Mañá, xoves 14 de febreiro, no Centro On de Caixa Galicia da Coruña (Cantón Pequeno, 9-11), ás 19:30 horas, tentarei deseñar na caverna habilitada por Estíbaliz Espinosa o blogue O levantador de minas como se de un bisonte se tratase.

A. F.

Chuzame! chuzame -

Feliz ano 2008

Decembro 31, 2007 | 2 Comments

Do amigo Xosé Luís Martínez Pereiro chéganos este postal, para a reflexión sobre o que somos e o que queremos mellorar.

Chuzame! chuzame -

Bon Nadal - Feliz 2008

Decembro 29, 2007 | 2 Comments

Estes días unha man misteriosa puxo na nosa caixa dos correos ordinarios unha felicitación anónima. A desexos tan positivos nen é preciso procurarlles autoría. Basta con contribuír á súa divulgación, a modo de espello reflectante que a todos ilumine:

OLdM

Chuzame! chuzame -

tonga_nativa.jpg

Este é o novo deseño co que se vestirá a partir de agora O levantador de minas. Pode que esta mudaza só teña nacido dun simples impulso, mais o caso é que unha mudanza hai tempo que se estaba a xestar nos corpiños serpentinos dos nosos miolos.
As posibilidades formais reducíanse basicamente a dúas: a) evoluír para un aumento da información nunha primeira vista de ollos, ofrecendo un escaparate miscelánico que aproximaría o blogue dunha revista convencional; b) voltar ás orixes dos blogues e presentar un formato de diario de rota polos mundos da literatura, neste caso a varios pares de mans. Isto foi o escollido, coa intención de dar a máxima relevancia ás plumas dos nosos colaboradores.
Así as cousas, a ocasión merecía apostarmos por un estilo case minimalista. Esperamos que gusten.

Chuzame! chuzame -

Propomos para este día, resaca de lumes internos e externos, o lavado ritual da face con este texto que nos envía François Davó, grande poeta, crítico perspicaz e temperado intelectual que temos a honra de contar entre os amigos. Desde hoxe, máis un valioso colaborador d' O levantador de minas.

[Dende un bosque preto de Domme, ao pé de covas habitadas na prehistoria, na beira do río Dordogne, François Augiéras observa os preparativos da noite de San Xoán.]

O crepúsculo loita e sae victorioso contra a feble noite. (…) O mundo é máis fermoso que de costume. Os Humanos non o ven, tan ocupados en edificar nunha praza unha fogueira, coa alegría dos verdugos preparando autos de xustiza. E como van estar ledos, tan covardes como son? Dende os bairros chega un rumor como de 14 de xullo; axiña un sacerdote virá abenzoar, santificar, tolerar… unha discreta festa en honor ao apoxeo das Forzas do mundo.

Chuzame! chuzame -

N'O levantador de minas estamos de parabéns. O que foi un proxecto individual que naceu en Marzo de 2006 con aquel primeiro post "indixenista" titulado A beleza reclama o seu lugar, e que facía referencia a un desexo íntimo de mostrar o que de máis positivo posuímos no terreo da estética e do pensamento escritos, hoxe conta xa con varias plumas rexidas por inmensos corazóns e perspicaces cerebros. Entre eles, o último colaborador incorporado: Ernesto Vázquez Souza. Un historiador inusual, coa sensibilidade dun poeta e o discurso dun ourive.

A beleza reclama o seu lugar sempre. O lugar desde o que preside o mundo cando o amor é o alimento dos homes e a verdade a razón da súa viaxe.

Chuzame! chuzame -

island_by_ophelia_in_redpng.jpgAgradecemos a Tati Mancebo que a partir de agora se sume á nómina de colaboradores oficial d'O levantador de minas. Este modesto blogue crece, impredicibelmente, e non desexamos limitar as potencias do seu metabolismo. Son forzas espirituais as que o moven, non cabe dúbida, pois nada hai de dirección calculadora ou estratexia reflectida detrás da vontade dos que aquí escribimos. Somos amigos, escritores, xente ocupada nos varios frentes en que a vida nos obriga a gastar as horas do día, que non pode desaproveitar a oportunidade que a rede lle ofrece para divulgar estes produtos compostos de palabra e sentimento. Son forzas espirtuais as que nos moven, dicía, sendo consciente de que tal afirmación non parece destes tempos, nin dunha mente progresista, nin postmoderna. Creo que o que acontece é que nós somos un tanto tradicionais, e eu gusto de chamarlle a cada cousa polo seu nome.

Ao mesmo tempo, como os colaboradores que tan xenerosamente se teñen sumado a este proxecto non usan pseudónimo, a denominación O levantador de minas pasa a figurar unicamente como cabeceira, polo que este servidor a partir de agora tamén asinará co seu propio nome.

Chuzame! chuzame -