roca_homenaxe.JPGFoi onte nunha Sala de Xuntas austera, funcional, sen luxos nen requintamentos, totalmente acorde ao espírito do homenaxeado. A nota artística, protagonista absoluta do evento, foi a escenificación de Un anxo chamado luz, creación de Casahamlet para a ocasión, comandada por Manuel Lourenzo. Alí, declamaron obras queridas polo profesor e traballos escritos por este. O fruto que a súa sensibilidade ofreceu á comunidade foi mostrado con mestría e amor polas xentes do teatro.

Outras cousas sábeas cada quen. Como que promoveu o primeiro recital poético en que participei, hai xa dezanove anos, xunto con Xavier Seoane e Pilar Pallarés, na sala Fonseca da Coruña. A ocasión requería que preparara uns textos propios. Procurara a inspiración a camiñar por detrás do Campo do Castro, á beira do río Barcés, na vila de Carral onde vivía. Textos telúricos, claro, pretendida sublimación da natureza e do amor, auténtica chuvia sentimental con poucos aditivos. Son os comezos sempre así: dando un paso.

Cando hai uns meses me vin no seu funeral non puiden evitar pensar que "un dos nosos" era ido. E que moito me pesaba non ter visto nos últimos tempos os seus ollos mentres falaba de literatura.

Chuzame! chuzame -

Comments

3 Comments so far

  1. Ernesto Vázquez Souza on Abril 26, 2007 2:17 pm

    funeral ??

    Nada sabia. Sinto-o muito.

    Realmente há bem tempo que não percorro as ruas da Crunha. Lembro sempre topar com o professor e os seus olhos curiosos e divertidos pela Praça de Lugo.

    Mágoa, agora que finalmente estava encetando a entender um bocadinho a literatura espanhola do XVII.

    Que afastado ando já nem sei.

  2. estíbaliz... on Abril 26, 2007 7:08 pm

    Entrañábel Roca. Que perda tan melancólica, tan taciturna, tan tímida. Que profesor tan lembrábel

  3. Marian on Maio 8, 2008 4:29 pm

    hace 18 años que lo conoci
    lo he recordado muchas veces en este tiempo porque aquellos años fueron unos de los mas felices de mi vida
    era una persona entrañable y aunque en un momento dado me fallo, lamento su perdida

Name (requerido)

Email (requerido)

Páxina web

Speak your mind

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image