
Acaba de chamarnos o Presidente da Deputación da Coruña para comunicarnos que Blogaliza foi premiada co Rosalía de Castro 2010. O galardón ten como obxectivos recoñecer aquelas persoas, empresas, asociacións ou entidades que, coa súa actuación, axudan a impulsar a presenza da lingua galega na provincia da Coruña, en particular, e na sociedade galega, en xeral e a manter viva a memoria de Rosalía de Castro. A candidatura foi proposta polo propio xurado, e o premio, que non ten dotación económica, correspóndenos a todas as persoas que publicamos, comentamos e lemos os blogues de Blogaliza, un espazo onde facemos cultura en galego con normalidade.
A entrega será o 28 de maio en Ames. Para tod@s @ blogueir@s de Blogaliza: se queredes reservar un asento podedes facelo enviando un correo a tatimancebo@blogaliza.org antes do próximo luns.
Ditame do xurado
Pedro Silva, Alfredo Ferreiro e Tati Mancebo.
|
|
Comentarios