O pasado "martes literario" da Galería Sargadelos d' A Coruña asistimos ao recital de Estíbaliz Espinosa, unha artista multifacética como poucas. Falou estensamente do sentido que ela outorga á escrita poética e entregouse nun recital moi persoal, imprimindo a carga de orixinalidade que habitualmente consegue nas súas intervencións: teorizou, recitou, requiriu a colaboración do público e fíxonos un regalo final que só unha artista de tan amplos recursos como ela pode ofrecer.
T. M.














#1 by calidonia on 4 decembro 2007 - 15:17
Quote
Sublime. Mellor, Supralime.
Pingback: Calidonia » Arquivo do blog » Declárome estibalista
#2 by hormiga on 9 decembro 2007 - 13:21
Quote
Tiña moitas ganas de ver o video pero xa tiña desistido polo moito que se atascaba. Vexo que lle baixasteis a resolución ou que algo fixeches para que xe poda escoitar con fuidez. Agora xa podo ver todos. Grazas, porque estas gravacións veñen moi ben para quen no se pode achegar a estes actos.
#3 by Alfredo Ferreiro on 16 decembro 2007 - 20:35
Quote
Hormiga:
Teño para min que o Google Video funcionou de maneira estraña esta temporada. Este vídeo foi editado de igual modo que os outros, e desde o inicio deu máis problemas que os demais. Sen saber ben por que, agora debe ir mellor. Para min aínda é un misterio o que puido acontecer.