros menos lucrativos e non por iso menos necesarios, ante a desidia institucional por fornecer o mundo editorial dun auténtico apoio. E citaba feitos concretos: o empréstimo dos libros escolares e a ausencia de adquisición de exemplares polas bibliotecas públicas nas datas esperadas. Desde logo, concordamos en que nunha situación delicada como a dos bens culturais galegos non se deben manipular os seus sistemas sen unha prudencia máxima, sen ter sempre moi presente que a alteración de calquera elemento pode producir erros irreparábeis. Non se debe facer unha política simplemente ”moderna”, pois o fin non é facernos correr para apañar o tren da modernidade que aínda non desapareceu no horizonte. Actualizarnos sen demora non é unha prioridade, se aínda non tivemos tempo para saber en que dirección nos convén emprender a viaxe da modernidade.
Moito atraso levamos ao lombo, é certo. E hoxe podemos presupor, felizmente, que nos libramos un pouco máis do lastro que nos impide avanzar. Vémonos con vontade, con creatividade e talvez non nos demoramos a reflectir coa profundidade necesaria. A urxencia que en nós se creou en tantos anos de frustracións nos empurra a tanto! Mais non é suficiente querer e poder, como antes pensábamos. É preciso tamén saber. E para saber hai que identificar as necesidades, valorizalas, estimar os recursos, planificar as accións correctoras, levalas a termo nos prazos previstos e revisar os resultados. Un control da cualidade da política cultural é necesaria. Non é máis que unha nova forma para un procedimento antigo: traballar "con tino".
Por outro lado, o sistema de empréstimo de libros non aniquila a industria editorial doutros países. A demora das bibliotecas na adquisición dos volumes tampouco. Que nos sucede entón? Será que temos... ou que non temos o que afirmamos ter? Ninguén debe pretender a estas alturas sorprendernos demasiado con novos argumentos, non lles parece? Eu pregúntome por que non nos sentamos a falar do que na realidade temos, do que podemos cultivar para ter e do que se precisa para atinxir eses obxectivos. O noso destino como pobo é ofrecer ao mundo aquilo no que somos mellores que ninguén. Aquilo que nos fai ser o que somos, e que nos ten que estar a ofrecer a chave do futuro. Porque todos os pobos, como todos os individuos, teñen a chave do seu futuro no bolso da chaqueta. Mais a nosa chave, señores e señoras da política, a que abre a confortábel casa que soñamos, hai que procurala co convencemento e coa atitude precisos. As copias de chaves alleas non abrirán a nosa porta.
Vexo, teño que admitir, intencións louvábeis. Algúns logros importantes, até. Mais a verdadeira saída do foxo que nos obriga a camiñar en círculo vén da cima. Temos que erguer a cabeza e ollar para o ceu. Con grandes pretensións, con toda a ambición. Non temos máis a perder. Temos todo por diante. Porén, non é hora de malbaratar o tempo nen os recursos, e moito menos de xogar entre nós ao despiste.
Revisión 29/05/07:
"Ademais, o estudo recolle unha serie de "peculiaridades" do mercado editorial galego que o o fan "especialmente sensible" a medidas "desestabilizadoras" como o sistema de empréstito. Entre as particularidades do sistema galego destacan o "reducido" número de alumnos matriculados no sistema educativo obrigatorio que descendeu dun 6,03% respecto ao total español no curso 1999-2000 ao 5,20% en 2005-2006.
Ademais, incidiron na "baixa implantación" da lingua galega nas materias do ensino obrigatorio xa que "só" o 50% dos centros cumpren a normativa que rexe ese aspecto e subliñaron que unicamente nun de cada tres centros disponse do material didáctico "adecuado" en lingua galega.
Neste sentido, o presidente da AGE, Alfonso García Sanmartín, destacou que "a situación é máis grave" do que esperaban e reprochou aos políticos a "improvisación e a ignorancia" coa que se poñen en marcha medidas deste tipo "sen contar, moitas veces, cunha base de partida sólida", concluíu." (Europa Press)
chuzame - Mai
17
María Mariño: unha homenaxe de bairro
Maio 17, 2007 | 2 Comments
Moitos son os eventos do Día das Letras, grandes actos institucionais e seccións específicas dos medios de comunicación que procuran a máxima proxección da figura homenaxeada. Mais hai tamén homenaxes de pequeno formato, actos sensíbeis e humildes que denotan o interese por cultivar as boas relacións no trato diario, veciñal e por veces persoal. Un destes casos é a sinxela homenaxe que a Libraría AZETA (vaia, que curioso: se son os Pelachos os que aparecen n
a fotografía!) do noso bairro quixo facer estes días a María Mariño e coa que tivemos a honra de colaborar: a elaboración nun cariñoso presente aos clientes de todos os días. Os consumidores do papel de xornal, do pequeno gasto diario, do saúdo que pinga sen cesar ao longo de todo o ano.
Só se trata dunha pequena publicación de ocasión, editada cos medios dunha pequena libraría de bairro que hai apenas un ano non
pasaba de quiosque: algunhas fotos de María Mariño, uns datos sobre a escritora, as opinións dalgúns dos clientes-amigos da libraría, dous poemas mariano-mariñáns, a lista completa dos homenaxeados no Día das Letras, as novidades editoriais e un par de ofertas vencelladas á letrada celebración.
Máis de cincocentos opúsculos foron repartidos entre os clientes desde o pasado fin de semana. Era curioso comprobar a satisfacción que se deseñaba na face
da maioría da xente cando era presenteada con esta modestísima publicación. Resultaba evidente que a xente se sentía moi honrada de que pensasen nela de modo tan persoal, através dun xesto que significaba facer descender a máis polida cultura ás súas comúns mans de cidadán sen nome. A poetisa do ano (e digo poetisa e non poeta "para non lle tirar o sexo", como exixía a grande Natália Correia) era considerada digna veciña de todas as casas. A aposta da libraría
do bairro era en definitiva asumir que estes contidos culturais en galego eran do interese dos clientes, sen pretensións, sen ningún preconcepto, con naturalidade. Un xesto xeneroso que consiste e ofrecer letras, as nosas letras á nosa xente. Un xesto intelixente para un comercio pequeno, con interese en personalizar o servizo e dar personalidade á súa oferta.
Este sábado, por exemplo, contemplei como un rapaz espelido de seis anos
divulgaba o folleto. Víñamos da Azeta e traíamos aínda quentes os primeiros exemplares cando o Pelacho apañou un e mostroullo a unha rapariga que agardaba diante d'O Corte Inglés. Ela inmediatamente se interesou polo que lle mostraba: "Ah, qué bien, no sabía aún a quien le dedicaban el Día das Letras Galegas. Gracias", e xa me vin dicíndolle ao Pelacho que lle podía regalar aquel folleto porque tiñamos máis.
Experiencias como esta fanme reflectir sobre a visión negativa que tantas veces temos da situación cultural galega. Que temos creatividade resulta patente, mais posuíla e aproveitala ben non son necesariamente a mesma cousa. Creo que debemos acreditar en Nós, mais tamén asumirmos que debemos poñernos dunha vez a dedicar os recursos profesionais necesarios para facer as cousas ben. A Cultur.gal foi un bon exemplo disto. Estou certo que moitas das
boas ideas que alí se concretizaron naceron do pouco tempo e do esforzo tamaño dalgunha xente consciente. Mais aínda fica moito por facer, ou mellor, case todo: a grande feira da cultura na Galiza.
No Día da Letras Galegas e da Internet, vaian os mellores desexos para todos os axentes culturais do país. Cultivemos sen medo, con todo o amor, o esforzo e o talento de que somos capaces a semente que hoxe temos na man. Non temos máis responsabilidade, nin menos.
Revisión 18/05/207: o 17 de maio tamén é o Día mundial da loita contra a homofobia. Cando a cultura galega atinxa o lugar que lle corresponda, e a súa literatura non precise xa dun día ao ano para reivindicarmos a restitución do seu valor no país, hei de propor mudar o Día das Letras Galegas polo Día da loita contra a homoxeneización cultural, en que se celebre o respecto pola diversidade cultural.
chuzame -






