Category Archives: Crítica

O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz

Como o mesmo Agustín anuncia nalgunhas das súas historias, nunca sabemos até que punto un pequeno acontecemento cotián pode darlle a volta ao día ou mesmo facer mudar a nosa vida enteira. O noso carteiro, que chama á nosa porta todas as mañás ás doce, porque sabe que sempre estamos, aínda ignora que, pola súa intercesión, estou agora a tentar comunicarlles unha mínima parte da grandísima emoción que me invade trala lectura atenta e compulsiva do último libro de Agustín Fernández Paz. Coñeciamos o título desde hai semanas, faláranos del e mesmo colocaramos no noso escaparate un vídeo cun dos relatos que o compoñen lido polo autor. O carteiro tamén descoñece que unha vez pechada a porta abrín o paquete e comecei a ler até que o rematei.

Ficarei eternamente agradecida a Agustín por ser un escritor que le, aínda que sexa motivo de gabanza para outros dicir o contrario. Adoro as citas cando colaboran na construción das historias, na elaboración artesanal da beleza. Encántame o modo en que introduce a poesía ao longo de todo o libro e, sabendo que boa parte dos seus lectores son xente moi nova, non imaxino que sexan quen de se resistiren a saber máis de Valente, de Neruda, de Yeats ou de Auster, logo de ler este libro que, pola aparente sinxeleza formal que conseguiu atinxir, non hai outra maneira de ler por primeira vez que devorándoo en poucos bocados.

As historias, menos en número que os títulos, xa verán por que, reflicten que os actos de covardía teñen normalmente consecuencias eternas e que se estes se dan no terreo do amor, onde case todo ten lugar, os seus efectos serán sen dúbida devastadores porque o amor sempre permanece, non así nós nin as nosas lembranzas.

Os finais. Tristes na maioría, revisten noentanto o desencontro cunha capa de optimismo, pois fica claro que podían ser ben distintos de os protagonistas teren apostado decididamente polo amor antes que conformarse co orgullo de telo vivido nalgún momento.

Os personaxes. Persoas e animais, algúns con nome e outros sen el, vivos e mortos ou só imaxes esvaídas de orixe incerta, transitan os mesmos espazos que existen até nos lugares máis recónditos onde a vida humana se dá, como os mesmos movementos unha e mil veces repetidos polas abellas que cohabitan toda a vida sen se coñecer.

As palabras. Absolutamente sublimes, e calquera outra cousa que tentase dicir a partir de agora sobre elas desmerecería absolutamente.

As ilustracións. Da mesma cor que os meus pensamentos mentres lía o libro, acompañan de igual modo o relato e o lector, só se permiten definir até onde a mesura aconsella no oído do gran Pablo Auladell. Imaxes de ollos entornados, como as que veñen á nosa cabeza nunha lectura que, como xa dixen, convida ao apresuramento, primeiro ao longo do relato inicial, e logo a cabalo de todos os mais.

Augurámoslle un grandísimo éxito a este libro, tanto de crítica como de vendas, o que significa, que haberá moitas, moitas persoas que gostarán das historias, que se sentirán identificadas, que compartirán sentimentos sen se coñeceren porque ao final, “na vida o único que queda é o amor”.

T. M.

Chuzame! chúzame -
Also posted in Narrativa, Tati Mancebo | 3 Comments

O Levantador entrevista a Santiago Auserón

Temos o pracer de ofrecer a entrevista que Santiago Auserón nos concedeu apenas unhas horas antes da súa actuación en Compostela coa Original Jazz Orchestra do Taller de Músics de Barcelona, no sábado 20 de outubro.

Agradecidos polo seu interese en ter unhas palabras en primeira instancia para o Blogomillo,

Chuzame! chúzame -
Also posted in Alfredo Ferreiro, Entrevistas, Ernesto Vázquez Souza, Historia da literatura, Música, Noticias, Poetas, Premios literarios, Tati Mancebo, Tradición, Vídeos | 13 Comments

O anxo delincuente

Amadeu Baptista
Antecedentes criminais. Antologia Pessoal 1982-2007.
Edições Quasi: Vilanova de Famalicão, 2007.

Titulo esta breve presentación da obra de Amadeu Baptista tal como fixen a primeira vez que escribín sobre ela. Pasaron oito anos e viñeron máis dez novas obras, e a perspectiva que defendín na altura como específica da súa poética debe manterse; porque na súa obra o ser humano, puro e portanto divino de partida, continúa a ser descrito na súa polución permanente polo demoníaco através da experiencia da vida.

Así, unha infancia saturnal continúa a ser unha das pedras basilares. A infancia de quen recoñece nas treboadas familiares un destino inmerecido, sobretodo para quen pola súa idade non debe cumprir penitencias. Eses cálculos cardíacos que todos coñecemos, e que algúns individuos engrosan inevitabelmente no corazón até que ningún espazo resta para a alegría. Porén, Baptista fálanos ademais do amor, chave do sentido da existencia, da creación artística como exploración de ámbitos de liberdade e da vontade gnóstica a que como actitude final todas estas experiencias deben conducir un intelecto rigoroso.

Chuzame! chúzame -
Also posted in Alfredo Ferreiro, Poetas | 1 Comment

I Xornada de Crítica literaria

Moitas foron as opinións esgrimidas durante a mañá do venres 21 de setembro no Pazo de Raxoi, sede do Consello da Cultura Galega en Compostela. Algunhas delas, anotadas nos tempos que a videocámara o permitía, foron as seguintes:

Chuzame! chúzame -
Also posted in Alfredo Ferreiro, Vídeos | 16 Comments

Unha novela escrita por unha modelo?

«Una novela escrita por la modelo Katie Price se convierte en un superventas en el Reino Unido: Una novela escrita con ayuda ajena por la modelo británica Katie Price, también conocida como Jordan, ha vendido más ejemplares que los seis finalistas juntos del Booker, el premio literario más prestigioso del Reino Unido. De Crystal , novela que trata de los esfuerzos de una muchacha por ganar fama como cantante gracias a un concurso de telerrealidad, se llevan vendidos, desde que salió en junio, 159.407 ejemplares. Por el contrario, las ventas de las seis novelas finalistas del Booker suman 120.770 ejemplares, pese a la campaña de publicidad de que han estado rodeadas. Crystal es la segunda novela de Price. De la primera, Angel , vendió 300.000 copias.» (La voz de Galicia)

Dicía eu hai uns días que non era un canibal, e iso era porque entendía o lector actual a ser tratado como un animal de consumo literario, estimulado tan só por emocións primarias elevadas á enésima potencia. Esas obras que son creadas para "ofrecer circo" a domicilio, unha maneira de atordar o povo similar ao cinema "de medo". Algo equivalente a substituír o deporte verdadeiro, que tanto contribúe á boa conexión de corpo e mente, por unha sesión de "puenting". Trátase de non suar, e sen esforzo físico subir as pulsacións cen puntos. A felicidade consiste no sentimento posterior a salvarse dunha morte inminente?

Algo similar acontece con estes produtos, froitos da enxenaría literaria máis comercial, auténtica aliaxe entre a psicosocioloxía e o márqueting.

Chuzame! chúzame -
Also posted in Alfredo Ferreiro, Teoría literaria, Vídeos | 6 Comments

I Xornada sobre crítica literaria

Mañá estarei aquí, na I Xornada da Crítica galega, para logo tentar dar noticia do que por alí se dixo, nomeadamente da actual situación do sistema literario. Comezará ás 10:00 horas e será no Consello da Cultura Galega, acarón da grande catedral.
AELG: «A I Xornada da Crítica Galega, unha iniciativa que a Aelg, a través da súa Sección de Crítica, bota a andar este ano coa colaboración do Consello da Cultura Galega co obxectivo de crear un foro de reflexión sobre a crítica literaria, tan importante para a normalización do noso sistema literario.

Chuzame! chúzame -
Also posted in Alfredo Ferreiro | 3 Comments

Novo número de Protexta, suplemento da TN

Protexta 03O número de agosto da Protexta, o terceiro deste suplemento da revista Tempos Novos, demorouse un bocadiño este verán e no interim abandonou a coordinación Xavier Cid. Mudanzas a causa das tentativas non atoparen consolidación nas primeiras fórmulas dos proxectos, probabelmente porque moitos deles implican a moita xente con compromisos ás veces vagos. Non é de estrañar que isto aconteza entre a xente creativa, porque contra unha actitude pesimista moi común de non acreditar nas propias forzas ou desconfiar dos intereses alleos (tantas veces considerados ilícitos), outros aplicamos aos poucos recursos a máxima ambición no que a calidade di respecto. Na realidade non coñezo os motivos destas mudanzas no suplemento, mais en todo o caso entendo que no noso contexto cultural unha iniciativa como a Protexta é louvábel por todos os que amamos os libros en xeral e a literatura galega en particular. Que quede clara a miña postura: ser louvábel como proxecto non significa que llo debamos a un ente abstracto e inmaterial, senón que debemos recoñecerlle o mérito a todos aqueles que desde o inicio o alimentaron co seu esforzo como tamén aos que agora continúan a acreditar nel. Os meus parabéns a todos e todas os que contribuíron a que fose unha realidade.

Chuzame! chúzame -
Also posted in Alfredo Ferreiro | 6 Comments

“A filha do contador de histórias”

saira-shah.jpg

Um dos livros mais notáveis que li ultimamente intitula-se A filha do contador de histórias (The Storyteller´s daughter), de Saira Shah, jornalista británica de origem afegã, autora também dos documentais Beneath the veil, Unholy war e Death in Gaza em colaboração com o seu amigo James Miller (assassinado por soldados israelitas durante a elaboração deste último documental). O livro pode-se encontrar em Edições Asa na categoria de Documentos e narra a experiência de uma jovem criada e nascida na Grão-Bretanha mas originária de uma ancestral família afegã cuja linhagem se remonta mais de mil anos atrás. Saira Shah situa-nos na órbita inspiradora do seu pai, quem a seduze e embebe das mil e uma histórias que lhe falam de um Afganistão perdido mas povoado e habitado pela memória e a imaginação. Fala-nos da chegada da adolescência e da necessidade de viajar à India e conhecer parte da sua família, com o contraste inevitável oriente-ocidente, da sua incursão com vinte e um anos na guerra dos mujahidin disfarçada de homem e de certa tristeza do seu pai quando este lhe diz que não vaia ao Afganistão, pois se realmente soubesse e aprendesse das histórias não precissaria de ir lá. Conta-nos como chegou até o Hindu-Kush, ao Nuristão, onde viviam gentes alheias ao Afganistão em guerra, como se encontra com o poeta Majruh (do que já falei aqui) e como é afectada pelo seu assassinato, os seus conflitos com os diferentes bandos, o seu olhar sobre a condição feminina e masculina, a chegada dos talibães e o seu valor ao passar e introduzir-se num hospital com o burka ... Em definitivo, uma história real escrita com talento, inteligência sensibilidade e humor que fai cair muitos mitos sobre a maneira de focar a vida e a condição humana, longe de dicotomias simplistas e ideológicas. Como a própria autora diz algures, lembrando Rumi (continuamente evocado no ínicio de cada capítulo junto a Saadi ou Hafez): “Mais alto, mais alto, eis aí o espírito humano” Deixo-vos, pois, com este convite que não seria má leitura para o verão, do que não há tradução espanhola (que eu saiba) e da que, porém, dispomos numa boa tradução portuguesa.

Chuzame! chúzame -
Also posted in José António Lozano, Narrativa, Recomendados, Tradición | 2 Comments

“As horas de María” por Paco Souto

Paco Souto recíbenos nunha casa habitada polos fantasmas familiares de todos nós.

Chuzame! chúzame -
Also posted in Poetas, Recomendados, Tati Mancebo, Vídeos | 2 Comments

O retorno do corazón de Martín Veiga

(VIº Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño)

Non hai presente aquí
nin futuro.
Só está o pasado
crebadizo
con reliquias
torres trabadas polo vento
castelos con pantasmas falsas
canteiras e minas
balorentas
e un pobo impotente
enfermo pola endogamia
a teimar na carcasa
dunha vella canción.”

Así, con estes versos, Martín Veiga culmina a mensaxe que no libro debulla sen abandonar nunca o carozo principal: a dor polo tempo perdido da infancia, aquela época dourada en que a vida ofrecía froitos de sabor intenso, aromas e texturas imposíbeis de emular. A memoria dos tempos idos é o tema principal da obra, a lembranza daquelas vivencias en que a persoa se funda, o tempo en que o eu, aínda permeábel e poroso, se empapa coa densa realidade dunha chuvia e dunha terra mitificadas na madurez. Estes grandes impactos emocionais, como imperecedoiros cráteres dun astro en movemento inerte, son o as pedras preciosas de Fundaxes. Desde un ton esencialmente melancólico, o pasado é un tesouro inaprensíbel (“Quen sabe / o que significa procurar / un tempo inexistente?”) e o presente só se xustifica como soporte da memoria (“Onde a memoria habita / onde aínda permanezo”).

O pasado poetizado semella situarse no contexto dos anos setenta. Non só pola idade do autor, mais polo coñecemento da vida nunha Galiza rural que comezaba a industrializarse. Si, a vida destes rapaces que nos criamos cos aloumiños dunha aínda abondosa xeración de vellos monolingües, os avós de sacho e arado: “As mans endurecidas / polo trato con gadañas / forcadas / fouciños / a importancia outorgada / ás pequenas cousas / que conforman un xeito de vivir un vello país / un país desgastado / o meu”. E o meu, teño que dicir. Porque sinto que fomos fundidos na mesma época, e participamos en certo sentido da mesma aliaxe, sobre todo cando observo as crianzas da xeración seguinte e reparo en todo o que naquelas aldeas vivimos e xa haberemos de transmitir con palabras.

Noutro sentido, o pesimismo inherente a tanta reivindicación do pasado é capaz de ser unha carga emotiva demasiado reincidente ao longo da obra. O verso de sintaxe implacabelmente truncada, como para querer alixeirar co ritmo o pesado contido emocional, xoga en ocasións en contra dos poemas. No entanto, poemas como “Cinza”, ou mellor aínda, “Orixes”, dedicado a Seamus Heaney, constitúen acertos claramente sobresaíntes no contexto da poesía actual.

(Publicado en Protexta. Suplemento de libros da revista TEMPOS NOVOS, 2, 2007)

Chuzame! chúzame -
Also posted in Alfredo Ferreiro, Poetas | 6 Comments