BLOC. Revista internacional de arte y literatura infantil. Dirección: Xabier P. Docampo. Madrid. Outono 2007.

Chuzame! chuzame -

Este venres 14 foi ingaugurada na Sargadelos d' A Coruña Underwood, a última proposta poético-obxectual de Pepe Cáccamo. Libros, libros e máis libros para unha reflexión sobre a vida que hai nos libros, a que produce os libros e a que os libros suxiren. Libros "abertos", libros "pechados", libros manipulados, libros de contido inviolábel, para sempre sepultadop1010241.JPG nunhas capas coladas como lápides. E se todos estes libros constitúen unha exposición devant la lettre, outras pezas nos sitúan nunha exposición avant la lettre: son aquelas que representan máquinas de escribir, ferramentas de escritura martelada dispostas de tal xeito que cobran vida nunha dimensión preliteral, moito antes de que a súa utilidade fose coñecida. Nace o órgao e despois a función resulta inevitábel.

Chuzame! chuzame -