Mar
10
Por fin A Coruña soa como nos nosos soños!
Marzo 10, 2008 | Leave a Comment
Despois de moitas vicisitudes e dous anos de traballo, aquela creatividade que naceu nas nosas mans de axentes culturais principiantes está a dar o froito desexado. O proxecto naceu na nosa casa, sen máis fundamento que a inspiración e a confianza en que as cousas ben feitas atopan o seu momento necesariamente. Isto, claro, xunto cun coñecemento da discografía do Gran Can que o erixía no portador do talento que precisabamos para xuntar os ingredientes de arte integral, intelecto, versatilidade e un espírito que entende o popular como cerne da cultura mellor acabada. A rúa e o conservatorio de música construídos coa mesma pedra.
chuzame - Mar
3
«peticion de novelas
No me es posible colgar todas mis novelas en la red, pero quien desee alguna no tiene más que enviarme su dirección de correo electrónico y la recibirá gratuitamente siempre que sea para su uso particular. Aun no dispongo de “Tuareg”. “Icaro”, “Centauros” y alguna otra mas.
Fijado por VazquezFigueroa | Comentarios (55)»
chuzame - Feb
20
Mesa redonda sobre ilustración
Febreiro 20, 2008 | Leave a Comment
chuzame - Dec
21
Guía do ceo: presentación na FNAC da Coruña
Decembro 21, 2007 | Leave a Comment
|
![]() |
chuzame - Dec
21
Himno Galego: La Habana 1907 - A Coruña 2007
Decembro 21, 2007 | Leave a Comment
chuzame - Nov
20
De cores e de amores, de Xabier Docampo e Xosé Cobas
Novembro 20, 2007 | Leave a Comment
Onte á noitiña acudín á libraría do bairro para celebrar a iniciativa da Editorial Galaxia e El país de apoiar a divulgación da nosa literatura infantil en compañía dos creadores Xabier Docampo e Xosé Cobas, que na tal tarde de chuvia se ofrecían para asinar o volume do día: De cores e de amores. O proxecto completo implica unha colección de libros publicados por Galaxia que o xornal ofrece por 1 euro para maior proxección da súa edición "Galicia". Eu fun en representación dos Pelachos e súa nai, pois por moi perto que era o evento o horario e o frío non os permitían abeirarse para saúdar.
Así que aproveitei para sacar a cabeza fóra do tobo, latricar cos amigos e visitar máis unha vez unha libraría que se converteu nunha sorte de luminoso local social dos amigos do papel impreso. E aquí me sobrevén unha definición posíbel de literatura: a maxia duns feixes de papel que non precisan do lume para dar calor á xente.
chuzame - Out
24
O Levantador entrevista a Santiago Auserón
Outubro 24, 2007 | 13 Comments
Temos o pracer de ofrecer a entrevista que Santiago Auserón nos concedeu apenas unhas horas antes da súa actuación en Compostela coa Original Jazz Orchestra do Taller de Músics de Barcelona, no sábado 20 de outubro.
Agradecidos polo seu interese en ter unhas palabras en primeira instancia para o Blogomillo,
chuzame - Set
7
“Unha obra que reflicte todo o que se sabe de Galicia”
Setembro 7, 2007 | 2 Comments
Teño hoxe nas mans un exemplar d' A gran Historia de Galicia, obra que este domingo comezará a divulgar o xornal herculino despois de o ter anunciado durante semanas "a voz en grito". Parece unha vasta obra, rica en referencias e con pretensións de modernidade. Haberá quen diga, porque xa é unha reiteración similar á da hora do Angelus, que é unha obra necesaaaaaria. É capaz de o ser. Mais a min vénme á memoria o minúsculo debate que aquí iniciei hai uns días e síntome un bocadiño burlado: teño para min que o feito de que na altura se criticase a novela histórica era unicamente para producir un pouco de algarada no ambiente intelectual, e nada serio que se quixese argüír sobre a novela. Nada interesaba falar sobre a novela. Non sei se a estratexia foi do historiador ou do xornalista, pois co que sae nos medios nunca nada disto se sabe con facilidade, ficando todo sepultado pola falta de vontade de asumir responsabilidades. Afinal venden o mesmo. Por iso prometo non entrar a partir de agora en polémicas deste teor con tanta facilidade.
chuzame - Ago
14
Ramón Villares contra a novela histórica
Agosto 14, 2007 | 11 Comments
Ramón Villares: "A novela histórica paréceme unha mala solución a un problema. Un escritor debe, basicamente, contar o que sucede na sociedade na que vive. Cando ten que recorrer de forma sistemática ao pasado paréceme demasiada perífrase. É un modo indirecto de rexeitar o relato dos historiadores e apreciar outro. Os historiadores deberiamos tomar nota desta circunstancia". (Culturas, p. 13. Entrevista de Camilo Franco. En La Voz de Galicia, 11-08-2007)
Non me parece razoábel que a novela sexa criticada como xénero desde posicións extraliterarias. Opinións deste teor en contra da novela histórica, un subxénero estabilizado desde o século XIX, delata problemas, si, mais non no ámbito da literatura.
chuzame -







