Que estás a ler?

Os libros son un dos temas que orixinan máis posts e suscitan máis conversas no blogomillo. Por iso, e coincidindo co Día do libro e a un par de semanas do Día das Letras Galegas, queremos facer unha proposta a todas as persoas que navegan pola Rede e len libros en galego...
Propomos crear un grupo de lectores e lectoras de libro galego que se comunique a través de Twitter para trocar información e opinións sobre os libros que estamos a ler.
Para quen aínda non coñeza Twitter, diremos que se trata dunha rede social cuxo obxecto é comunicar aos demais o que estamos a facer. Con defensores e detractores, non deixa de ser un recurso comunicativo, que paga a pena aproveitarmos se temos contidos con que enchelo.leituras.GIF

Como Twitter non permite, polo de agora, a creación de grupos, e para poder atopármonos con facilidade entre toda a twitterada, propomos que os tres primeiros caracteres do nome de usuario ou usuaria que escollades sexan “lg_” correspondentes a “lemosgalego”. Así por exemplo, os usuarios das persoas de quen parte a iniciativa somos: lg_leco, lg_ferreiro e lg_pawley. (Se xa es usuario de Twitter podes mudar o nome engadíndolle “lg_” ao comezo ou facer outro rexistro cun nome que comece por “lg_” e dedicar este usuario só a lemosgalego)

Comentamos brevemente os pasos que hai que seguir para unirse ao grupo:
1.-Escoller un libro en galego e comezar a lelo (se aínda non o fixeches).
2.-Rexistrarte en Twitter cun nome de usuario ou usuaria que comece por lg_ (sabemos que está só en inglés mais aínda non existe ningún clon en portugués nin en castelán)
3.-Incluír como primeiro contacto a lg_lemosgalego, ademais de outros da túa elección (como non existe a figura do administrador, é o único modo de nos asegurar que todos os participantes son visíbeis para o resto. )
4.-Comezar a trasmitir opinións, recomendacións, comentarios, glosas... sobre os libros que esteas a ler en galego. O límite por comentario está en 140 caracteres.
5.- Se che apetecer podes incluír no teu blog/web algún dos “badges” que che ofrece Twitter para teres á vista os teus contactos ou os seus comentarios.

Unha vez que te rexistres xa podes usar Twitter a través da web, desde Gtalk, descargando Twitteroo ou Twitterrific, ou desde a barra do Firefox.

Atoparás sempre os contactos actualizados nos nosos blogs. E nuns días habilitaremos un blog do grupo, onde poderás atopar a relación de contactos, as intervencións e terás a posibilidade de deixar comentarios, propostas ou peticións de axuda se precisares. Tamén nos próximos días anunciaremos un Concurso de microrrelatos...

...Seguiremos a informar.

Chuzame! chúzame -
This entry was posted in Alfredo Ferreiro, Crítica. Bookmark the permalink. Post a comment or leave a trackback: Trackback URL.

7 Comments

  1. Posted 2007-04-24 at 8.20 pm | Permalink

    Pois informai, informai, que boa falta nos fai a algúns, que non nos aclaramos.

  2. Posted 2007-04-25 at 12.43 am | Permalink

    Ola Peke!
    Se queres fala comigo a través do chat Plugoo que aparece no dos pelachos e xa che explico o que queiras BKS ;)
    Leco

  3. Posted 2007-04-25 at 10.00 am | Permalink

    Un pouquiño complicado…aver se alguén ten a boa idea de montar un clon en galego. De todos xeitos mirarei aver como é a historia.

  4. Posted 2007-04-25 at 12.00 pm | Permalink

    Prometemos instrucións sinxelas paso a paso para esta noite

  5. X
    Posted 2007-04-27 at 12.21 am | Permalink

    Si, si, axuda, que eu non dou atopado onde se escribe :(

  6. X
    Posted 2007-04-27 at 12.21 am | Permalink

    Ah, esquecíao, o meu nome de usuario é lg_x

  7. Posted 2007-04-27 at 9.33 am | Permalink

    X… entra en http://twitter.com/lg_lemosgalego e añade a tódolos usuarios que aparecen nesa lista…

    E despois dille a leco que te añada no lg_lemosgalego…

    E así estarás plenamente en conexión.

    Eu acabo de añadirte no meu perfil: http://twitter.com/lg_mirinho

One Trackback

  1. By Lemosgalego » Lemos Galego nos medios on 2007-04-26 at 6.48 pm

    [...] Twitter, rede social onde os seus usuarios intercambian breves mensaxes sobre o que están a facer ou a pensar en cada momento, emprégase deste xeito cun interese literario. Os promotores da idea son Martin Pawley, de Días estranhos; Leco, d’O blog dos pelachos, e Alfredo Ferreiro, d’O levantador de minas. [...]

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*