O Levantador entrevista a Santiago Auserón

[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=6745516833224064383&hl=es" flashvars="" width="320" height="240"/]

Temos o pracer de ofrecer a entrevista que Santiago Auserón nos concedeu apenas unhas horas antes da súa actuación en Compostela coa Original Jazz Orchestra do Taller de Músics de Barcelona, no sábado 20 de outubro.

Agradecidos polo seu interese en ter unhas palabras en primeira instancia para o Blogomillo, foi para nós dun valor incalculábel a atención prestada polo artista durante trinta minutos. Así, unha vez baixado do avión, no vestíbulo do hotel, rodeados da cotidianeidade das conversas imprevisíbeis que se adherían á gravación.

Falamos na entrevista, como poderedes ver, entre moitos outros, deste tema: da importancia de aproveitar a tecnoloxía para elaborar discursos máis desenfadados, discursos que permitan mostrar o traballo artístico sen ocultar as virutas do carpinteiro no cabelo, a graxa do mecánico nas unllas, o cheiro a peixe das vendedoras do mercado… Non se trata de pretender substituír o traballo profesional dos especialistas no audiovisual, imprescindíbel na inmensa maioría dos proxectos, senón de promocionar ao seu lado —e coa súa colaboración— un aproveitamento dos novos medios para a creación de formatos actuais que atendan as novas necesidades comunicativas da comunidade.

Despois do vibrante concerto falamos dun proxecto que hai algún tempo vimos perfilando, e que conta con Auserón como punta de lanza da vangarda na formación artística e a sociedade do coñecemento. Mais até que todos os recursos sexan debidamente confirmados, habedes de permitirnos certa prudencia. Por moito que a emoción non caiba no noso peito.

13 comments to O Levantador entrevista a Santiago Auserón

  • Entrevista a Santiago Auserón no blog “O levantador de minas”…

    Unhas horas antes do seu concerto do pasado sábado no Auditorio de Galicia, o cantante e compositor concedeu unha entrevista para o blog “O levantador de minas”. Entre outros moitos temas, Auserón salienta o importante papel das novas tecnoloxías …

  • Alberto

    Parabens! Pareceme moi interesante o enfoque das preguntas, sobor de todo a das ansias de “profesionalización” das novas propostas musicais.

    Acabo de engancharme oficialmente a este blogue.

  • Jan

    Impresionante a entrevista, interesantísimas as preguntas e as respostas longas e pausadas na cálida voz de Auserón. Dá gusto poder escoitar unha entrevista en ton de conversa, hoxe en día cando a información se dá en píldoras breves e indixestas. Milleiros de parabéns!

  • ana cristina juncal

    noraboa da boa !

    sempre abrimos ollos e orellas atentas, á calquera entrevista que atopamos de don Santiago; é un privilexio que poidamos seguila en formato audiovisual …pero neste caso é un auténtico luxo,ao estaren realizada por alguén que coñece a fundo e amosa tanto entusiasmo pola
    traxectoria dél.É quen de proporcionarnos unha visión moi nidia das súas arelas, das claves do seu propio facer artístico.
    A miúdo,os periodístas enrédanse na frivolidade da pregunta anecdótica e supérflua.Terreo no que lamentáblemente,se manexan con maestría o común dos intérpretes que pobóan o panorama musical..afeitos a seren carnaza mediática e morbosa.
    O tono e o contido das preguntas que fai Tati é certamente inusual e un goce para toda morea de seguidores e admiradores.
    milleiros de grazas,Tati.

  • Para cando a de Auster? ;-)

  • Moitas grazas pola parte que me toca dos parabéns. Foi unha experiencia xenial.
    Canto á de Auster, esa deixouna escapar vostede, Sr. Pwley, e agora a saber cando volveremos estar a un grao de separación del ;)

  • Tati está xenial, espléndida. De Auserón que vou dicir.

  • Ricoh

    Que ben fala Auserón! Pulcro, preciso, indo ao gran, sen tópicos. Dá gusto ver bos músicos con capacidade reflexiva. A entrevistadora no seu punto exacto. Parabéns!

  • gabriel

    Un pracer escoitar ao metálico do xardín botánico.
    Para cando canle propria de tv.
    Parabéns

  • José António Lozano

    Parabéns pola entrevista, Tati. Vivam as cousas bem feitas! Havia uma frase de Nietzsche (que Auserón apreciará como bom deleuziano que é)que dizia, mais ou menos: “Os homens superficiais gostam de parecer profundos enquanto os que são realmente profundos mostram-se como superficiais”
    Um aperta também para o Alfredo!

  • Obrigadiña. Unha persoa verdadeiramente interesante, polo moito que sabe e pola súa maneira de estar no mundo. Apertas.

  • levita

    Interesante, da que pensar sobre as relacions entre literatura e música, sobre a producción artística, a función e disfunción da música.

  • [...] para quen non a coñeza, a suculenta entrevista que lle concedeu en exclusiva Santiago Auserón o ano pasado ao Levantador de minas. E, aínda, [...]