Dec
31
Feliz ano 2008
Decembro 31, 2007 | 2 Comments

Do amigo Xosé Luís Martínez Pereiro chéganos este postal, para a reflexión sobre o que somos e o que queremos mellorar.
chuzame - Dec
29
Bon Nadal - Feliz 2008
Decembro 29, 2007 | 2 Comments
Estes días unha man misteriosa puxo na nosa caixa dos correos ordinarios unha felicitación anónima. A desexos tan positivos nen é preciso procurarlles autoría. Basta con contribuír á súa divulgación, a modo de espello reflectante que a todos ilumine:
OLdM
chuzame - Dec
27
Impresións do verán de Suso Pensado
Decembro 27, 2007 | Leave a Comment
Provenza, xullo
No verán pleno andamos ás escuras pola casa.
É tanto o calor, que ocultamos a luz
para sentir os derradeiros restos de frescura
cubertos con persianas e cortinas.
A escuridade cega.
Non sei onde están as paredes.
Non sei por onde camiñan os meus pés.
Xa non procuro referencias.
Camiño na profunda escuridade morna.
Os instintos esquecen a razón, que xa adormece,
para cruzar as portas invisibles.
Fóra, o sol abrasador podería matarnos.
Saint-Malo, agosto
Naquel verán cruel como un outono
a xente paseaba pola praia
que nacía dalgún mar feito de frio.
Algúns xogaban case espidos,
preparaban os barcos naquel día nacido para as velas,
apuntando no oeste,
estremecendo a auga case negra.
Outros durmían envoltos en chaquetas e toallas.
De súbito, empezou a chover.
Algúns correron para atopar abrigo.
Outros deixáronse empapar pola auga doce
que arrastraba o salitre do corpo.
A praia terminou abandonada,
cada vez máis escura baixo a chuvia.
Pero os barcos seguían entre o vento, navegando.
O mar seguía erizado de velas.
Baño matinal
Para Gaëlle
Erguíanse da area os troncos
case minerais, en formación cerrada,
como un bosque espantado por un mar
sempre presente.
As velas fluorescentes inflamaban a auga
con inconscientes brillos.
Era a marea viva que baixaba.
Eu ía atrás
perseguindo os reflexos do cuarzo, como ouro.
Cando mirei a praia,
tan lonxe estaba a area,
os troncos minerais,
que xa non tiven ansias de volver.
Miraxe
Polo camiño escuro
xurdían luces.
Eu cría que era o día
polo camiño escuro.
S. P.
chuzame - Dec
26
AELG xestiona a entrega á RAG de documentos literarios dos socios
Decembro 26, 2007 | Leave a Comment
Máis información na web da Real Academia Galega.
chuzame - Dec
23
Unha falsa luz, de Xavier Alcalá, presentouse na Fnac
Decembro 23, 2007 | Leave a Comment
(Vídeo optimizado para Firefox)
chuzame - Dec
21
Guía do ceo: presentación na FNAC da Coruña
Decembro 21, 2007 | Leave a Comment
|
![]() |
chuzame - Dec
21
Himno Galego: La Habana 1907 - A Coruña 2007
Decembro 21, 2007 | Leave a Comment
chuzame - Dec
19
Brumario, de Ramón Pernas
Decembro 19, 2007 | Leave a Comment
"Pues claro que fui feliz. Fue un anhelo constante buscar y encontrar la felicidad a la que nunca puse paréntesis ni puntos finales, por mucho que el dolor o el sufrimiento quisieran detenerse en mi vida. En el balance de todos los días vividos, en el recuerdo de los días imaginados a los que me obliga ahora el mecanismo desajustado de mi cabeza, encuentro los más bellos recuerdos, nítidos, con la intensidad de la luz, de los días luminosos. La memoria se despereza como el día cuando nace, encendiendo todos los colores del paisaje, colocándolos en su lugar. Los verdes en los campos, el azul cobalto en la mar, los grises dorados en el cielo, así uno por uno se van asentando y componiendo el cuadro, el mosaico, la fotografía feliz de los tiempos de la dicha."
Ramón Pernas, Brumario.
Así é Timón, un home que se dedicou á procura e que nela atopou o verdadeiro e duro sentido da vida. Agora, xa vello e finalmente asentado e cercado pola desaparición de todo o que coñeceu e amou, esquece os acontecementos máis recentes e continúa unha incesante procura de respostas nas súas lembranzas máis remotas. Son as súas lembranzas, pois, as pezas que compoñen a persoa que foi e que se achega ao lector como un puzle sonoro que desaparecerá cando el o faga, cando o libro remate, cando xa ninguén o lembre, do mesmo modo que, de forma involuntaria, o propio Timón levará consigo a todos aqueles que xa só habitan no seu pensamento.
Brillante e polido relato de tres xeracións truncadas por distintos motivos, retratadas desde múltiple punto de vista da senectude. Os diferentes graos de obxectividade sobre un mesmo asunto, desenvolvidos a través de tres personaxes en The Sound and the Fury, de W. Falukner, conflúen na novela de Pernas nun único protagonista omnisciente que, á maneira dos narradores de Poe, se atribúe por veces problemas de memoria e noutras ocasións se impón o deber de non ofrecer máis que a referencia exacta que o poder da súa obxectividade lle outorga. Cal debemos crer? Ambos e ningún: a esencia da vida está na propia vida, o propio camiñar encerra o sentido do camiño, no acto de contar unha historia, sempre e cada unha das veces irrepetíbel, atópase o significado da propia historia.
T. M.
chuzame - Dec
15
Xabier Docampo e a nova revista BLOC
Decembro 15, 2007 | Leave a Comment
BLOC. Revista internacional de arte y literatura infantil. Dirección: Xabier P. Docampo. Madrid. Outono 2007.
chuzame - Dec
12
Encontro de tradutores en Mariñán
Decembro 12, 2007 | Leave a Comment
Entre o 30 de novembro e o 2 de decembro participei no intenso V Encontro de Escritores Galegos que se celebrou no pazo de Mariñán e que tivo como título "Os Ámbitos da Tradución". Todo estivo organizado por Luciano Rodríguez a quen quero lembrar agarimosamente, pois no último momento non puido presidir as comunicacións por certos problemas de saúde. De tódolos xeitos o seu discípulo e amigo Xosé Manuel Fernández Castro, Pepes para os amigos, supliuno con toda dignidade. Os invitados presentes eran María Xosé Queizán, Tareixa Roca, Valentín Arias López, Henrique Harguindey Banet, Manuel Bragado, Manuel Cartea Gómez, Xulián Maure, Luís García Soto, Miguel Anxo Fernán-Vello, Miguel Pérez Romero, Gonzalo Navaza, Darío Xohán Cabana, Antonio Raúl de Toro Santos, Johanna Vocht, Marie-Line Heslon e eu mesmo. Escusaron a súa presenza Xulio López Valcárcel, de viaxe na feira do libro de Guadalajara, en México, e Francisco Pillado, tamén por un pequeno impedimento de saúde. O outono sempre fai estas falcatruadas.
A conferencia inaugural e os primeiros temas de debate foron servidos por Valentín Arias López, secretario da Asociación de Tradutores Galegos, tradutor de Camus, de Verne, de Rodari, de Saint-Exupéry entre moitos outros, premio nacional de tradución e lenda vivinte da nosa terra. Falou da súa experiencia desde o inicio da democracia e da autonomía galega, da importancia da tradución e da existencia de obras de autores estranxeiros verquidos ó galego como elemento esencial para crear e afondar na nosa tradición literaria.
chuzame -






