Metal central, de Alfredo Ferreiro«Con materias e substancias da condición mineral da existencia e coa mecánica fabril da poesía das profundidades construíu o poeta Alfredo Ferreiro, Alfredo —ferreiro—, un libro de rexistro singular, non asimilábel á norma de ningunha das poéticas vixentes no actual panorama da poesía galega. Metal central contén a experiencia do autor en oficio de condición transitoria —o de obreiro dunha factoría siderúrxica— que, malia o seu efémero carácter, deixou no corpo unha impronta decisiva, de valor iniciático ("aquí gravei no brazo unha espiga / símbolo do clan"), e na memoria varios estratos de fundamental experiencia. A espiga foi cicatriz da ferida azarosa e traidora, amósega durísima do ferro ardente. A lembranza, un pouso magnífico de significación vital resolta en escrita poética de moitos graos de intensidade. Poesía da experiencia trascendida que supera toda incitación de discursividade narrativa e de referente anecdótico e opta polo discurso da indagación simbólica e da ollada de focalización expresionista. [...]» (Xosé Mª Álvarez Cáccamo, no prólogo "Poesía do sector da densidade")

Teño que agradecer a Maribel Úbeda, artista polifacética chegada das inspiradoras terras do antigo reino de Almutasín, o fermoso vídeo elaborado para a ocasión:

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google