Nov
29
Amadeu Baptista recibe o Natércia Freire 2007
Novembro 29, 2007 | Leave a Comment
Noso prezado amigo Amadeu Baptista vén de recibir máis un premio, esta vez o Premio Nacional de Poesia Natéria Freire 2007 pola súa obra Poemas de Caravaggio. Acrecenta así este galardón a unha longa serie de recoñecementos públicos:
- Prémio Nacional de Poesia Natércia Freire 2007
- Prémio Nacional Sebastião da Gama 2007
- Prémio Teixeira de Pascoaes 2004
- Prémio Vítor Matos e Sá 2001
- Prémio de Poesia e Ficção de Almada 2000
- Prémio Pedro Mir, na categoria de Língua Portuguesa, México 1993
É realmente un poeta que coñece ben a Galiza, como testemuñan as súas innúmeras colaboracións en proxectos galaicos aquén e alén Miño. Coñecino no Festival de Poesia no Condado a mediados de 90, e desde a altura non puiden deixar de ser un fiel admirador do seu traballo poético. Neste sentido, hoxe teño o pracer de anunciar que estou a traballar nunha selección bilingüe da súa antoloxía persoal Antecedentes criminais.
chuzame - Nov
28
XV Premio de Poesía Espiral Maior
Novembro 28, 2007 | Leave a Comment
O xoves pasado tivo lugar a presentación de Profundidade de campo, de Yolanda Castaño, XV Premio de Poesía Espiral Maior. Cunha sala repleta de público, na presentación o escritor e director de Ámbito Cultural de El Corte Inglés Ramón Pernas celebrou os méritos de Yolanda e anunciou unha nova inxección económica no galardón, que atinxirá o ano próximo os 15.ooo euros, como mostra irrefutábel do compromiso da entidade que representa co xénero poético na nosa comunidade.
Miguel Anxo Fernán Vello, como editor principal da escritora e membro do xuri, tamén manifestou a súa alegría polo destino do premio deste ano. Ao tempo, quixo resaltar que esta circunstancia na vida literaria de Yolanda era o contexto adecuado para recoñecerlle o camiño percorrido e os esforzos realizados ao longo de xa 12 anos na creación poética, considerando neste sentido que unha evidente fase de madurez artística brilla neste poemario.
Xosé María Álvarez Cáccamo, como membro do xuri e perspicaz crítico literario,
chuzame - Nov
27
Xavier Alcalá presenta Unha falsa luz en Bruxelas
Novembro 27, 2007 | 2 Comments
O noso prolífico Xavier Alcalá apresenta esta tarde en Bruxelas (Livraria Orfeu) Unha falsa luz, a terceira novela de "Evanxélica Memoria", unha triloxía que ben podería anunciarse como a primeira triloxía de novela histórica —rigorosamente planificada como tal— da literatura galega. Mil duascentas páxinas en total dedicadas á represión que a comunidade galega dos evanxélicos padeceu desde a chegada ao poder dos militares golpistas e dos fundamentalistas católicos no pasado século. Unha parte da Historia deste país rica en anécdotas, penalidades e desterros que aínda hoxe as máis modernas Historias da Galiza non foron capaces de encetar. Cousa que a partir de agora será fácil para os investigadores, até porque Alcalá nos ten confirmado que está disposto a ceder o froito das súas propias investigacións (testemuños directos e indirectos, cotexo de documentos históricos dos que garda copia, etc, recollidos por el aquén e alén do Atlántico) a aqueles estudosos interesados, unha vez que el xa tomou o que precisaba para alimentar a súa colosal creación literaria.
A. F.
chuzame - Nov
25
XX Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé
Novembro 25, 2007 | 8 Comments
Onte acudimos á entrega de premios do XX Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, organizado polo Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene e apoiado polo Concello de Fene. O premio este ano foi gañado por Valentina Carro Padín (1984) co poemario titulado Debaixo de Dziga Vertov hai unha buxaina. A poetisa, aínda que non puido presentarse para recoller o premio, protagonizou o acto cunha montaxe lúdico-literaria que agradou o auditorio: unha caixa sorpresa con diversos materiais e funcións que implicou os presentes nun exercicio de azar creativo que deparou nun texto lido polo seu representante. Felicitamos desde aquí a Valentina polo premio e o seu espírito creativo, e agardamos a lectura dun seu poemario anunciado como recuperador das vangardas históricas. Facto que nos fixo lembrar que este ano o libro premiado en Viveiro foi un claro alegato pola vixencia da estética surrealista. Será que a vangarda que non tivemos na altura dos sistemas literarios normalizados periodicamente asalta a nosa poesía como unha necesidade insatisfeita? Ao tempo, lembrei as miñas primeiras incursións na poesía nos noventa como unha tentativa feroz por imbuírme do espírito libertario surrealista através do exercicio da escritura automática:
Estamos no prado. Em redor roxas flores
e magníficos mistérios. Quando o quadrado do sol
ganhe uma volta
voltaremos ao buraco das nosas sombras
--- --- ---
Na noite o sol come na sombra.
É um reflexo fugaz que nos adverte sua presença.
A não ser polos espelhos do lago
a noite asfixiaria os nossos pulsos tensados.
chuzame - Nov
23
A poesía cotiza á alza n’ A Coruña e Sarria
Novembro 23, 2007 | Leave a Comment
Estivemos onte na presentación de Profundidade de campo, de Yolanda Castaño, XV Premio de Poesía Espiral Maior. Foi no espazo de Ámbito Cultural de El Corte Inglés que, en presenza da autora premiada, críticos, editores, escritores, medios e un numeroso público, o ser director, Ramón Pernas, anunciou un novo aumento da dotación do premio, que o ano próximo atinxirá os 15.000 euros. Así, o Premio de Poesía Espiral Maior, que coñeceu un apoio económico decisivo de Ámbito Cultural desde a súa 14ª edición, de novo se destaca no contexto galego como o de maior valor económico. Mesmo a nivel estatal, poucos son valorizados con esta rotundidade, tanto na poesía canto noutras áreas da escrita. En breve publicaremos imaxes do evento.
No mesmo acto, por outra parte, celebramos a noticia que nos deron os amigos da A. C. Ergueitos sobre o Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño: o Concello de Sarria aposta vigorosamente polo xénero e eleva a contía do premio de 3.000 a 6.000 euros.
A. F.
chuzame - Nov
23
Interrogantes, enunciações, enigmas de Rustam Çiçek
Novembro 23, 2007 | 5 Comments
O poeta turco Ali Rustam Çiçek (Kónia, 1918 - Istambul, 1978) é um grande desconhecido, mesmo no seu próprio país, pois não deixou uma obra de publicação regular. O único livro publicado em vida foi numa tiragem de pouco mais de mil exemplares, muitos do quais foram queimados pela represão kemalista. O seu título: "Velas, âncoras e lábios" era uma reivindicação absoluta da liberdade individual através do amor, levando a poesia turca além do formalismo e do decadentismo de influência persa. Compartiu cela com Nazim Hikmet, de quem parece ter recebido uma clara influência, ainda que ele nunca militou nem compartiu as suas ideias comunistas. Sempre considerou a Hikmet como alguém que estava muito acima da sua própria ideologia.
O poema que aqui apresento traduzido, graças à versão francesa de Gilles Fauquier, foi publicado numa revista de príncipios dos anos setenta e é um dos últimos poemas escritos pelo autor (os últimos cinco anos da sua vida deixou de escrever), quem faleceu em estranhas circunstâncias, afogado nas águas do Bósforo.
chuzame - Nov
21
O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz
Novembro 21, 2007 | 2 Comments
Como o mesmo Agustín anuncia nalgunhas das súas historias, nunca sabemos até que punto un pequeno acontecemento cotián pode darlle a volta ao día ou mesmo facer mudar a nosa vida enteira. O noso carteiro, que chama á nosa porta todas as mañás ás doce, porque sabe que sempre estamos, aínda ignora que, pola súa intercesión, estou agora a tentar comunicarlles unha mínima parte da grandísima emoción que me invade trala lectura atenta e compulsiva do último libro de Agustín Fernández Paz. Coñeciamos o título desde hai semanas, faláranos del e mesmo colocaramos no noso escaparate un vídeo cun dos relatos que o compoñen lido polo autor. O carteiro tamén descoñece que unha vez pechada a porta abrín o paquete e comecei a ler até que o rematei.
chuzame - Nov
20
De cores e de amores, de Xabier Docampo e Xosé Cobas
Novembro 20, 2007 | Leave a Comment
Onte á noitiña acudín á libraría do bairro para celebrar a iniciativa da Editorial Galaxia e El país de apoiar a divulgación da nosa literatura infantil en compañía dos creadores Xabier Docampo e Xosé Cobas, que na tal tarde de chuvia se ofrecían para asinar o volume do día: De cores e de amores. O proxecto completo implica unha colección de libros publicados por Galaxia que o xornal ofrece por 1 euro para maior proxección da súa edición "Galicia". Eu fun en representación dos Pelachos e súa nai, pois por moi perto que era o evento o horario e o frío non os permitían abeirarse para saúdar.
Así que aproveitei para sacar a cabeza fóra do tobo, latricar cos amigos e visitar máis unha vez unha libraría que se converteu nunha sorte de luminoso local social dos amigos do papel impreso. E aquí me sobrevén unha definición posíbel de literatura: a maxia duns feixes de papel que non precisan do lume para dar calor á xente.
chuzame - Nov
19
IV Simposio o libro e a lectura
Novembro 19, 2007 | Leave a Comment
Baixo o título de "Literatura e mercado: unha reflexión complexa" o xoves pasado participei nunha mesa redonda do IV Simposio o libro e a lectura: libro e mercado, organizado pola Asociación Galega de Editores e desenvolvido nas instalacións centrais do Consello da Cultura Galega, en Compostela. Compartín mesa con Xurxo Borrazás, Inma López Silva e Francisco Macías, este último actuando como moderador. Non tiña o pracer de coñecelos persoalmente, polo que ter esa oportunidade foi para min un motivo de celebración.
Inma deixou ben claro desde o principio algo que algunha xente non asume, ou non sabe asumir por falta de coñecemento, mostrándose en ocasións "contra o sistema" mentres obedecen as exixencias do mercado: que sistema literario e mercado literario son a mesma cousa. Tamén afirmou que a crítica non se implica suficientemente nas valoracións, que a promoción literaria se realiza con criterios caprichosos e que a afirmación de que é máis ruinoso publicar teatro que poesía é unha das falacias dos editores.
chuzame - Nov
17
Plantando libros, unha exposición plástico-literaria
Novembro 17, 2007 | 3 Comments
Até o 15 de decembro estará agardando por vós na Biblioteca Pública González Garcés d' A Coruña a impactante exposición Plantando libros, composta por harmónicas xuncións de ilustracións e textos literarios dispostas na vertical de luminosos e amplos corredores, para a recíproca dignidade de biblioteca e obras de arte. Trátase dunha colección de ilustracións en que os artistas mostran o instante posíbel dun argumento non desenvolvido, simplemente suxerido na mente do literato que tivo posteriormente que acompañalo cun texto paralelo. Así, a escrita "ilustrou" momentos plásticos de sorprendente inspiración, fornecendo para eles un cadro de contido argumental complementario.
A inauguración foi o 8 de novembro no Salón de actos da Biblioteca, e contou, para alén da súa directora Laura González-Garcés, con membros destacados da directiva da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI): Manel Cráneo, Suso Cubeiro e Santy Gutiérrez. Moitos e suculentos foron os temas tratados na presentación, nalgúns casos cruamente presentados por unha directiva que recoñece a necesidade urxente de melloras nas circuntancias laborais dos ilustradores.
chuzame -





