Continuamos o labor entrevistador cun novo formato audiovisual, e inauguramos unha colaboración desde hai tempo apetecíbel coa Biblioteca Pública González Garcés, aquí, na cidade ístmica, un brazo de Hércules entregado ao mar dos nosos desexos máis declarados: os de honrar neste espazo urbano a creatividade galeguista que desde hai tanto a vén animando, por moito que escuros fumes teñan ocultado aparentemente a impertérrita luz do seu faro.
E facémolo cun autor de sólidas raigames no sistema literario, neste e noutros dous máis talvez tamén, que tivemos a honra de recibir no noso solo urbano: Agustín Fernández Paz. Entrevistámolo despois de pasear a grande biblioteca, entre as chamas da reflexión e algunhas vibracións poéticas improvisadas. Logo tivemos a impresión de que conectábamos, como non podía ser doutro modo con quen tanto a literatura ama e tanta franqueza libera do seu corazón. Admiramos o home e apreciamos a obra, da que nos mostrou limpamente varias das chaves persoais. Como colofón, a primicia da lectura persoal d' Amor de agosto, un conto íntegro pertencente ao seu novo libro O único que queda é o amor, que virá á luz probabelmente a finais de mes. Un luxo para nós que ofrecemos aos lectores deste blogue coa complicidade inestimábel do autor e Edicións Xerais.

Nota: a ilustración precedente foi creada por Pablo Auladell para o conto Amor de agosto, de Agustín Fernández Paz.

Entrevista:

Amor de agosto, do libro O único que queda é o amor:

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google