O Mundo Secreto de Basilius Hoffman, de Fernando M. Cimadevila

Esta é unha serie que consta de dous libros: O ladrón de soños e Un faro na escuridade. O primeiro libro trata da maxia, aínda existente, das civilizacións pasadas e do poder do amor. O segundo vai por un camiño moi diferente: surrealismo, fantasía, seres do pasado e poderes ocultos do noso interior.

Gustoume máis o segundo, é de acción máis continua e case sen descanso. Sempre que rematas unha páxina non sabes que vai ocorrer na seguinte. Os personaxes son canto menos estraños: un antigo discípulo dun dos protagonistas corrompido polo inmenso poder dunha antiga reliquia, un arqueólogo que non naceu no ano dos medos, o seu sobriño (de tal tío tal sobriño), dous descendentes dunha antiga civilización chamada “ Os Antigos” que posúen unha máquina voadora semellante a un dirixible que se guía por ondas que emite un mineral chamado somium

Ambos os dous son dos libros que máis me engancharon dos moitos e moitos que lin na miña vida. É unha gran saga ben escrita e con unha boa historia. A min gustoume moito, recoméndoo.

Aquí vos deixo a ligazón da páxina oficial da saga, aínda apenas ten nada e está incompleta pero ten boa pinta. Vos días/noites e feliz primavera a todos.

Gabriel Ferreiro

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xabier Docampo presentou A illa de todas as illas nas Portas ártabras

Edicións Xerais: “A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos. Algúns mariñeiros que chegaran á illa buscando navallas volveran a terra dicindo que escoitaran voces e que viran xentes que lles falaban en todas as linguas do mundo e que vestían como os que veñen nos libros antigos. Xabier P. DoCampo quixo render tributo con esta historia a todos aqueles fermosos libros de aventuras cuxas historias sucedían nunha illa deserta ou aparentemente inhabitada, obras que mantiveron, como di no epílogo, «o meu corazón alterado, as miñas emocións abrollando coma fontes da alma e moitas horas entregadas á lectura cando llelas tiña prometidas ao sono ou ao estudo».”

Tati Mancebo asistiu ao acto e gravou este vídeo para a ocasión.

Chuzame! A Facebook A Twitter

As Crónicas de Landereina. Bágoa de lúa, por Gabriel Ferreiro

As Crónicas de Landereina, de Sabela González (Galaxia)O libro de Sabela González trata dun país onde todo era paz, pero un día cambiou. Un ser maligno subiu ao poder, o ser foi derrotado pero a ferramenta máxica que usou para conquistar Landereina seguía existindo. Séculos despois atópase repartida en anacos por todo Landereina tras un intento falido de destruíla. Agora as nosas heroínas, Güenaela e Berenguela, están pesquisando a localización de todos os anacos para poder destruír a posible ferramenta máxica máis poderosa de todo o universo: a Pedra da Lúa.

As novelas de aventuras fantásticas deben ser moi animadas e cunha considerable ración de acción, pero esta por momentos se dedica a contarche máis detalles da historia dos necesarios, segundo o meu criterio, o que a fai ás veces un pouco lenta.

Sen embargo, As crónicas de Landereina. Bágoa de lúa gustoume moito. Basicamente pola característica de que, se comezas ao ler o libro e logo tes que retomalo, cun pouco de atención facilmente te enteiras absolutamente de todo do que pasou (evidentemente sempre hai detalles que están cando contan un suceso por primeira vez, pero á hora de escribir estas liñas non os teño en conta). Tamén me gustou a grande variedade de criaturas, personaxes, pobos, razas e culturas. É un libro moi bo.

Gabriel Ferreiro (un lector de 13 anos)

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Beatriz Maceda presentou Man, o alemán de Camelle

Chuzame! A Facebook A Twitter

Corazón de pedra, de Agustín Fernández Paz

Corazón de pedra, de Agustín Fernández PazEn Corazón de pedra Agustín Fernández Paz ofrécenos, ademais dunha obra entretida e sensible, unha sorte de reflexión sobre a literatura fantástica. Porque nesta obra, se ben aparece a figura dun dragón, non é dun modo abrupto e declaradamente fantástico, senón mediante a inserción de argumentos lendarios nun cadro perfectamente verosímil: unha viaxe ao rural pon en contacto a protagonista coas lendas e a contorna natural do lugar, que as absorve e as vive dun modo que só na infancia sabemos, intuitivamente, desfrutar.

Oxford Univesity Press: «Unha apaixonante aventura que nos lembrará o poder que ten a fantasía para cambiar as nosas vidas. Todos os nenos teñen un animal preferido e os de Brenda son os dragóns. Despois de ler moitos libros sobre o tema, Brenda sabe perfectamente como eran os dragóns e non consegue entender por que desapareceron. Cando chegan as vacacións do verán, a protagonista e mais os seus pais viaxan a unha casa rural nun bosque. Alí nace unha antiga historia sobre un dragón…»

Chuzame! A Facebook A Twitter