Mai
17
A Xosé María Álvarez Blázquez
Maio 17, 2008 | Leave a Comment
O mestre
O mestre observa o mundo da cima da montaña dos seus ollos.
Ás veces, palpita na súa man o tempo, a morte de alguén con pasos apresados, que el coñece no cheiro a zapatos mollados. É entón que prepara a súa mala: por fóra o coiro, por dentro a súa mirada gardada.
A dirección do ar indica o lugar
da casa inutilmente construída.
Chega cedo —antes do que a morte sempre é cedo—
en forma de muller o mestre a esta ruína
e pola alquimía dun xesto
nos lenzois transparece un tesouro nunca aberto.
Nota: Quero hoxe dedicar este antigo poema á memoria de Xosé María Álvarez Blázquez. A. F.
chuzame - Dec
15
Xabier Docampo e a nova revista BLOC
Decembro 15, 2007 | Leave a Comment
BLOC. Revista internacional de arte y literatura infantil. Dirección: Xabier P. Docampo. Madrid. Outono 2007.
chuzame - Nov
23
Interrogantes, enunciações, enigmas de Rustam Çiçek
Novembro 23, 2007 | 5 Comments
O poeta turco Ali Rustam Çiçek (Kónia, 1918 - Istambul, 1978) é um grande desconhecido, mesmo no seu próprio país, pois não deixou uma obra de publicação regular. O único livro publicado em vida foi numa tiragem de pouco mais de mil exemplares, muitos do quais foram queimados pela represão kemalista. O seu título: "Velas, âncoras e lábios" era uma reivindicação absoluta da liberdade individual através do amor, levando a poesia turca além do formalismo e do decadentismo de influência persa. Compartiu cela com Nazim Hikmet, de quem parece ter recebido uma clara influência, ainda que ele nunca militou nem compartiu as suas ideias comunistas. Sempre considerou a Hikmet como alguém que estava muito acima da sua própria ideologia.
O poema que aqui apresento traduzido, graças à versão francesa de Gilles Fauquier, foi publicado numa revista de príncipios dos anos setenta e é um dos últimos poemas escritos pelo autor (os últimos cinco anos da sua vida deixou de escrever), quem faleceu em estranhas circunstâncias, afogado nas águas do Bósforo.
chuzame - Nov
4
Foro profesional da Acción cultural ‘07
Novembro 4, 2007 | 1 Comment
O día 20 do pasado mes, no Auditorio de Galicia e xusto na mañá da actuación de Santiago Auserón, asistimos a esta iniciativa da Dirección Xeral de Cultura e Deporte. Alí foron presentado os resultados do informe "As necesidades e demandas formativas dos profesionais da acción cultural pública en Galicia", encomendado pola propia Consellaría a un grupo de investigadores das tres universidades galegas. Alí fóramos convocados técnicos e xestores culturais de todo o país, coa idea de reflectir sobre o asunto, debater sobre as súas conclusións e valorar un avance de programa de acción institucional para enfrentar unha necesidade básica dun sector profesional que precisa consolidarse: a formación. Nesta liña, foi anunciado un programa formativo ambicioso (seminarios, simposios, obradoiros, visitas específicas a proxectos en curso, foros para a comunicación cultural e o contacto con creadores, uso de equipamentos culturais, etc) e descentralizado (variados serán os focos de emisión da formación) que nos concederá ferramentas para afastarnos dunha indesexada "cultura de fume", alicerzando a acción cultural en bases sólidas. Paralelamente, comeza xa a ser estudado un plan de titulacións que debería estar finalizado no prazo dun ano.
chuzame - Ago
29
Saudade 9, mais un número da fraternidade
Agosto 29, 2007 | 2 Comments
Nestes días chegou polo correo ordinario, agora case extraordinario, o novo número da revista Saudade, esa revista portuguesa dirixida e redixida por amigos que muito aprezamos. Entre portugueses, brasileiros, españois e gregos, para alén de Xosé Lois García, un habitual da publicación, tres galegos colaboradores d' O levantador de minas participamos neste número. Eis os nosos poemas:
AUTORRETRATO
De existir o vento
levaría o cabelo longo sobre os ombros.
De existir a chuvia
as bágoas derivarían por unha face tersa.
De existir os ósos
seguiría as túas pegadas pola terra
e no movemento
o meu corpo acharía unha posición exacta.
Algo está a faltar e non lle atopo nome.
Como designar un arrecendo cálido
de palmas simétricas.
De existir o tempo
dedicaría a cantar a vida enteira.
E aínda agora me pregunto
canto frío son capaz de atesourar.
Tati Mancebo
CORPO TRANSFORMADO
Ao Nacho Baamonde, pelo seu Ígnis.
Ao Levantador de Minas.
Sábio e inocente. obscuro ainda para
Este caminhar entre ruas de outro tempo,
Na cidade em que ninguém nasce,
Estou pronto para abrir a vida ao meio,
E navegar dentro dela à procura do que
Ainda está por se queimar na minha boca.
Serei, por fim, o teu amante sereno,
Como o vinho a se derramar pelo corpo,
Dentro e fora do mapa infinito em que
Chega a minha fome a se facer poema,
Ou casa para a minha mudança, precisa,
Em olho multiplicado sobre o universo.
Ramiro Torres
Ó CORPO QUE ME FOSTE ENTREGUE POR UM CORPO DORIDO
Ó corpo que me foste entregue
por um corpo dorido,
só es terra, lágrimas e sangue
que alimentam um grão de milho.
Hás de fundar-te em mim como ruína
que minha alma sepulte,
e nada queiras ser desde esse dia
senão a mala de mais uma viagem.
Então dançarei com as pedras minhas
em círculos vagos, hierofanias
ocultas restabelecerão
nas prisões tavernas
nos betões flores acessas.
Corpo que a dor trazes
de todas as partes do mundo,
portarás às costas a verdade avulsa,
farol de amor sobre uma torre de carne.
Uma brisa nova tocará tua pele
de animal renascido,
teus bigodes felinos vibrarão
no amanhecer dos sentidos
que um novo mundo percebem
transmutados, humanos,
para sempre de tristeza feridos.
À espera —sentinela perpétua—
do pranto mercurial aguardarei o sinal
que me há-de transportar
sobre a terra e o mar
—criança sorridente—
sob o sol, adormecido.
Alfredo Ferreiro
chuzame - Ago
2
A polida poesía de Suso Pensado
Agosto 2, 2007 | 1 Comment
Suso Pensado, A tarde (Espiral Maior, 2004). É este un libro escrito con indubitábel talento. Poesía costumista, que nos fai espectadores dos máis leves acontecementos cotidianos, transcende con verdadeira arte os referentes poetizados para transportarnos á sublime intuición vital que é substancia real do poema. Non foi nunca da miña predilección a poesía puramente realista, máis amigo sempre de rotos imaxinarios e asociacións sorprendentes; mais cando algo está ben feito é un pracer lelo e recoñecelo publicamente, e iso supera as miñas preferencias iniciais.
chuzame - Xun
16
facer Merzbau non ou posible?
Xuño 16, 2007 | 3 Comments
Venres 15 de xuño Galería Sargadelos A Coruña asistir á presentación NON OU foi posíbel. Trátase dunha editora de EXPERIENCIAS, e todos experimentamos antes e despois da era da inconsciencia:
e dicir algo do que estorba non ou? e dicir alga
ou cociñala sobre as nádegas do pensamento, a bafexaren dubitativas. Alí estabamos eran 20:00 horas tempo aceso e inconcluso espíritos pendurados perante a carne humana Merzbau de lombo fresco. Aí
están as fotos non ou? Pois pra que ollas as letras parvo leitor con vontade de interpretar o obscuro desexo que oculta a túa verdade? Da alma trata a psicoloxía, lembras? Pois procura a túa terapia non ou? Ou sucumbe ti tamén naquela sala coa luz lux lus media lus sombra bra brava luz que nos abrazaba,
e entretanto reconstruír o espacio para un ollo
era preciso noutro tempo.
Xente en volta almas concéntricas, todos a ver
facer Merzbau.
Merzbau non ou posible si si si si sístole diástole no corazón da arte, e un martelo na parede que procura o equilibrio... non ou posible? E os cravos, quen os libra do seu, aquel bateren todos na cabeza do cravo? Onde a dignidade de ser batido na cabeza até a desaparición escravo da materia? Ah tanto Merzbau con bau-baus de cores polo chan que as crianzas protexen do aborrecimento que os adultos cultivan con esmero e infelicidade. Happening ou performace, facer o paiaso se ti queres e o poeta éche o mesmo, e por acaso ser pintor e músico, mais tamén é abater os cálculos biliares da razón con palabras
ultrasónicas. Comamos os percebes da mar batida Merzbau e especies similares, amigos, que é a mellor sen dúbida non ou? Proximamente anunciaron MÚSICA e INTERVENCIÓN URBANA e outras hipóteses Merzbau ou non. NON OU? Ou si? Tanto fai, total
alguén dixo o
contrario (P)
de estar aquí.
Só foron dous artistas ceenses circenses (tres co da guitarra); e nós infancias a danzaren e palmas a bateren.
chuzame - Mai
20
Poema de Ramiro Torres
Maio 20, 2007 | 1 Comment
Amo o mapa em que perder
As velhas orientações, caminho da
Cidade oculta sob o seu nome.
De ali é que saem ao encontro
As naves perdidas entre o meu corpo,
Com esta cálida voz da pedra branca
Em que nasce o meu destino, devolto.
Ouço o seu compasso em minhas pupilas:
O pó afastado da minha vista, e aparecida
Já a fenda em que viverei, longe,
Não há nada a deixar aqui, salvo a cegueira.
2007.
chuzame - Mar
23
Cadáver naceu, e agora crece
Marzo 23, 2007 | 1 Comment
En febreiro deste ano Igor Lugris, que non sabíamos que estaba así preñado, un cadáver pariu que agora crece. O cadaverciño naceu pequeno, dun verso de comprimento e sete palabras de peso. A medida exacta que foi anotada na primeira hora é a do seguinte verso:
Há umha certa luz incomprensível na distáncia
Pai e fillo atópanse ben. Nas últimas semanas o menino multiplicouse por sesenta e continúa a medrar, nun ambiente en que tantos e tantas tentamos amamentalo e até apadriñalo (do último non se deixa, cun sorriso por resposta). Será ao final un fillo da comunidade, e anunciará simplemente coa súa existencia que algunhas utopías sempre son posíbeis. Ten que ser a arte quen reclame a necesaria asunción desta verdade. Da Verdade.
No post «Cadáver #12» de Ovnis e isoglossas ofrécese unha das moitas fotografías feitas á crianza:
«Há umha certa luz incompreensível na distáncia
como umha porta de cristal fechada
uma palavra no abismo da língua
tócate, sen sabelo, esvara
o conto é decidir cando acabar
un home do sur preguntoulle se quería viaxar
e ela considerou pasos cegos e desertos
Avanzou en círculos, até os límites da súa propia sombra
onde ofereceu a todos a maçã vermelha do seu peito
Igor Lugris
Eugénio Outeiro
Oscar Mourave
lara do ar
María do Cebreiro
Xiana Arias
Eduardo Estévez
Tati Mancebo
Alfredo Ferreiro
Mais um cadáver para a nossa colecçom de cadáveres, mais um cadáver para a Expo Cadáver, a exposiçom internacional de cadáveres esquísitos que celebraremos em Ponferrada, e na que aguardo ver a todas/os, ou a muitos/as, das/os participantes, para que recitemos entre todos os, por agora, 60 cadáveres! que já temos.
Há um cadáver a caminhar pola rede!»
chuzame - Mar
18
Un ano a levantar minas
Marzo 18, 2007 | 5 Comments
Fixo o día 12 de marzo un ano que naceu O levantador de minas. O seu nacemento era anunciado, a modo de reivindicación estética fundamental, co seguinte título:
O corpo deste post inicial simplemente era unha antiga fotografía dunha bela nativa de Tonga, reino que desde unha noticia de La Voz de Galicia de 1999 tiña deitado unha semente subtil no meu íntimo. A noticia era a seguinte:
«El rey de Tonga elige a un estadounidense como su bufón. Taufa'ahau Tupou IV, rey de Tonga, ha nombrado al californiano Jesse Dean Bogdonoff como bufón oficial, según el Tonga Chronicle, "por su visión sensata llena de alegría y de verdad impregnada de felicidad"».
Deste modo, entre a antiga beleza dunha illa recóndita, a sabedoría dun rei que entendía o traballo do bufón como elemento imprescindíbel do reino e o esforzo dun americano por entregar a súa vida á única verdade que a sostén, comecei a erguer este blogue, como querendo que tan elevados espíritos o apadriñasen.
Agora xa non estou só. Outros me acompañan desde dentro e desde fóra. Oxalá estas exóticas benzóns sempre nos guíen, e nos axuden a descubrir toda a marabilla que ao pé da nosa casa florece.
chuzame -






