Tati Mancebo na Sargadelos

«Despois da breve pausa provocada polas datas vacacionais do nadal, a Galería Sargadelos da Coruña retoma o seu ciclo “Martes Literarios”, que tanto interese e fidelidade suscitou durante o pasado ano. O 2008 iniciaráse mañá martes 8 de xaneiro, ás 20:00 horas. Esta iniciativa continuada forma parte da programación cultural estable que ofrece este centro cerámico e cultural, nunha proposta que se ven repetindo -dende a súa inauguración o pasado 2007- en martes alternos, contando cunha periodicidade, pois, quincenal.

Nesta ocasión, contará coa presenza da coruñesa Tati Mancebo, unha licenciada en Filoloxía Inglesa que traballa na súa propia empresa de xestión cultural e novas tecnoloxías da información. Á vez, Tati mantén O blog dos pelachos sobre infancia e cultura na Rede e colabora asiduamente con críticas e traducións de poemas no blog literario O levantador de minas. Tamén é tradutora do inglés en multitude de guións de cine, poesía irlandesa, inglesa e estadounidense para revistas e medios electrónicos.

Como poeta ten publicado o libro individual Na hora redonda (1995) e participado en numerosas publicacións colectivas en Galiza e Portugal (“7 Poetas”, “Gaveta”, “Saudade”, “Çopirrait”) así como en recitais poéticos. Foi membro do consello de redacción da revista universitaria “Gaveta” e co-editora dos Cadernos de Azertyuiop, que na actualidade están a ser pasados á Rede. Tamén na Internet verá a luz, proximamente, o seu novo e esperado poemario: NósQuen. [...]» (A dirección da Galería Sargadelos da Coruña)

A. F.

Chuzame! chúzame -
This entry was posted in Alfredo Ferreiro, Poetas, Tati Mancebo. Bookmark the permalink. Post a comment or leave a trackback: Trackback URL.

3 Comments

  1. Posted 2008-01-11 at 11.55 am | Permalink

    Eló? Non hai reportaxe?

  2. Posted 2008-01-11 at 9.07 pm | Permalink

    Claro que si, Peke. A ver se temos un tempiño esta fin de semana.

  3. Posted 2008-01-17 at 12.48 am | Permalink

    E eu que pensara que o de “infancia e cultura na Rede” era da colleita da presentadora do evento e mesmo fixérame graza!

    Co malo qu eson eu definindo vou ter que pedir axuda para definir o contido do meu blogue. Até o momento sempre dixen que era un deses ‘persoais’ :lol:

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*