‘O levantador de minas’ recibe o Premio da AELG

[A entrega de premios foi emitida ao vivo por Tati Mancebo]

«Estes son os gañadores dos Premios AELG 2011, fallados na Cea das Letras da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que premian as mellores obras editadas en 2010 nas modalidades de:

  • […] Literatura Infanto-xuvenil: O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro.
  • Mellor Traxectoria en Xornalismo Cultural: Ramón Nicolás.
  • Ensaio: O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, de María Pilar García Negro.
  • Tradución: Marga do Val, pola tradución de Randea do alento (de Herta Müller).
  • Teatro: Flores de Dunsinane, de Manuel Lourenzo.
  • Mellor Blog Literario: O levantador de minas, de Alfredo Ferreiro.
  • Narrativa: Todo é silencio, de Manuel Rivas.
  • Poesía: Estremas, de Ana Romaní.
  • Alén destas categorías, entregáronse outros dous galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:

  • Premio Institución Cultural […] este ano foi para a Fundación Penzol […].
  • Premio AELG 2011 Escritor Galego Universal, outorgado pola Asemblea ao escritor Antonio Gamoneda, galardón que o distingue como autor que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana.» [Vía Axenda Cultural AELG]
  • A velada foi memorábel polo ambiente de irmandade que se respiraba. Foron varias as reivindicacións en favor da lingua e a cultura, e non faltou a propia do Antonio Gamoneda, quen recoñeceu neste país unha moi digna e férrea vontade de consolidar a súa cultura nestes tempos tan difíciles, vontade admirábel para el e grazas á cal sente renovadas as súas ansias reivindicativas, pois comprende e apoia as nosas. Pola miña parte, ademais de recibir múltiplos parabéns e ter ocasión de corresponder a tantas e tantos de igual modo, non perdín a ocasión de recoñecer a miña admiración pola obra do Gamoneda, así como agradecerlle o ben que fala da poesía galega sempre que ten ocasión e coincidir co mestre en que o portugués Herberto Helder ben podería ser o mellor poeta vivo de Europa.

    Aliás, quero agradecer a colaboración dos amigos que teñen aberto o ángulo de visión e acrecentado a calidade d’ O Levantador de minas (Tati Mancebo, Ramiro Torres, Ernesto Vázquez Souza, François Davó, José António Lozano, Pedro Casteleiro, Suso Pensado), así como as intervencións de todas as persoas que teñen fructuosamente participado con moitos e interesantes comentarios sobre os temas tratados neste blogue.

    2 comments to ‘O levantador de minas’ recibe o Premio da AELG

    • Ernesto

      Parabéns a ti, Alfredo, parabéns… e a todos os teus.

      Obrigado no que me toca, mas há muito que não encaminho nada. Apenas leio… Ando aí ainda numa pequena crise de escrita… serão os 40 ;)

      Mas a ver se encaminho algo em breve para corresponder a tua gentil lembrança.

      apertas fortes

    • Obrigado. Com sumo prazer publicaremos o teu contributo, como sempre.