Xull
14
Poesía indispensábel na rede
Xullo 14, 2007 | 1 Comment
O número 34 da revista dixital sèrieAlfa, con responsabilidade de Joan Navarro, ofrécenos baixo o título Una llum del nord [ Quatre poetes gallecs ] textos de catro poetas galegos: Olalla Cociña, Pedro Casteleiro, Modesto Fraga e Xavier Vásquez Freire. Do noso colaborador Pedro Casteleiro seleccionamos este polidísimo poema:
A casa vazia
Desde sempre me lembro da nossa casa vazia,
vejo-a ali, onde a pintei em pequeno, nossa
casa na enorme solidão da memória.
Nossa casa cheia de vozes enterradas nas paredes,
nossa casa chorando ao norte dançando ao sul
como uma mulher que de repente vivesse
todas as idades
desde a manhã
até ao roxo entardecer do sangue.
Desde sempre desejei conhecer a nossa casa de vinho
desde sempre, no centro da colina, cantei à nossa casa,
nossa casa vazia no centro da memória.
Os poemas nesta revista ofrécense en varias linguas, para alén da orixinal. As versións francesas dos poemas de Pedro Casteleiro son de François Davó.
chuzame - Xun
24
O San Xoán por François Augiéras
Xuño 24, 2007 | 4 Comments
Propomos para este día, resaca de lumes internos e externos, o lavado ritual da face con este texto que nos envía François Davó, grande poeta, crítico perspicaz e temperado intelectual que temos a honra de contar entre os amigos. Desde hoxe, máis un valioso colaborador d' O levantador de minas.
[Dende un bosque preto de Domme, ao pé de covas habitadas na prehistoria, na beira do río Dordogne, François Augiéras observa os preparativos da noite de San Xoán.]
O crepúsculo loita e sae victorioso contra a feble noite. (…) O mundo é máis fermoso que de costume. Os Humanos non o ven, tan ocupados en edificar nunha praza unha fogueira, coa alegría dos verdugos preparando autos de xustiza. E como van estar ledos, tan covardes como son? Dende os bairros chega un rumor como de 14 de xullo; axiña un sacerdote virá abenzoar, santificar, tolerar… unha discreta festa en honor ao apoxeo das Forzas do mundo.
chuzame -




