Abr
23
No día internacional do libro
Abril 23, 2008 | 4 Comments
No día internacional do libro quero declarar que levo case un mes sen escribir no blogue por ter dedicado o pouco tempo de que dispoño a ler libros convencionais. Voltei aos poemas impresos en papel e vin que algúns deles xa van máis amarelos do que podía supoñer. Outros escancháronse a causa da cola avellentada de edicións modestas; os máis vellos parecéronme anciáns venerábeis, enrugados e febles, curados como un sabor humano na montaña do Amor.
Celebro ter dado con este suporte dixital inestimábel, este das solícitas teclas, mais nunca abandonarei o erótico aloumiño das páxinas ao bordo da alerxia aos ácaros. Aos ácratas ácaros que se alimentan dos tesouros empapelados do pensamento.
A. F.
chuzame - Feb
20
Mesa redonda sobre ilustración
Febreiro 20, 2008 | Leave a Comment
chuzame - Dec
21
Guía do ceo: presentación na FNAC da Coruña
Decembro 21, 2007 | Leave a Comment
|
![]() |
chuzame - Dec
21
Himno Galego: La Habana 1907 - A Coruña 2007
Decembro 21, 2007 | Leave a Comment
chuzame - Nov
23
A poesía cotiza á alza n’ A Coruña e Sarria
Novembro 23, 2007 | Leave a Comment
Estivemos onte na presentación de Profundidade de campo, de Yolanda Castaño, XV Premio de Poesía Espiral Maior. Foi no espazo de Ámbito Cultural de El Corte Inglés que, en presenza da autora premiada, críticos, editores, escritores, medios e un numeroso público, o ser director, Ramón Pernas, anunciou un novo aumento da dotación do premio, que o ano próximo atinxirá os 15.000 euros. Así, o Premio de Poesía Espiral Maior, que coñeceu un apoio económico decisivo de Ámbito Cultural desde a súa 14ª edición, de novo se destaca no contexto galego como o de maior valor económico. Mesmo a nivel estatal, poucos son valorizados con esta rotundidade, tanto na poesía canto noutras áreas da escrita. En breve publicaremos imaxes do evento.
No mesmo acto, por outra parte, celebramos a noticia que nos deron os amigos da A. C. Ergueitos sobre o Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño: o Concello de Sarria aposta vigorosamente polo xénero e eleva a contía do premio de 3.000 a 6.000 euros.
A. F.
chuzame - Nov
20
De cores e de amores, de Xabier Docampo e Xosé Cobas
Novembro 20, 2007 | Leave a Comment
Onte á noitiña acudín á libraría do bairro para celebrar a iniciativa da Editorial Galaxia e El país de apoiar a divulgación da nosa literatura infantil en compañía dos creadores Xabier Docampo e Xosé Cobas, que na tal tarde de chuvia se ofrecían para asinar o volume do día: De cores e de amores. O proxecto completo implica unha colección de libros publicados por Galaxia que o xornal ofrece por 1 euro para maior proxección da súa edición "Galicia". Eu fun en representación dos Pelachos e súa nai, pois por moi perto que era o evento o horario e o frío non os permitían abeirarse para saúdar.
Así que aproveitei para sacar a cabeza fóra do tobo, latricar cos amigos e visitar máis unha vez unha libraría que se converteu nunha sorte de luminoso local social dos amigos do papel impreso. E aquí me sobrevén unha definición posíbel de literatura: a maxia duns feixes de papel que non precisan do lume para dar calor á xente.
chuzame - Out
23
Rubén Ruibal gaña o “Nacional de literatura dramática”
Outubro 23, 2007 | 2 Comments
Segundo parece, o pai de Alicia crece tamén medra, e nós queremos parabenizalo publicamente desde O levantador de minas. Os premios como este, que tanto custa gañar, deben garantizar un maior conforto para o traballo futuro do autor, e portanto para o beneficio de todos. Con este desexo queremos partillar con el a grande satisfacción por un traballo ben feito.
chuzame - Set
11
Marcos Calveiro gaña o XVIII Premio Ala Delta de Literatura Infantil
Setembro 11, 2007 | 1 Comment
A semana pasada a novela O Carteiro de Karrada de Marcos Calveiro gañou o XVIII Premio Ala Delta de Literatura Infantil , un premio para obras en galego, éuscaro, catalán e castelán.
O autor que tanto celebramos coa publicación de Rinocerontes e quimeras, despois da escrita meiga de Sari, soñador de mares, faise merecedor dun premio prestixioso como poucos. Teña os nosos parabéns o autor, mentres nós ficamos coa satisfacción que nos produce ver recoñecidos o esforzo e o talento.
chuzame - Set
11
Unha perspectiva necesaria
Setembro 11, 2007 | Leave a Comment
Paréceme que dá no albo Miguel Anxo Fernán Vello no seu artigo do Galicia-Hoxe: "Sobre o falsamente universal". Unha perspectiva necesaria que nos indica por onde comezar á hora da creación literaria. Mais hai quen cre que falar do seu embigo é suficiente para facer literatura, e na realidade algo máis é preciso: coñecer moitos máis nós estomacais que o propio e saber como falar deles de modo que o motivo inicial se trascenda e atinxa sentidos máis profundos que as peculiares enrugas que só serven xa para dar que falar nun blogue calquera do Blogomillo.
chuzame - Ago
29
Saudade 9, mais un número da fraternidade
Agosto 29, 2007 | 2 Comments
Nestes días chegou polo correo ordinario, agora case extraordinario, o novo número da revista Saudade, esa revista portuguesa dirixida e redixida por amigos que muito aprezamos. Entre portugueses, brasileiros, españois e gregos, para alén de Xosé Lois García, un habitual da publicación, tres galegos colaboradores d' O levantador de minas participamos neste número. Eis os nosos poemas:
AUTORRETRATO
De existir o vento
levaría o cabelo longo sobre os ombros.
De existir a chuvia
as bágoas derivarían por unha face tersa.
De existir os ósos
seguiría as túas pegadas pola terra
e no movemento
o meu corpo acharía unha posición exacta.
Algo está a faltar e non lle atopo nome.
Como designar un arrecendo cálido
de palmas simétricas.
De existir o tempo
dedicaría a cantar a vida enteira.
E aínda agora me pregunto
canto frío son capaz de atesourar.
Tati Mancebo
CORPO TRANSFORMADO
Ao Nacho Baamonde, pelo seu Ígnis.
Ao Levantador de Minas.
Sábio e inocente. obscuro ainda para
Este caminhar entre ruas de outro tempo,
Na cidade em que ninguém nasce,
Estou pronto para abrir a vida ao meio,
E navegar dentro dela à procura do que
Ainda está por se queimar na minha boca.
Serei, por fim, o teu amante sereno,
Como o vinho a se derramar pelo corpo,
Dentro e fora do mapa infinito em que
Chega a minha fome a se facer poema,
Ou casa para a minha mudança, precisa,
Em olho multiplicado sobre o universo.
Ramiro Torres
Ó CORPO QUE ME FOSTE ENTREGUE POR UM CORPO DORIDO
Ó corpo que me foste entregue
por um corpo dorido,
só es terra, lágrimas e sangue
que alimentam um grão de milho.
Hás de fundar-te em mim como ruína
que minha alma sepulte,
e nada queiras ser desde esse dia
senão a mala de mais uma viagem.
Então dançarei com as pedras minhas
em círculos vagos, hierofanias
ocultas restabelecerão
nas prisões tavernas
nos betões flores acessas.
Corpo que a dor trazes
de todas as partes do mundo,
portarás às costas a verdade avulsa,
farol de amor sobre uma torre de carne.
Uma brisa nova tocará tua pele
de animal renascido,
teus bigodes felinos vibrarão
no amanhecer dos sentidos
que um novo mundo percebem
transmutados, humanos,
para sempre de tristeza feridos.
À espera —sentinela perpétua—
do pranto mercurial aguardarei o sinal
que me há-de transportar
sobre a terra e o mar
—criança sorridente—
sob o sol, adormecido.
Alfredo Ferreiro
chuzame -






