Mai
8
Tempos Novos na Rede en casa propia
Maio 8, 2008 | Leave a Comment
Celebro emocionado que a Tempos Novos se teña lanzado tamén en formato electrónico, algo moi necesario nestes tempos de indubitábel axilidade comunicativa. Ademais, o invulgar suplemento de letras da revista, o Protexta, que aquí tamén se poderá consultar, vén de comezar un périplo novo desde o número 05, cando foi distribuído de graza con todas as cabeceiras do Grupo La Capital (El Ideal Gallego, Diario de Arousa, Diario de Bergantiños e Diario de Ferrol) agás DXT Campeón. Así as cousas, consegue atinxir os 60.000 exemplares e voar para uns 120.000 leitores potenciais. Sen dúbida un salto cuantitativo na súa divulgación que a súa cualidade merecía.
A. F.
chuzame - Mar
19
Sobre a triloxía “Evanxélica memoria”, de Xavier Alcalá
Marzo 19, 2008 | Leave a Comment
A noite acesa de Xavier Alcalá
"Eu cando vexo isto digo:
canto amor e canto odio"
M. Molares (testemuña)
A finais dos 90 don Manuel Molares Porto, ancián da igrexa de Ares, contactaba con Xavier Alcalá para comunicarlle o interese da comunidade evanxélica en publicar a heroica xesta que viña de protagonizar no século XX. Procuraban un rapsoda inspirado que elevase o seu pasado recente a rango de arte, para facilitar deste modo a lembranza e a reflexión sobre os esforzos tamaños que só pola fe inquebrantábel no Amor tiña logrado realizar a comunidade. Os acontecementos do pasado, convertidos en literatura, pasarían de ser reais a seren verdadeiros. Porque a Verdade, inapreensíbel racionalmente dos infinitos puntos de vista que a completan, só pode ser mostrada integralmente da perspectiva artística.
chuzame - Mar
17
Dicionario do estremecemento, de Miguel Anxo Fernán Vello
Marzo 17, 2008 | 1 Comment
O blues do estremecemento
Dicionario no aspecto externo, pois os poemas son titulados tan só con isoladas palabras a modo de listaxe lexicográfica ("Confusión", "Nai", "Poetas", "Paciencia", "Río", "Pel", "Civilización"...), no seu interior un rico imaxinario respira nunha reflexión humanista de grande fólego. As contradicións da experiencia vital que perturban o ser humano maniféstanse largamente no poemario como caos universal: a luz face á sombra, o lume face á auga, o silencio face á voz... Un eterno designio: "Estamos condenados / ao doloroso labirinto / de vivir."
Mais esta condena non é o destino real, senón o aguillón con que a vida nos obriga a enfrentar o reto do coñecemento. No poemario de Fernán Vello múltiplas son as orixes do "estremecemento", mais só unha a reacción positiva perante as continxencias: "a brasa que nos fai vivir" debe conducirnos a unha procura gnóstica, é dicir, á fórmula revelada en que a calor cósmica que posuímos nos outorgue luz: "Mais seguimos á procura de nós mesmos, / da palabra perfecta que nos salve / e que invada o mundo."
chuzame - Mar
12
O xiro postal, de Ousmane Sembène
Marzo 12, 2008 | 5 Comments
O vindeiro mércores 12 de marzo ás 20 horas na sala de prensa da Fundación Caixa Galicia da Coruña (no edificio dos Cantóns) preséntase o libro O xiro postal, de Ousmane Sembène.
Acabo de rematar de ler O xiro postal, por recomendación de Martin Pawley, bo amigo e epiloguista da novela. Gostei inmenso, porque é a primeira historia sobre negros, si, é unha novela sobre negros, que leo escrita por un negro que, ademais non ten interese ningún por ser branco porque iso non fai sentido que marque ningunha direfenza, o asume con perfecta naturalidade.
chuzame - Nov
21
O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz
Novembro 21, 2007 | 2 Comments
Como o mesmo Agustín anuncia nalgunhas das súas historias, nunca sabemos até que punto un pequeno acontecemento cotián pode darlle a volta ao día ou mesmo facer mudar a nosa vida enteira. O noso carteiro, que chama á nosa porta todas as mañás ás doce, porque sabe que sempre estamos, aínda ignora que, pola súa intercesión, estou agora a tentar comunicarlles unha mínima parte da grandísima emoción que me invade trala lectura atenta e compulsiva do último libro de Agustín Fernández Paz. Coñeciamos o título desde hai semanas, faláranos del e mesmo colocaramos no noso escaparate un vídeo cun dos relatos que o compoñen lido polo autor. O carteiro tamén descoñece que unha vez pechada a porta abrín o paquete e comecei a ler até que o rematei.
chuzame - Out
24
O Levantador entrevista a Santiago Auserón
Outubro 24, 2007 | 13 Comments
Temos o pracer de ofrecer a entrevista que Santiago Auserón nos concedeu apenas unhas horas antes da súa actuación en Compostela coa Original Jazz Orchestra do Taller de Músics de Barcelona, no sábado 20 de outubro.
Agradecidos polo seu interese en ter unhas palabras en primeira instancia para o Blogomillo,
chuzame - Out
9
O anxo delincuente
Outubro 9, 2007 | 1 Comment
Amadeu Baptista
Antecedentes criminais. Antologia Pessoal 1982-2007.
Edições Quasi: Vilanova de Famalicão, 2007.
Titulo esta breve presentación da obra de Amadeu Baptista tal como fixen a primeira vez que escribín sobre ela. Pasaron oito anos e viñeron máis dez novas obras, e a perspectiva que defendín na altura como específica da súa poética debe manterse; porque na súa obra o ser humano, puro e portanto divino de partida, continúa a ser descrito na súa polución permanente polo demoníaco através da experiencia da vida.
Así, unha infancia saturnal continúa a ser unha das pedras basilares. A infancia de quen recoñece nas treboadas familiares un destino inmerecido, sobretodo para quen pola súa idade non debe cumprir penitencias. Eses cálculos cardíacos que todos coñecemos, e que algúns individuos engrosan inevitabelmente no corazón até que ningún espazo resta para a alegría. Porén, Baptista fálanos ademais do amor, chave do sentido da existencia, da creación artística como exploración de ámbitos de liberdade e da vontade gnóstica a que como actitude final todas estas experiencias deben conducir un intelecto rigoroso.
chuzame - Out
4
I Xornada de Crítica literaria
Outubro 4, 2007 | 16 Comments
Moitas foron as opinións esgrimidas durante a mañá do venres 21 de setembro no Pazo de Raxoi, sede do Consello da Cultura Galega en Compostela. Algunhas delas, anotadas nos tempos que a videocámara o permitía, foron as seguintes:
chuzame - Set
28
Unha novela escrita por unha modelo?
Setembro 28, 2007 | 6 Comments
«Una novela escrita por la modelo Katie Price se convierte en un superventas en el Reino Unido: Una novela escrita con ayuda ajena por la modelo británica Katie Price, también conocida como Jordan, ha vendido más ejemplares que los seis finalistas juntos del Booker, el premio literario más prestigioso del Reino Unido. De Crystal , novela que trata de los esfuerzos de una muchacha por ganar fama como cantante gracias a un concurso de telerrealidad, se llevan vendidos, desde que salió en junio, 159.407 ejemplares. Por el contrario, las ventas de las seis novelas finalistas del Booker suman 120.770 ejemplares, pese a la campaña de publicidad de que han estado rodeadas. Crystal es la segunda novela de Price. De la primera, Angel , vendió 300.000 copias.» (La voz de Galicia)
Dicía eu hai uns días que non era un canibal, e iso era porque entendía o lector actual a ser tratado como un animal de consumo literario, estimulado tan só por emocións primarias elevadas á enésima potencia. Esas obras que son creadas para "ofrecer circo" a domicilio, unha maneira de atordar o povo similar ao cinema "de medo". Algo equivalente a substituír o deporte verdadeiro, que tanto contribúe á boa conexión de corpo e mente, por unha sesión de "puenting". Trátase de non suar, e sen esforzo físico subir as pulsacións cen puntos. A felicidade consiste no sentimento posterior a salvarse dunha morte inminente?
Algo similar acontece con estes produtos, froitos da enxenaría literaria máis comercial, auténtica aliaxe entre a psicosocioloxía e o márqueting.
chuzame - Set
20
I Xornada sobre crítica literaria
Setembro 20, 2007 | 3 Comments
Mañá estarei aquí, na I Xornada da Crítica galega, para logo tentar dar noticia do que por alí se dixo, nomeadamente da actual situación do sistema literario. Comezará ás 10:00 horas e será no Consello da Cultura Galega, acarón da grande catedral.
AELG: «A I Xornada da Crítica Galega, unha iniciativa que a Aelg, a través da súa Sección de Crítica, bota a andar este ano coa colaboración do Consello da Cultura Galega co obxectivo de crear un foro de reflexión sobre a crítica literaria, tan importante para a normalización do noso sistema literario.
chuzame -





