Xavier Alcalá: Bélxica abrazou o reintegracionismo

Xavier Alcalá: «[...] Como sabe, Ernesto, sempre gustei de andar camiños e coñecer xentes. Por iso, xa avó de barbas brancas, aceptei traballo en Flandres, país do que moito temos falado. Hai máis dun lustro que paso case a metade do tempo alá, lendo e oíndo as lingua dos Países Baixos; e visito en Amsterdam o profesor Fernando Venâncio, sabio co cal deberemos armar conversas cando el e eu chegarmos a esa beira do Estixe (para o que os amigos haberán de ser pacientes).

Cumpríalles aos galegos tomar exemplo dos flamengos, pois reviviron a súa lingua asoballada polo francés e aceptaron as normas gráficas da maioría para pesaren máis no mundo. Di o profesor Venâncio que as diferenzas entre falas neerlandesas son maiores que entre as galaico-portuguesas, mais os flamengos cederon: falan neerlandés ao seu xeito e escríbeno como os holandeses.

Ora, ¿como convencermos aquí os enxebristas? Mal se pode discutir con quen devece por Madrid e considera o castelán como única lingua universal. Só fica unha esperanza: os bolseiros galegos en Bruxelas estudan portugués alá. Non é o mesmo a capital de España que a da Unión Europea: desde Bélxica vense o Brasil e Angola [...].»

{Carta a Guerra da Cal e ao seu compañeiro D. C. Warnest}

Chuzame! A Facebook A Twitter

Leave a Reply

 

 

 

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>