Máis información na web da Real Academia Galega.

Chuzame! chuzame -

Baixo o título de "Literatura e mercado: unha reflexión complexa" o xoves pasado participei nunha mesa redonda do IV Simposio o libro e a lectura: libro e mercado, organizado pola Asociación Galega de Editores e desenvolvido nas instalacións centrais do Consello da Cultura Galega, en Compostela. Compartín mesa con Xurxo Borrazás, Inma López Silva e Francisco Macías, este último actuando como moderador. Non tiña o pracer de coñecelos persoalmente, polo que ter esa oportunidade foi para min un motivo de celebración.

Inma deixou ben claro desde o principio algo que algunha xente non asume, ou non sabe asumir por falta de coñecemento, mostrándose en ocasións "contra o sistema" mentres obedecen as exixencias do mercado: que sistema literario e mercado literario son a mesma cousa. Tamén afirmou que a crítica non se implica suficientemente nas valoracións, que a promoción literaria se realiza con criterios caprichosos e que a afirmación de que é máis ruinoso publicar teatro que poesía é unha das falacias dos editores.

Chuzame! chuzame -

O día 24 de outubro Xavier Alcalá participou como escritor convidado na inauguración n' A Coruña do segundo ciclo de conferencias "Escritores na Universidade" organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega coa colaboración das tres universidades galegas. Presentou o acto o reitor José María Barja e a seguir interviron a decana da Facultade de Filoloxía Teresa López e o directivo da AELG Henrique Rabuñal, todos se felicitando do inicio dun ciclo que pretende aproximar os escritores galegos dos alunos universitarios.

Alcalá fixo gala da súa sempiterna xuventude. Non só demostrando que permanece no seu espírito a mesma capacidade de reflexión e ansia de mellora persoal —así como do sistema literario— que o caracteriza desde hai máis de vinte anos (atrévanse os cerebros novos máis críticos a ler Tertulia (1985), "e verán o que verán"), senón tamén anunciando que está disposto a pór toda carne na grella da era das comunicacións. Para a divulgación da súa obra e exemplo perene perante as atitudes máis dubitativas, medoñas ou declaradamente pesimistas.

Chuzame! chuzame -

Onte iniciamos as I Xornadas Virtuais de Literatura, un proxecto ideado e polido con moita intención que foi con rotundidade apoiado por unha Asociación de Escritores en Lingua Galega decididamente lanzada ao aproveitamento eficaz dos recursos electrónicos para a divulgación da Literatura, aquela que trascende sobradamente os papeis e mesmo as letras para fundirse no inabarcábel magma da cultura, ese magma do saber que todas formas adopta, e que luz e calor fornece sen cesar como caldo nuclear do pensamento.

Chuzame! chuzame -

No dia 19 presentámonos coa cámara ás costas na primeira edición do Galeguía, xornadas que neste ano foron dedicadas a unha sentida fraternidade coa cultura de Cabo Verde. O evento, con responsabilidade da Fundación Via Galego, o venres ofreceu n' A Coruña unha mesa redonda sobre literatura e lusofonía e un recital de poemas caboverdianos e galegos, con presenza de Felisa Rodrigues (profesora de literaturas africanas en lingua portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela), Xavier Alcalá (escritor), Carlos Quiroga (escritor), Germano Almeida (escritor cabo-verdiano) e José Vicente Lopes (escritor e xornalista cabo-verdiano); no recital participaron Yolanda Castaño, María Lado, Lucía Aldao, Enma Couceiro e Xavier Vásquez Freire.

Chuzame! chuzame -

Hai tempo que percibimos novas necesidades culturais no país. É algo capaz de ter a ver con exixencias de máis amplo espectro, e que teñen tamén unha manifestación no ámbito artístico e literario. Até agora vivimos entre o que sempre funcionou, o que nos negaban e "resistía heroicamente" e os sólidos poderes que impedían un novo florecemento. Mais o novo florecemento ten que darse, apesar dos lastros de antaño que caen xa para o fundo e os "heroicos resistentes" que permanecen en activo con esquemas en ocasións desfasados. Desfasados aínda que meritorios, e aos cais debemos respecto e recoñecemento, mais que non podemos agardar que nos acompañen en paralelo ao ritmo que exixen as novas sinerxias.

Chuzame! chuzame -

No noso país xa non é novidade a aparición de obras enteiras na rede. Podemos lembrar a aparición de editoras exclusivamente dedicadas ao formato dixital como Edicións da Rotonda (Carlos G. Meixide) ou proxectos que se apoiaron na rede para maior difusión de obras inicialmente publicadas en papel, como Os cadernos de Azertyuiop (François Davó, Tati Mancebo, Xavier Marotte, Roger Colom, Pedro Casteleiro, Amadeu Baptista, Mário Herrero, Dulce Fernández, Alfredo Ferreiro), para alén doutras portuguesas en que xa tantos galegos publicaron á vontade, como a Arcos Digital (Mário Herrero, Concha Roussia, Alberte Momán).

En datas recentes María Lado ofrece o poemario Berlín tanto recitado por ela mesma e musicado por Fanny+Alexander en mp3 (26 MB) canto en formato PDF, aproveitando a albergaría d' A regueifa plataforma. Alberte Momán, por súa parte, pon na mesa pública a súa última obra narrativa, O alento da musa (Difusora de Letras, Artes e Ideas), xunto co caderno de poesía Déixanse levar.

Chuzame! chuzame -

p1010003.jpg

Moitos son os eventos do Día das Letras, grandes actos institucionais e seccións específicas dos medios de comunicación que procuran a máxima proxección da figura homenaxeada. Mais hai tamén homenaxes de pequeno formato, actos sensíbeis e humildes que denotan o interese por cultivar as boas relacións no trato diario, veciñal e por veces persoal. Un destes casos é a sinxela homenaxe que a Libraría AZETA (vaia, que curioso: se son os Pelachos os que aparecen np10100023.jpga fotografía!) do noso bairro quixo facer estes días a María Mariño e coa que tivemos a honra de colaborar: a elaboración nun cariñoso presente aos clientes de todos os días. Os consumidores do papel de xornal, do pequeno gasto diario, do saúdo que pinga sen cesar ao longo de todo o ano.

Só se trata dunha pequena publicación de ocasión, editada cos medios dunha pequena libraría de bairro que hai apenas un ano non p1010004.jpgpasaba de quiosque: algunhas fotos de María Mariño, uns datos sobre a escritora, as opinións dalgúns dos clientes-amigos da libraría, dous poemas mariano-mariñáns, a lista completa dos homenaxeados no Día das Letras, as novidades editoriais e un par de ofertas vencelladas á letrada celebración.

Máis de cincocentos opúsculos foron repartidos entre os clientes desde o pasado fin de semana. Era curioso comprobar a satisfacción que se deseñaba na face p1010005.jpgda maioría da xente cando era presenteada con esta modestísima publicación. Resultaba evidente que a xente se sentía moi honrada de que pensasen nela de modo tan persoal, através dun xesto que significaba facer descender a máis polida cultura ás súas comúns mans de cidadán sen nome. A poetisa do ano (e digo poetisa e non poeta "para non lle tirar o sexo", como exixía a grande Natália Correia) era considerada digna veciña de todas as casas. A aposta da libraría p1010006.jpgdo bairro era en definitiva asumir que estes contidos culturais en galego eran do interese dos clientes, sen pretensións, sen ningún preconcepto, con naturalidade. Un xesto xeneroso que consiste e ofrecer letras, as nosas letras á nosa xente. Un xesto intelixente para un comercio pequeno, con interese en personalizar o servizo e dar personalidade á súa oferta.

Este sábado, por exemplo, contemplei como un rapaz espelido de seis anos p1010007.jpgdivulgaba o folleto. Víñamos da Azeta e traíamos aínda quentes os primeiros exemplares cando o Pelacho apañou un e mostroullo a unha rapariga que agardaba diante d'O Corte Inglés. Ela inmediatamente se interesou polo que lle mostraba: "Ah, qué bien, no sabía aún a quien le dedicaban el Día das Letras Galegas. Gracias", e xa me vin dicíndolle ao Pelacho que lle podía regalar aquel folleto porque tiñamos máis.

p1010008.jpgExperiencias como esta fanme reflectir sobre a visión negativa que tantas veces temos da situación cultural galega. Que temos creatividade resulta patente, mais posuíla e aproveitala ben non son necesariamente a mesma cousa. Creo que debemos acreditar en Nós, mais tamén asumirmos que debemos poñernos dunha vez a dedicar os recursos profesionais necesarios para facer as cousas ben. A Cultur.gal foi un bon exemplo disto. Estou certo que moitas das p1010009.jpgboas ideas que alí se concretizaron naceron do pouco tempo e do esforzo tamaño dalgunha xente consciente. Mais aínda fica moito por facer, ou mellor, case todo: a grande feira da cultura na Galiza.

No Día da Letras Galegas e da Internet, vaian os mellores desexos para todos os axentes culturais do país. Cultivemos sen medo, con todo o amor, o esforzo e o talento de que somos capaces a semente que hoxe temos na man. Non temos máis responsabilidade, nin menos.

Revisión 18/05/207: o 17 de maio tamén é o Día mundial da loita contra a homofobia. Cando a cultura galega atinxa o lugar que lle corresponda, e a súa literatura non precise xa dun día ao ano para reivindicarmos a restitución do seu valor no país, hei de propor mudar o Día das Letras Galegas polo Día da loita contra a homoxeneización cultural, en que se celebre o respecto pola diversidade cultural.

Chuzame! chuzame -

Écrive qui voudra, chacun à ce métier

Peut perdre impunément de l’encre et du papier

Un roman, sans blesser les lois ni la coutume,

Peut conduire un héros au dixième volume.

(de Le libraire au lecteur, Boileau: Satires, IX, 68, 1660)

Talvez seja o detalhe de eu nascer numa família de contáveis que faz que as minhas metáforas culturais primeiras e moral básica se estruturem em livros pautados, raias vermelhas e partidas que têm a ver com o “deve” e o “haver”.

E se a números imos no mundo editorial e cultural galego, a mim, por muitas voltas, as contas me não saem. Os autores queixam-se de não poderem viver do que escrevem. O publico de que não há qualidade. E os editores laiam-se de serem mecenas e apenas sobreviverem.

Livros, de Van GoghEstamos fartos de escuitar que o público leitor na Galiza é, por problemas estruturais e históricos de alfabetização e recursos, minguado. Raro em galego ainda que mais exigente. Escasso e um pouco mais consumista em castelhano. E, de dez anos a esta parte, nascente e mui interativo em português.

A produção, porém, de títulos, quanto de autores a escreverem aumenta de ano em ano. Cada vez é que se escreve e traduz mais para galego. Mas, não é logo em proporção ao mercado, nem em previsão de consumo e menos de apostas de futuro ou atendendo propostas factíveis de normalização. E ainda, como se de companhias teatrais ou cinema tratarmos, ameaçam o futuro novas editoras, autores e títulos.

As instituições não pensam realmente em campanhas para criar o público em galego, pois para isso seria precisa uma maciça re-alfabetização de adultos e uma séria reforma do sistema escolar. Ergo, há que contar com o que há.

Se minha geração (ponhamos 1965-1975) é a mais longa e à vez a mais leitora e escritora em galego das que nunca houve, e atendendo a pirâmide populacional, isto quer dizer que a ponta estatística de público potencial pouco mais vai aumentar nos vindouros vinte anos. É justo agora ou em 5-8 anos quando ao nosso consumo engadamos o dos nossos filhos, o momento de pensarmos estratégias.

Chuzame! chuzame -