O noso prolífico Xavier Alcalá apresenta esta tarde en Bruxelas (Livraria Orfeu) Unha falsa luz, a terceira novela de "Evanxélica Memoria", unha triloxía que ben podería anunciarse como a primeira triloxía de novela histórica —rigorosamente planificada como tal— da literatura galega. Mil duascentas páxinas en total dedicadas á represión que a comunidade galega dos evanxélicos padeceu desde a chegada ao poder dos militares golpistas e dos fundamentalistas católicos no pasado século. Unha parte da Historia deste país rica en anécdotas, penalidades e desterros que aínda hoxe as máis modernas Historias da Galiza non foron capaces de encetar. Cousa que a partir de agora será fácil para os investigadores, até porque Alcalá nos ten confirmado que está disposto a ceder o froito das súas propias investigacións (testemuños directos e indirectos, cotexo de documentos históricos dos que garda copia, etc, recollidos por el aquén e alén do Atlántico) a aqueles estudosos interesados, unha vez que el xa tomou o que precisaba para alimentar a súa colosal creación literaria.

A. F.

Chuzame! chuzame -

Comments

2 Comments so far

  1. Xavier Alcalá » Blog Archive » Unha falsa luz será presentada en Bruxelas on Novembro 28, 2007 10:42 am

    […] P.S. 27/11/2007: O levantador de minas; 28/11/2007: La Voz de Galicia. […]

  2. ferradura en tránsito » unha falsa luz on Febreiro 29, 2008 3:37 pm

    […] por o Levantador de minas, que foi concebida como unha macrohistoria planificada como novela histórica. Nótase, certamente, […]

Name (requerido)

Email (requerido)

Páxina web

Speak your mind

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image