A Asociación de Escritores en Lingua Galega, como integrante da Federación de Asociacións de Escritores "Galeusca", da que tamén forman parte a Associació d'Escriptors en Llengua Catalana e a Euskal Idazleen Elkartea (Asociación de Escritores Vascos), emitiu a 11 de xullo un manifesto que pretende saír ao paso do discurso pretendidamente homoxeneizador e centralista que subxace no “Manifiesto por la lengua común”, de Savater e diversos convictos e exconvictos.

Eu tamén adherín tal manifesto, e teño que confesar que me sorprende a escasa reacción até o momento desde o Blogomillo ante unha proposta tan facilmente asumíbel por creadores e defensores da cultura. Algunhas excepcións que atopei son Xesús Manuel Marcos, Marcos Valcárcel, Manuel Bragado, Marta Dacosta e Xosé Manuel Eiré.

A. F.

Revisión 19/07/2008: Acrecentamos á listaxe de adhesións expresas en blogues a de Francisco Castiñeira.

Revisión 20/07/2008: Manuel Bragado (reincidindo), Mario Regueira, Marcos Calveiro, Manuel Lôpez Rodrígues.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google