“E” de experimento

Tati Mancebo: «Guy LeCharles Gonzalez afirma que 2010 será o ano “e” mais o “e” non é de ebook senón de experimento: experimentos cos contratos, cos dereitos, cos formatos, coa distribución. A experimentación incluirá necesariamente os ebooks mais non estará centrada neles.

Se o libro é efectivamente un obxecto tan perfecto e o negocio, tal e como o coñeciamos até onte, está a atravesas momentos difíciles, a experimentación será o camiño, di este home.

Moi interesante o artigo, a ultima sección titúlase: os grandes experimentos traen os grandes fracasos.»

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios pechados.