Ago
3
Entrevista de Galicia-Hoxe.com a Luis G. Tosar (1952): «[...]- ¿Viven as letras galegas ese esplendor do que tanto se fala?
- Non exactamente. Hoxe faise boa literatura en galego, pero non todos os que escriben en galego acadan o nivel de coñecemento e enraizamento da lingua que se lle esixe a calquera escritor doutro idioma. Ser escritor hoxe en Galicia resulta relativamente fácil. Hai moitas voces, pero a maior parte delas, desgrazadamente, descoñecen o cerne da lingua, a súa alma, o xenio da palabra. Claro que, para que haxa unha boa obra en calquera xénero, non só non abonda con que a obra estea ben escrita, porque unha cousa é a literatura e outra moi distinta a escrita. E, precisamente, ese carácter vangardista que debe ter toda a literatura permite que algúns e algunhas queiran darnos gato por lebre.
chuzame - Xull
27
Harry Potter foi traducido en tres días
Xullo 27, 2007 | 3 Comments
En só tres días desde a súa publicación en inglés apareceron na rede traducións do derradeiro Harry Potter ao portugués do Brasil e a castelán, froito do traballo de dous grupos de internautas ben organizados. Mercaron as copias necesarias, escanearon todas as súas páxinas, repartiron os arquivos para a súa tradución e puxéronos á disposición dos lectores en tempo récord. O portal brasileiro xa foi pechado mais a tradución castelá segue a ser descargada por curiosos impacientes que non esperan unha tradución literaria de calidade profesional senón só información sen formato.
chuzame - Xun
20
“Punver”, por Yolanda Castaño
Xuño 20, 2007 | Leave a Comment
Estivemos este sábado pasado na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil d' A Coruña. Nun día de chuvia como aquel o propio era ter unha desculpa para non pasar todo o día na casa, e nada mellor que a presentación dun libro infantil para acudirmos toda a familia
chuzame - Xun
5
lepourquoipas, nova editora coruñesa
Xuño 5, 2007 | 7 Comments
Esta es mi gente
Inventos y anécdotas de 46 mentes prodigiosas
Ramón Núñez Centella
"Espero que los lectores disfruten con las conexiones entre ciencia y cultura: entre Guillermo de Occam y la novela El nombre de la rosa, o entre Francis Bacon y la película Shakespeare in love." (Do prólogo de José Manuel Sánchez Ron, da Real Academia Española)
Este é o primeiro libro da nova editora coruñesa lepourquoipas, proxecto de edición en que o noso amigo Óscar Sánchez está involucrado. O nome da editora responde á vontade de apertura mental e ansia de coñecemento que con frecuencia os espíritos autocensurados pretenden aniquilar, como necesaria xustificación da súa pobreza vital; actitude que é preciso contestar coa enérxica voz da creatividade e o desexo de partillar experiencias reais. É esta reacción positiva, esta necesidade de saber para ser máis libre, a que alimenta este proxecto, tal como se expresa no nacemento da frase que lle dá nome:
"Desde niño, Jean-Baptiste Charcot sentía verdadera pasión por los grandes barcos. Estaba fascinado por la navegación, por las travesías marítimas que aún en aquel tiempo, la segunda mitad del siglo XIX, hacían más preciso y completo el conocimiento de nuestro planeta. El mar era un mundo ajeno a su familia; su padre, Jean-Martin Charcot, era un notable médico que se erigió en uno de los fundadores de la neurología moderna. Pero la falta de tradición familiar no impedía que cuando le preguntaban a Jean-Baptiste qué quería ser de mayor él respondiese sistemáticamente la misma palabra: marino. Y cuando alguien le hacía notar las dificultades que entrañaba su deseo, él añadía un rotundo “Pourquoi-pas?”. ¿Por qué no?"
Este 6 de xuño terá lugar a presentación de Esta es mi gente ás 12:30 no Instituto Cervantes (Madrid), lugar en que o autor Ramón Núñez firmará exemplares. Máis tarde, ás 19:00 horas estará na Feria do Libro de Madrid. O venres 8 de xuño poderemos atopalo ás 19:00 na Libraría Arenas d'A Coruña.
chuzame - Mai
14
Iº Concurso de microrrelatos LEMOSGALEGO
Maio 14, 2007 | Leave a Comment
Podes consultar as bases no Twitter de Lemosgalego.
Nota: Acabamos de incluír un novo apartado na barra da dereita co nome OBRAS COMENTADAS -xa hai 18- que iremos actualizando periodicamente.
chuzame - Abr
26
Foi onte nunha Sala de Xuntas austera, funcional, sen luxos nen requintamentos, totalmente acorde ao espírito do homenaxeado. A nota artística, protagonista absoluta do evento, foi a escenificación de Un anxo chamado luz, creación de Casahamlet para a ocasión, comandada por Manuel Lourenzo. Alí, declamaron obras queridas polo profesor e traballos escritos por este. O fruto que a súa sensibilidade ofreceu á comunidade foi mostrado con mestría e amor polas xentes do teatro.
Outras cousas sábeas cada quen. Como que promoveu o primeiro recital poético en que participei, hai xa dezanove anos, xunto con Xavier Seoane e Pilar Pallarés, na sala Fonseca da Coruña. A ocasión requería que preparara uns textos propios. Procurara a inspiración a camiñar por detrás do Campo do Castro, á beira do río Barcés, na vila de Carral onde vivía. Textos telúricos, claro, pretendida sublimación da natureza e do amor, auténtica chuvia sentimental con poucos aditivos. Son os comezos sempre así: dando un paso.
Cando hai uns meses me vin no seu funeral non puiden evitar pensar que "un dos nosos" era ido. E que moito me pesaba non ter visto nos últimos tempos os seus ollos mentres falaba de literatura.
chuzame - Feb
13
Petición de apoio do historiador Dionisio Pereira
Febreiro 13, 2007 | 5 Comments
Chéganos unha carta que Dionisio Pereira dirixe a amigos historiadores e colaboradores coa recuperación da memoria histórica en que solicita apoio tras a demanda de conciliación que diversos sucesores de cargos franquistas e de membros da Falaxe lle teñen presentado e que, segundo el mesmo anuncia, «se verá o día 15 de febreiro ás 11:00 h. no Xulgado de Paz de Cerdedo, por publicar no libro A IIª República e a Represión franquista no Concello de Cerdedo, editado en 2006 por Verbo Xido, a seguinte frase:
"Persoas sinaladas pola súa presunta participación en diversas manifestacións da represión: Angel, Luis e Manuel Gutiérrez Torres (xefe da Falange, alcalde de Cerdedo nos anos 40 e 50), Eligio e Francisco Nieto (falanxistas)...."
Tamén o fan por unha frase semellante publicada no meu traballo incluído nas Actas do Congreso da Memoria celebrado en Narón en decembro de 2003. Esixen que me retracte, que publique esa retractación nos mesmos medios nos que foron escritas as frases devanditas e que acepte unha indemnización polos danos e prexuízos sufridos, "en la contía que se determinará en el momento procesal oportuno".
Como é evidente, eu nin podo nin quero retractarme, posto que esas persoas foron sinaladas por numerosas fontes orais como participantes nunha represión na que se pasearon a sete veciños, houbo malleiras, multas, roubos, detencións e humillacións se taxa, etc. etc. Non podo, pois, por que non podo faltar á verdade, e porque tamén está en xogo a dignidade das vítimas. [...] Non podo implicar nesa situación tan desagradable a persoas de máis de 80 anos, que confiaron en min e que xa saben o que foi a represión fascista porque aturaron con ela na súa mocidade. Algúns, ademais, son familiares directos dos asasinados.
En conclusión, está en xogo a liberdade de expresión e o mantemento per secula seculorum da impunidade dos agresores, asumida hoxe en día polos seus descendentes. A maiores, aqueles que se beneficiaron do franquismo, pretenden seguir facéndoo en retrospectiva.
Entendo, pois, que isto soborda a cuestión persoal, e debera ser tomado en conta xunto con outros "incidentes" similares que están a acontecer (no Grove e en Cambados, por exemplo), por todas aquelas persoas e entidades que vimos traballando na recuperación da memoria da represión franquista, e, se é posíbel, darlles unha resposta colectiva.»
Segundo parece, son varios os casos en que se sospeita unha manobra que pretende obstaculizar as actividades de historiadores e colectivos comprometidos co desvendamento dos crimes cometidos polos represores da dictadura.
Xunta o historiador á carta un texto en que se solicita se lle manifeste apoio através dos enderezos:
PS (16/02/2007): Dionisio Pereira recibe abondosos apoios nacionais e internacionais.
chuzame - Xan
7
Sobre a crítica literaria
Xaneiro 7, 2007 | 1 Comment

“Manuel Bragado Rodríguez (Director de Edicións Xerais de Galicia), Fidel López Criado (Profesor Titular de la Universidad de La Coruña), Xavier Seoane (Profesor y escritor, reciente ganador del Premio Espiral Maior) y Cesáreo Sánchez Iglesias (Poeta y Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega) analizan uno de los temas menos mediáticos pero más comentados en los corrillos literarios de las cuatro provincias gallegas.” [...]
“A la hora de calificar la crítica literaria en los mismos términos en los que habitualmente se califican los libros (mejorable, correcta, buena o muy buena), la mayoría de los expertos están casi de acuerdo: la cosa es indudablemente mejorable.” [...]
“Para algunos, como Manuel Bragado, director de Ediciones Xerais, el problema se debe a «falta de espazos para publicar os traballos», mientras que para otros, como es el caso de Xavier Seoane, el problema es mucho más grave: «Bótase de menos unha maior profundidade nas análises —dice—. A cultura literaria de moitos críticos non é por veces suficiente. Algúns cubren demasiadas áreas. Incluso hai reseñas críticas, e non precisamente poucas, que evidencian ás claras que non se leu o libro a comentar máis que pola lapela. Vénse en exceso influídos por un zeit geist en exceso presentista, con falta, en moitos casos, dunha acaída perspectiva máis ampla».” [...]
“Por otro lado van las opiniones más positivas, como la de Cesáreo Sánchez, poeta y presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, que asegura que la crítica literaria galega «é unha boa critica, filla dunha longa e fértil tradición». «Creo sinceramente —dijo—, que mellorará a súa percepción social, cando actúe como colectivo como unha parte mais do sistema literario con reflexións fillas duns mínimos de consenso. A actual situación de fragmentación sexa desde a universidade, desde o ensino medio ou desde a prensa escrita ou audiovisual etc. non fai xustiza coa súa importancia real. Ter unha boa critica, significa conseguir os graos mais altos de normalidade para calquera cultura».” [...]
“Todos los expertos coincidieron en que un buen crítico debe ser culto, independiente y objetivo.” [...]
“La conclusión a la que parecen llegar los expertos es que la crítica literaria que se hace en Galicia sí influye. Es una crítica mejorable, pero influyente. Una crítica que debería realizarse con objetividad e independencia.” [...] “Letras en estado crítico”, reportaxe asinada por Pedro A. Ramos García no suplemento Culturas de La Voz de Galicia.
Parece, segundo estas opinións, que a crítica literaria galega é mellorábel e non destaca pola altura cultural dos críticos, nin pola súa independencia nin pola súa obxectividade. E non parece de estrañar, realmente, porque non creo que exista ningún galego que en cousa algunha do mundo cultural se mova cunha valoración obxectiva do seu traballo, unha clara independencia de ideas e unha altura cultural que non tema parecer pretensiosa. Non, isto non o coñezo, e seméllame máis espírito emprendedor “aglosaxón” que “suevo”. Mais non digo que non faga moita falta nesta sociedade unha maior amplitude de actitudes neste sentido.
Porén, se imos ao centro do problema da elaboración da crítica, a dificultade apunta á calidade do contido no sentido do que se di e de como se di. En palabras de Barry Schwabsky, traducido por Paseante extranjero:
"¿Cómo puede uno cumplir con la labor del crítico— que es, digamos, la de un espectador aplicado— cuando la variedad de tradiciones y referencias que los artistas pueden llegar a utilizar es tan amplia que ningún individuo podría llegar a conocerlas todas? ¿Cúando resulta aceptable no sólo carecer de familiaridad con las referencias de un artista, sino ni siquiera ser conciente de ellas?"
Do que se trata, diría eu, é de facer uso de certa sensibilidade para poder tirar das obras cuestións que sensatamente se atopen nelas, vinculalas ao seu desenvolvemento nas mesmas e paralelamente a outros espazos vitais, e apresentar todo con limpeza de ideas e calidade formal. Porque o escrito, como dicía Italo Calvino, se é fermoso é máis verdadeiro.
chuzame - Xan
3
Os mellores desexos para 2007
Xaneiro 3, 2007 | 3 Comments

Hugo von Hofmannsthal (1874-1929): “Cada época ten a súa propia sentimentalidade, a súa maneira de ampliar en exceso certas camadas do sentir. A sentimentalidade do presente é egoísta e insensíbel: non esaxera os sentimentos do amor, mais si o sentimento do eu.”
Cando topei con esta cita pensei que un século de tecnoloxía non tiña curado a ferida principal dunha época. Aquí estamos onde alí estabamos. Porén, implícito aparece o remedio para o mal.
O levantador de minas desexa a todos un 2007 pleno de amor. O resto vén dado!
chuzame - Xan
3
Lusofonías XII e XIII
Xaneiro 3, 2007 | Leave a Comment
AP9-A3, a designación das autoestradas que unen Compostela e o Porto, constitúen o nome da exposición que un grupo de artistas galegos inauguraron na Galería Sargadelos o 28 de decembro, e que recolle grande parte das obras expostas no mes de maio no espazo “Maus hábitos” da cidade portuguesa. Graffiti, videocreación, pintura, fotografía, montaxes audiovisuais “pretenden facer máis pequena a distancia entre Galicia e Portugal”. Galicia Hoxe.
A CIG entra a facer parte, como membro observador, da CSPLP, organización internacional sindical da lusofonía. Tempo Sindical, nº 54.
chuzame -




